tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post115021317726450297..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1150306179751772472006-06-14T19:29:00.000+02:002006-06-14T19:29:00.000+02:00Con toda sinceridade, penso que o sr. Monxardín es...Con toda sinceridade, penso que o sr. Monxardín está especialmente dotado para o artigo polémico, incisivo, revoltador da boa conciencia nacionalista e politicamente correcta, panfletario no mellor sentido do termo (repito para que non se me malinterprete: no mellor sentido do termo, é dicir, no sentido francés). Ademais, iso é algo que escasea neste país como a auga de maio, circunstancia que o singulariza no panorama xornalístico galego, de abondo "plomizo" e previsible.
E non se trata de estar ou non de acordo con el. Non. Trátase de que son necesarias voces como a súa, frescas, irreverentes, irónicas e non melifluas.
A min gustarame tamén un artigo seu, que non fora comentado aquí, no que "esixía" unha suba salarial xeral do cicuenta e tantos por cento, tal como subiran os beneficios bancarios.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1150296401194802612006-06-14T16:46:00.000+02:002006-06-14T16:46:00.000+02:00Topicos e costumbrismo, eses xeitos de recoñecermo...Topicos e costumbrismo, eses xeitos de recoñecermos entre nós. Entendo moi ben o recelo con que hoxe, en Galiza, tantos renegan desas etiquetas e xeitos de contar. Pero eu penso que son unha das moitas posibilidades de ollar algo e de contar unha historia. Hainas diferentes, claro. E hainas baseadas nos "típicos tópicos". E todas poden ser boas sempre que alguen atope nelas emoción e reflexión.
No caso desta historia, penso que AVM deixou fora os artificios e puxo no ordenador a historia tal e como foi contada por Lito. Claro que podía apropiarse dela e facer outra cousa coa anecdota. Pero eu, e non é máis ca miña opinión, prefiro coñecer o xeito típico e tópico no que Lito viviu aquelo que se conta e tamén no seu xeito de contalo. Hai nesa narración esperable e sen sorpresas, non unha procura artística senón (coido) unha procura identitaria: contar unha historia previsible e repetida achéganos aos outros que xa as contaron e as viviron así.
E iso non me fai pior lectora nin me resta capacidade de disfrute das boas obras literarias.torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1150235153500233222006-06-13T23:45:00.000+02:002006-06-13T23:45:00.000+02:00Diría a Castaño, é un RR (relato riquiño) si, pero...Diría a Castaño, é un RR (relato riquiño) si, pero xungo á mesma man que P.C., e digo eu, gozas e nós tamén gozamos moito máis furando coa coitela alí na ferida.
O blog anda algo "muermo" cecais dende que te fuches cós rapaces e coa maleta.
Que salten as muxicas, chuza na piqueira, dalle chispa!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1150234153883218022006-06-13T23:29:00.000+02:002006-06-13T23:29:00.000+02:00Sr. PC.Como me vai parecer mal? Xa é unha honra qu...Sr. PC.
Como me vai parecer mal? Xa é unha honra que me lea e que me comente!
Certamente ten razón. É bastante previsible o desenvolvemento... (Mañá vai amencer sobre as seis e media da mañá... A vida é como é e hai unha boa parte de rutina e previsibilidade... tamén nas historias común da xente do común).
Interrómpeme Leandro Franclin (sic. por un erro do xuíz de paz)de apelido Rico, ou simplemente Lito, para comentarmo el tamén. O avó, tampouco lle deu os zocos á súa filla, á nai de Lito. Creo que se emocionou de novo. Se cadra fun un pouco cursi. Pero téñome que querer como son.

Agora ben, non me parecen "excepcionais" os outros. Míramos vostede con bos ollos. Algunhas simples reflexións libres de espectador intranquilo.
Como vou andar fóra no verán, prométolle deixar tres ou catro deses do seu gusto para xullo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1150215955975054632006-06-13T18:25:00.000+02:002006-06-13T18:25:00.000+02:00A historia en si é fermosa, pero o xeito de contal...A historia en si é fermosa, pero o xeito de contala é tópica, costumista e previsible. Vamos, que non me gustou desde un punto de vista literario, aínda que si desde o humano.
Os artigos do señor Monxardín de carácter polémico gústanme mil veces máis (é máis: parécenme excepcionais) que os de corte literario. Pero esta é unha opinión subxectiva exclusivamente persoal, e espero que non lle pareza mal.Anonymousnoreply@blogger.com