tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post1146925714111782570..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger33125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11640472383519446892007-03-24T11:37:00.000+01:002007-03-24T11:37:00.000+01:00Comezou este debate comigo lonxe. Outras urxencias...Comezou este debate comigo lonxe. Outras urxencias afastáronme de tan suxestivo titular. Vexo agora que o número das entradas se mutiplicou, intensificando ademais a referencia semántica.

Como o fío está a punto de marchar, e o tema sen dúbida volverá dalgún modo, renuncio a expoñer a miña prescindible achega en pormenor. Quede só resposta lacónica: si, debe haber límites.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-34968372269033331792007-03-22T10:05:00.000+01:002007-03-22T10:05:00.000+01:00Vostede sempre tan axeitado e sabio, Leituga. Pret...Vostede sempre tan axeitado e sabio, Leituga. Pretendín simplesmente que se tomara mais en serio esa proposta artistica. Que non fose so comtemplada como un mero pretexto para a liorta entre bandos políticos. Paréceme, que a esquerda e a dereita ilustrada teñen que atender a argumentos e non só a transformación en arma política de todo o que caiga nas mans, como observamos que fai a dereita española. Se non profundizamos caemos na súa paranoia, temos que ilustralos, na medida en que a súa racionalidade de base,nesta crispada situación o permita. Polo demais, polo desacordo ou omisión que se puido malinterpretar aquí, xa sabemos que os deportes moderados, o matrimonio, a amizade e os desacordos intelectuais son os nosos mellores medicamentos.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-26455920322570898002007-03-22T00:54:00.000+01:002007-03-22T00:54:00.000+01:00Amigo Jimmy de Rairo: ten vostede razón no de que ...Amigo Jimmy de Rairo: ten vostede razón no de que eludín -conscientemente, engado eu- emitir o que vostede chama un xuízo estético sobre as obras en cuestión. Limiteime, certamente, a dicir, pois viña ao caso diante das protestas católicas, que non as consideraba esteticamente inferiores ás do neocatecúmeno Kiko na Catedral da Almudena. E tratei de razonar sobre a non sacralidade das imaxes relixiosas nunha sociedade laica. Isto non quere dicir que eu rexeite a súa proposta de discusión sobre a arte, aínda que me pareza asunto interminable e non facilmente discernible, mesmo escasamente suxeito a definición, pois unha definición é sempre abstracta, racionalista e deductiva, conxeladora do que, no caso da arte, é un proceso, un fluxo en continua e asombrosa evolución. Sígolle dicindo que non me nego a esa discusión, pero pareceume que a discusión que propoñía o post do señor Valcárcel era "outra", relacionada non tanto cunha especie de "ontoloxía da arte" como coas relacións entre arte, sociedade e poderes públicos. Vostede propón unha discusión ontolóxica e o señor Valcárcel propuña unha discusión política. Eu, guiadiño como son, optei polo asunto que indicou o xefe. Por desgracia segue sendo un asunto que merece a pena discutir, pois se deixamos de facelo os "crentes" de toda caste ideolóxica e condición nacional van acabar coméndonos as papas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61763462120210851962007-03-21T19:20:00.000+01:002007-03-21T19:20:00.000+01:00pois por aí semella que é por onde comezar. Ese fa...pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76887099256742688792007-03-21T19:19:00.001+01:002007-03-21T19:19:00.001+01:00pois por aí semella que é por onde comezar. Ese fa...pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53030928471418240942007-03-21T19:19:00.000+01:002007-03-21T19:19:00.000+01:00pois por aí semella que é por onde comezar. Ese fa...pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42889052843836420482007-03-21T13:11:00.000+01:002007-03-21T13:11:00.000+01:00Unha das cousas que me parecen máis extraordinaria...Unha das cousas que me parecen máis extraordinarias deste asunto é como puido atopar uns tipos con ese nivel de empalmamento, en circunstancias tan hostiles. Eu poño esa estameña de cartuxo e desde logo tería o mismísimo coma se estivera no medio medio do río Eume en pleno inverno. É mérito que convén salientar.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20108956964670264762007-03-21T00:31:00.000+01:002007-03-21T00:31:00.000+01:00Outra percepción pode ser a de quen non se sorpren...Outra percepción pode ser a de quen non se sorprende porque xa viu propostas similares, ou mais expectaculares e sitúa ao artista nun baixo grao de novidade.
Independentemente do grao de novedade e escandalo, se o que se presenta faise como unha obra de arte, teríamos que dirimir se é arte ou o intenta.
