tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post114655650140294979..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger8125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1147092133246936742006-05-08T14:42:00.000+02:002006-05-08T14:42:00.000+02:00Eu tamén asino o manifesto promovido pola Mesa, qu...Eu tamén asino o manifesto promovido pola Mesa, que o cortés non tira o valente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146607630365453402006-05-03T00:07:00.000+02:002006-05-03T00:07:00.000+02:00como son unha galega da Arxentina (que é un xeito ...como son unha galega da Arxentina (que é un xeito de ser galego tamén), mentres lía estes comentarios lembrei unha canción moi boa que non fun capaz (nin quixen tampouco) traducir ao galego. Deixoa, de todolos xeitos, cos meus erros e o meu galego noviño que non sabe de campañas de política linguística (ou sabe pouco) nin de bandeiras partidarias. O galego ten futuro, eu non comparto as miradas pesimistas e ben o sabe Veloso.
Apertas a todos vos!

"¿Quién dijo que todo está perdido? Yo vengo a ofrecer mi corazón.
Tanta sangre que se llevó el río, yo vengo a ofrecer mi corazón.
No será tan fácil, ya sé qué pasa, no será tan simple como pensaba.
Como abrir el pecho y sacar el alma, una cuchillada de amor.
Luna de los pobres, siempre abierta, yo vengo a ofrecer mi corazón.
Como un documento inalterable, yo vengo a ofrecer mi corazón.
Y uniré las puntas de un mismo lazo, y me iré tranquilo, me iré despacio,
y te daré todo y me darás algo, algo que me alivie un poco nomás.
Cuando no haya nadie cerca o lejos, yo vengo a ofrecer mi corazón.
Cuando los satélites no alcancen, yo vengo a ofrecer mi corazón.
Hablo de países y de esperanza, hablo por la vida, hablo por la nada,
hablo por cambiar esta, nuestra casa, de cambiarla por cambiar nomás.
¿Quién dijo que todo está perdido? Yo vengo a ofrecer mi corazón..."torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146602429556610272006-05-02T22:40:00.000+02:002006-05-02T22:40:00.000+02:00Por desgraza creo que todos coincidimos no pesimis...Por desgraza creo que todos coincidimos no pesimismo ambiental respecto da lingua. Farán falla todas as mans: as dos políticos, as da sociedade civil, as dos mozos, as dos xornalista, as dos empresarios e as que sexan. E fará falla tamén moito tino, moita imaxinación, moita creatividade: converter a causa do galego na causa de toda a sociedade, non dun partido político nin dun sector da mesma. Como se fai iso? Ideas sobre a mesa. Sen sectarismos. Con intelixencia. Con creatividade.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146585704396105432006-05-02T18:01:00.000+02:002006-05-02T18:01:00.000+02:00Totalmente de acordo coa preocupación que mostras....Totalmente de acordo coa preocupación que mostras.
Copio de http://www.arroutadanoticias.com/
o seguinte:

"Nun acto simbólico, A Mesa procederá á devolución dunha caixa de antoloxías literarias, unidades didácticas, cartaces sobre literatura etc, pagos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), no Rexistro Xeral da Xunta en San Caetano. Entregarase tamén unha instancia solicitando que a SXPL comece a facer de verdade política lingüística e cese coa súa “política de homenaxe” ao galego. A Mesa entende que a SXPL debería centrar os seus esforzos en garantir o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística no ensino para o curso próximo".

A noticia que acabo de copiar pon en evidencia algo que xa sabiamos/sospeitabamos: que a política lingüística da Xunta (no fundamental) NON mudou co cambio na Xunta.

