tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post114603900951332074..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146066258212928972006-04-26T17:44:00.000+02:002006-04-26T17:44:00.000+02:00Tivo que ser terrible o camiño feito polos condead...Tivo que ser terrible o camiño feito polos condeados dende Compostela a Carril, atravesando concellos que non se prestaron a que fosen fusilados neles, ata dar chegado á fin do calvario, precisamente en Carril, onde o alcalde, levado, según me contou un descendente seu, parece ser máis pola compaixón que por outra cousa, aceptou que fose alí onde se lle puxese fin á criminal peregrinaxe. <BR/>Se é certo óu non, xa é outra cousa. Pero o asunto merece unha novela, ou unha película. Unha película senón grandiosa, si chea de grandeza. O conflicto moral de quen se presta a esas execucións levado da ¿caridade? ten que ser terrible. <BR/>En fin, que menos mal que xa nos acordamos deles, dos mártires de Carral. Agora xa só falta que memoricemos os seus nomes, como é de razón; o mesmo que os nomes de quen os executaron. <BR/>Só recordando os duns e os doutros se paliará o número destas barbaridades no futuro. Se non se quere dicir paliar, dígase mitigar, diminuir, pero nunca eliminar; desgraciadamente, non entra na condición humana o deixar de matar por pracer, aínda que sexa polo pracer que da satisfacer as propias ideas dese xeito; é dicir, dun xeito sentido pola xente á que non lle colle na cabeza moitas máis idea que a que a move.Anonymousnoreply@blogger.com