Aquí é onde comezaría o debate.
Pero obviase, ainda que implicitamente as diferentes posicións van dándose a conocer. Dende a denuncia de oportunismo expectacular do artista, ata a indiferencia, todas as posicións neganlle a categoría de arte.
Pero esa negación, que non digo que non sexa correcta, faise dende o exercicio do gusto. Esa negación compría facela con razóns, e por tanto con argumentos. Argumentos que non sairon por ningures, e que mostra o grao de inopia respecto ao fenómeno estético contemporaneo, cousa moi común e corrente, pero ca que saíu o tema poidereíase aprobeitar un pouco, mais como se sabe...as cuestión do gusto teñen unha desmontaxe dicicil e complicada porque o que o exercita pensa que se compromete personalmente no seu pronunciamento, porque o cree propio, o mais propio, algo que non se lle pode expropiar con interpretacións nin analises, porque é consubstancial a súa persoa. Por eso se di con tanta seguridade, me gusta, ou non me gusta, como se aí, nese pronunciamento rematara todo, e os argumentos se estrelasen contra unha trascendencia irreductibel. Pero non é así.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45076863839105174202007-03-20T22:00:00.000+01:002007-03-20T22:00:00.000+01:00Pasar ao xuizo é o que pretendín dende un principi...Pasar ao xuizo é o que pretendín dende un principio. Pero para ese paso é preciso exercitar a razón, o uso da razón fainos maiores de edade. Pero o proceso de formación dos argumentos racionais é diáloxico, e o que pretendín e non dialogar conmigo mesmo, senón con vostes, para formar mellores xuizos, e sair do mero exercicio do gusto estetico, que é o que aquí ata de agora se exercitou.
É neceario partir dunha previa aclaración: a que nos referimos cando falamos de arte?. É a arte susceptibel dunha definición esencial?. Varia historicamente o que entendemos por arte?.
É arte o que o sitema da arte define como arte?
Non está nada claro...de feito é común para moitos sair dunha exposición, dunha instalación preguntánsose se o que acaba de contemplar é arte. Do século XIX para atrás se a alguén lle preguntaban que era arte, podía sinalalo co dedo. Hoxe presentase para a maioría cun grado de indiscernibilidade moi elevado.
Pois ben estas imaxes de Montoya presentanse como arte pero cunha peculariade, a temática elexida adoita un impacto iconoclasta. Un cristo crucificado empalmado é chocante, invirte a mirada piadosa e situa a ollada na paradoxa.
Hai que resolver o que a imaxe presenta. A saida mais doada e: O artista o que quere é escandalizarme, é unha tactica de promoción. o mundo está perdido con tanta chorrada.
Esta explicación é a tipica, que acostuma a facer por dicilo así o hemisferio cerebral esquerdo cando non entende o que sinte o dereito, pero ten necesidade de darlle unha explicación.
Paro aquí para ser mais dialóxico, mais racional, gostaria de seguir...pero paréceme que agora lle toca a alguén. Tocaría se quixer...
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45040829282924179012007-03-20T21:15:00.000+01:002007-03-20T21:15:00.000+01:00Pois coido que, nesta ocasión, non foi quen de dar...Pois coido que, nesta ocasión, non foi quen de dar pasado ao xuízo, amigo Jimy, senón que se quedou no prexuízo ao xulgar aos intervintes como menores de idade, seica incapaces de apreciar todos os matices e planos.

Penso que a maioría dos intervintes non se escandalizou para nada e menos aínda amosou intencións de crucificar o artista, a pesar de que non esteamos "mais documentados en antropoloxia e historia das relixións, e [non saibamos] máis do sexo, o erotismo e o pornográfico na experiencia relixiosa".

Pero para iso o temos a vostede, para ilustrarnos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27736674116039122832007-03-20T21:03:00.000+01:002007-03-20T21:03:00.000+01:00Larvós, cun argumento tan formado e consistente co...Larvós, cun argumento tan formado e consistente como "sígueme parecendo unha chorrada a fontana de Duchamp". Quédame claro que poderei dialogar contigos sobre moitos asuntos que nos interesen aos dous, pero dende logo que de estética contemporanea non.