Algo MOI GRAVE e moi serio para todos os que desexamos un futuro para o noso idioma.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146579208543216342006-05-02T16:13:00.001+02:002006-05-02T16:13:00.001+02:00Concordo na preocupación. Podería contar situación...Concordo na preocupación. Podería contar situacións vividas nas que se evidencia que, se un quere, pode.¿Queren e poden os anteriores comentaristas desta túa andoliña? Non xuzgo. Pero da toda a impresión de que, posto que queren, escriben no que decidiron escrebir un día. ¿Poden e queren os actuais governantes, sexan socialistas, do bloque governante ou bloque governado? Non xuzgo. Pero da toda a impresión de que idéntica falla de ideas e de proxectos previos, constatables noutras areas, abranguen tamén este terreo, amado e difícil, da conservación, si, da conservación da nosa lingoa.
Quizais agora quede en evidencia que a lingua non é nin de esquerdas, nin de dereitas, o mesmo ca cultura, o mesmo ca vida mesma, e que o bon governo dun país tampouco non é nin de dereitas, nin de esquerdas, senón propio dos bos governantes, únicamente. U-los? Saen poucos por século. ¿Sono os actuais? Esperemos aínda un pouquiño máis pra constantar de todo o que nos xa nos tememos: que non, que non o son. ¿Forono os anteriores? É evidente que non, cando menos nestes dous aspectos lingüisticos e culturais, amén doutros, claro.
Quizais sexa chegado definitivamente o momento de aceptar que deixar todo en mans dos políticos, deixar todo en mans do Estado, é unha decisión tardo franquista máis; e que mentres a sociedade non decida por si mesma proceder a se salvar do seu propio naufraxio, nada haberá que facer. ¿E que facer? Pois en principio exixirlles ós representantes electos que cumplan as súas promesas e leven a ramo as preocupacións que lles son propias. ¿Como? Ah, carai. Os de Marín chamanlles cariocas ás pescadillas. Quizais esta sexa unha carioca que se morde o rabo. Pero algo adiantamos. Agora, dentro de nada, a maioría da poboación galega, chamemoslle enxebre, saberá que os de esquerda e os nacionalistas, por moi bos e xenerosos que se pretendan, poden ser tan ruins governantes como os de dereitas. Así que empecemos a espabilar. Que espabilemos axiña e o fagamos sen sectarismos, de contado e a todo correr. Velaí a derradeira esperanza. Unha sociedade madurecida e demócrata, que se laie menos, quew xuzgue menos e que faga máis; por ela mesma e non por políticos delegados. Sábese que é posible.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146579207507731982006-05-02T16:13:00.000+02:002006-05-02T16:13:00.000+02:00Concordo na preocupación. Podería contar situación...Concordo na preocupación. Podería contar situacións vividas nas que se evidencia que, se un quere, pode.¿Queren e poden os anteriores comentaristas desta túa andoliña? Non xuzgo. Pero da toda a impresión de que, posto que queren, escriben no que decidiron escrebir un día. ¿Poden e queren os actuais governantes, sexan socialistas, do bloque governante ou bloque governado? Non xuzgo. Pero da toda a impresión de que idéntica falla de ideas e de proxectos previos, constatables noutras areas, abranguen tamén este terreo, amado e difícil, da conservación, si, da conservación da nosa lingoa.
Quizais agora quede en evidencia que a lingua non é nin de esquerdas, nin de dereitas, o mesmo ca cultura, o mesmo ca vida mesma, e que o bon governo dun país tampouco non é nin de dereitas, nin de esquerdas, senón propio dos bos governantes, únicamente. U-los? Saen poucos por século. ¿Sono os actuais? Esperemos aínda un pouquiño máis pra constantar de todo o que nos xa nos tememos: que non, que non o son. ¿Forono os anteriores? É evidente que non, cando menos nestes dous aspectos lingüisticos e culturais, amén doutros, claro.
Quizais sexa chegado definitivamente o momento de aceptar que deixar todo en mans dos políticos, deixar todo en mans do Estado, é unha decisión tardo franquista máis; e que mentres a sociedade non decida por si mesma proceder a se salvar do seu propio naufraxio, nada haberá que facer. ¿E que facer? Pois en principio exixirlles ós representantes electos que cumplan as súas promesas e leven a ramo as preocupacións que lles son propias. ¿Como? Ah, carai. Os de Marín chamanlles cariocas ás pescadillas. Quizais esta sexa unha carioca que se morde o rabo. Pero algo adiantamos. Agora, dentro de nada, a maioría da poboación galega, chamemoslle enxebre, saberá que os de esquerda e os nacionalistas, por moi bos e xenerosos que se pretendan, poden ser tan ruins governantes como os de dereitas. Así que empecemos a espabilar. Que espabilemos axiña e o fagamos sen sectarismos, de contado e a todo correr. Velaí a derradeira esperanza. Unha sociedade madurecida e demócrata, que se laie menos, quew xuzgue menos e que faga máis; por ela mesma e non por políticos delegados. Sábese que é posible.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146576604957679802006-05-02T15:30:00.000+02:002006-05-02T15:30:00.000+02:00Ao señor Veloso asístelle, desgrazadamente, toda a...Ao señor Veloso asístelle, desgrazadamente, toda a razón.

O BNG (sección goberno) está a levar a cabo, desde as consellerías da súa responsabilidade, unha política que, no ámbito linguístico, peca de cicatería e falta de imaxinación: un cartel tipo Matrix non é un gran avance que digamos nin tampouco nos achega a ningunha modernidade!

Pola súa banda, o BNG (sección fóra do goberno) limítase a cargar as tintas contra o PSOE e a responsable de Política Linguística (usando como principal ariete a unha teledirixida Mesa), como se el mesmo non tivese nada que ver co goberno e cuns pactos de goberno que deixaron en mans dos socialistas a política lingüística, pero sen ser capaz de facer propostas operativas en positivo e “convencer” aos seus socios de goberno da súa conveniencia.

E no PSOE, agás contadas e pouco activas excepcións, non teñen interese real no asunto.

E xa para colmar o vaso, como entre as dúas forzas do bipartito están, día si e día tamén, cos seus tira-puxas, son incapaces de poñerse de acordo e consensuar políticas comúns, entre elas a lingüística.

Así anda o patio.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1146567966491631812006-05-02T13:06:00.000+02:002006-05-02T13:06:00.000+02:00A política lingüística do novo goberno está a ser ...A política lingüística do novo goberno está a ser decepcionante, pero tampouco me sorprende demasiado. O BNG sempre amosou unha alarmante falta de imaxinación (o das falas de Extremadura é paréceme un exemplo)e unha insistencia pesada en equiparar lingua e ideoloxía, cousa que non fai a maioría dos galegofalantes. Por outra banda, o PSOE, agás meritorias excepcións, sempre foi un partido hostil á lingua galega. Unha vez máis, sinto ser tan pesimista.Velosohttps://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.com