Leituga, non pretendo un congresos para chegar a acordos sustanciais, que para pouco serbirían, por certo. Pretendo simplemente unha mallor ilustración mútua sobre as diferentes percepción do fenomeno estético contemporneo, nos limites con que se pode dar neste blog. Ao fín é opinión. Pretendo evitar contradiccións fragantes, e paradoxas innecesarias. Vostede emite seu gusto sobre a Almudena e sobre Montoya, pero recoñecerá conmigo, que non hai xuizo nas súas apreciacións. Como pretende entón estabelecre un criterio obxectivo para as subvencións. Descalifica vostede o gosto persoal, pero vostede non fai que emitir ese gosto persoal, como criterio. A cuestión é sair de aí, do gusto, e pasar ao xuizo, é o que eu minimamente pretendín.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42647960895487511512007-03-20T19:16:00.000+01:002007-03-20T19:16:00.000+01:00Tan personaxes de ficción como Mahoma,pero coido q...Tan personaxes de ficción como Mahoma,pero coido que neste caso o artista non sería tan rachador. E non se trata de tribunais, de denuncias e de capacidade para facelas. Trátase de principios, do que está ben e do que non o está. Por certo; As obras de Montoya son espantosas; as de Kiko tamén; e a Almudena o mesmo....Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70065120154944183042007-03-20T17:48:00.000+01:002007-03-20T17:48:00.000+01:00A proposta que fai Jimmy de Rairo paréceme excesiv...A proposta que fai Jimmy de Rairo paréceme excesiva para este blog: dilucidar o que é ou non é arte. Dende Duchamp é, en boa medida, o que levan facendo críticos, estetas, historiadores e filósofos sen que puidesen chegar a acordos substanciais.
Non estou de acordo, polo que xa expuxen, co criterio dos colectivos "ofendidos" para decidir se hai ou non contribución pública a esta clase de obras. Xa postos, eu podería decidir sentirme "ofendido" se se expulsa do paraíso da subvención ao señor Montoya despois de que o Estado -con diñeiro de todos- axudase con xenerosidade a rematar unha obra de pésimo gusto como a madrileña Catedral da Almudena, propiedade do Arzobispado de Madrid. Eu creo, polo que se pode ver, que as obras de Montoya son bastante mellores que as de "Kiko", o neocatecúmeno pintor que ilustrou as paredes dese enxendro arquitectónico. E para min resultan moito menos ofensivas.
En todo caso, o que ten que haber para as axudas públicas, como sinala Arume dos Piñeiros, son criterios razonados, debatidos, o máis obxectivables posibles, transparentes e consensuados, non o gusto ou o disgusto persoal nin de Rodríguez Ibarra nin de Rouco Varela.
E para o Anónimo que pregunta que pasaría se en vez de San José fose Zapatero e en vez da Virxe María a vicepresidenta,a resposta é moi sinxela: Zapatero e a Vicepresidenta poderían exercer accións xudiciais -ou non- contra o autor desas imaxes, pois poderían -ou non- sentirse damnificados por elas na súa honra e na súa propia imaxe, bens morais que protexe a lexislación vixente. A Virxe María e San José son,a este respecto, como Caperucita ou o Ogro de Pulgarcito: personaxes de ficción sen capacidade para presentar unha denuncia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55519185688725115492007-03-20T10:26:00.000+01:002007-03-20T10:26:00.000+01:00Se te quedas máis tranquilo, a min ségueme parecen...Se te quedas máis tranquilo, a min ségueme parecendo unha chorrada a fontana de Duchamp e a merda embotellada da outra lumbrera con nome de futbolista italiano. E eu non acho motivos para dicir que se "crucificou" ao artista, a menos que cos artistas todo o que non sexa aplaudilo xa sexa crucificalo. Escandalizar a quen? A min fíxome máis ben rir, non sei a vostede. No tocante a que os críticos ignoramos os vencellos do relixioso co sexo... a ver, home, sexamos adultos, que calquera sabe que até as mamoas do país son proto-simbolos sexuais. Apelar a nosa "ignorancia antropolóxica" paréceme un argumento pomposo na forma, pero moi pobre no contido. Carallo, faltouche espetarnos o clásico "o que vos pasa que lle tedes envexa".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-57564412481453322862007-03-20T08:52:00.000+01:002007-03-20T08:52:00.000+01:00Non é nada facil definir o que non é arte, toda de...Non é nada facil definir o que non é arte, toda definición hoxe é dificil e en grande parte contraproducente, toda definición, ten que admitir non seu afán pola completude, a súa eventualidade. Lembrese a polémica das Brillo Box de Warhol, ou antes a fontana de Duchamp. O problema hoxe non está en definir, senón e dilucidar o que é arte do que se presenta como arte, se basta coa simple presentáción como apunta Dickei. Os enunciados de entrada semellan doados, pero metidos no asunto, ten a súa miga, e da para unha longa polémica ligada a política, a socioloxia, filosofía, a antropoloxía, a psicoloxia...no limite da nosa realidade, mediante a experiencia estética.

Señor o que hai, e onde está o sentido común?
Eu diría que como di vostede: "En conceptos que todos manexamos con soltura". O problea é a soltura, cando hai demasiada soltura, cando os conceptos se usan axilmente pero sen comprendelos, facilmente e sen darnos conta podemos estar no solipsismo, pola contra se afondamos neles moito, o seu uso farase duvidoso, pesado, complexo. A pragmática refirese sempre a medida, a proporción, pero esta é convencional, tópica e carece de novedade, tende ao rutinario. O sentido común precisa do exceso, da ruptura da medida.O sentido precisa do sinsentido para constituirse en sentido. Pretendo dicirlle que solucionar as diferencias co código penal atenta contra o sentido común, como o que é: unha idea regulativa capaz de percorridos extremos sen perder o seu procesamento dende o punto de orixe. O sentido común segundo Moore, tendería ao bó, ao amarelo e vostede tende ao negro, da democracia endurecida, ao autoritarismo da lei.
Por outra parte observo como se cargan vostedes ao artista, e reaccionan co gusto, aplicandolle o calificativo de "mal gusto". Semella que as imaxes- que para min teñen mais interés antropolóxico que artistico- ainda teñen a súa forza, a forza de escandalizar incluso a vostedes, refuxiados no decoro. Quizais nos escandalizariamos menos se estivesemos mais documentados en antropoloxia e historia das relixións, e soubésemos mais do sexo, o erotismo e o pornográfico na experiencia relixiosa. Pero a ´"mentalidade" opera na nosa conducta sen a nosa consciencia, ou en semiconsciencia. O escándalo como dí R. Girard, desencadena a percura do chivo expiatoria para calamar a violencia xenerada. Neste caso vostedes sinalan ao artista, e comezan a crucificalo. O peor que que ásí, curiosa paradoxa, ocultase a especificidade do cristianismo: A saida do mito, facendo consciente (visualizando), a violencia fundacional de todos os mitos.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50890083443253987202007-03-19T23:53:00.000+01:002007-03-19T23:53:00.000+01:00Os límites da liberdade de expresión están no sent...Os límites da liberdade de expresión están no sentido comun... Máis que é o sentido común? Podemos chegar ás dificultades de definción de conceptos que todos manexamos con soltura. Felicidade, xenerosidade, xustiza... Por iso ten que actuar o código penal, para aclarar cousas que nos resultan confusas. Pero vaiamos ao sermo rusticus. Estos fotos son unha carallada que ofende a unha parte da poboación importante e polo tanto, non ten sentido que unha institución publica pague ao tipiño. Outra cousa é o uso que delas fai o Partido Pornográfico de Raxoi.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-337771857386812682007-03-19T22:53:00.000+01:002007-03-19T22:53:00.000+01:00É moi difícil -se non imposible- definir o que é v...É moi difícil -se non imposible- definir o que é verdadeiramente arte. Pero o que si está bastante claro é o que non-é-arte.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87013226012018197092007-03-19T21:52:00.000+01:002007-03-19T21:52:00.000+01:00Eu ó ¨peazo¨ artista subvencionado iste poriao á m...Eu ó ¨peazo¨ artista subvencionado iste poriao á mesma altura co ¨artista¨ que envasou a súa propia merda ó vacio, creando escola... vese que ten imitadores!!! O tempo porá a istes carallans e artistiñas sen xeito no seu sitio... o arte non perdoa!!!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35767666249511577752007-03-19T17:31:00.000+01:002007-03-19T17:31:00.000+01:00Carallada e conachadas: eu creo que non hai termo ...Carallada e conachadas: eu creo que non hai termo estético máis definitorio da arte de Montoya, que tamén menuda rima.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-90000081386190970422007-03-19T17:25:00.000+01:002007-03-19T17:25:00.000+01:00Entón falemos der bo ou mal arte, de pseudoarte e ...Entón falemos der bo ou mal arte, de pseudoarte e auténtico arte. Non todo o que se presenta como arte é arte, pero a discirnibilidade hoxe non é tarefa doada. As veces confúndese o arte coa sorpresa, coa experiencia de sorpresa, ou co impactante, coa estetización. En fin, fagan as súas hipóteses, se queren e xoguemos.
Jimy de RairoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-3837107805751162212007-03-19T17:12:00.000+01:002007-03-19T17:12:00.000+01:00Que conste que eu non gusto en absoluto dese tipo ...Que conste que eu non gusto en absoluto dese tipo de arte (de feito, no que a min respecta nin tan sequera merece tal codición. Parécenme simplemente conachadas). Aínda así creo que un (presunto) artista den dereito a expresarse dese xeito na mesma medida na que os católicos teñen dereito a afirmar que os homosexuais van ao inferno e que son prácticas contra natura. Porque os sotanas e acólitos teñen unha grande facilidade para ofenderse, pero ningunha sensilidade cando son eles os que ofenden (por non dicir traumatizan). Así que, ou xogamos todos, ou rompemos a pelota. Así de sinxelo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-34153594544382493842007-03-19T15:37:00.000+01:002007-03-19T15:37:00.000+01:00Concordo con boa parte dos comentarios, en especia...Concordo con boa parte dos comentarios, en especial cos de don Leituga 1 e de don Arume dos Piñeiros. Coido que enmarcan perfectamente os termos do debate.

Polo demais, a min estes pintorescos intentos de epatar -e a estas alturas!- parécenme manidos e nada orixinais. O pretendido afán provocador limítase a conseguir que uns cantos se rasguen hipocritamente as vestiduras. Aos demais tan só nos parece unha carallada.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-88365265360317537322007-03-19T14:04:00.000+01:002007-03-19T14:04:00.000+01:00Abrindo os xornais cada día podemos atoparnos con ...Abrindo os xornais cada día podemos atoparnos con fotos que deberían ser moito máis escandalosas froito da guerra, da fame ou das inxustizas. Fotos ademáis feitas tal e como aconteceron e non resultado dunha máis u menos imaxinativa posta en escea. Concordo en que a igrexa católica xa non é nin por asomo, afortunadamente, o que foi polo que vexo xa moi mitigado ese caracter transgresor que o artista pretende. Tempo tuvo de facelo hai décadas. Por outra banda aínda está tempo de plasmar esa ansia transgresora que leva dentro pero co islam. Si se atreve, claro.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61370453170612882852007-03-19T11:23:00.000+01:002007-03-19T11:23:00.000+01:00Eu sonvos un pouco raro. Este tipo de manifestació...Eu sonvos un pouco raro. Este tipo de manifestacións artísticas que buscan a provocación parécenme un pouco infantís. Ou un moito. Hai xente, mesmo de esquerdas, a quen este tipo de arte parécelle obsceno, quizáis porque a exhibición de penes erectos (perdón pola finura), fundamentalmente, resulta aínda pouco asumida, mentres a exhibición do corpo femenino (agás eses primeiros planos onde se poden advertir mesmo as amígdalas) resulta más aceptable. Ver a san Roque (ese do can sen rabo, que parece ter o propio santo) empalmado resulta extraño. Pero é cuestión de educación e resulta difícil, desde logo, tratar de convencer aos escandalizados de que non ten moita importancia. Efectivamente, como di Leituga 1, contemplar as chagas cruentas de san Francisco ou de Xesucristo, que san Ignacio recomendaba para padecer do mesmo xeito á dor da morte de Cristo, son noxentas para boa parte da humanidade. Sen embargo, a nós nin nos inmuta: estamos afeitos.
Outra cousa é a subvención. Pero tamén neste asunto, a regulamentación democrática debe ter explicación. Cómo decide a Consellería de Cultura de Extremadura as subvencións? Quen forma as comisións e con que criterios adoptan as decisións? Xa sei que en última instancia (ou non, depende do grado en que se delegue) a palabra do conselleiro pode ser definitiva, pero nese caso eu me preguntaría se a discrecionalidade dunha persoa pode determinar a política de subvencións dunha consellería de cultura. Este asunto, ao marxe da polémica, supón tamén unha toma de posición política sobre a transparencia e o sentido da representación democrática da cultura no goberno dunha nación ou dunha comunidade autónoma.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56257402807514473212007-03-19T10:04:00.000+01:002007-03-19T10:04:00.000+01:00Se non me equivoco eu...neste caso engadíase unha ...Se non me equivoco eu...neste caso engadíase unha volta mais o debate sobre os límites da liberdade de expresión e dos límites para auto-censura e que nos levaría a preguntarnos ¿cales deben ser os criterios para o financiamento público deste tipo de "produtos"? ¿Existen criterios para acoutar este financiamento? Todo elo, enténdase, nun marco de posibilidades de financiamento público restritivo claro...Anonymousnoreply@blogger.com