tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post116741071963998555..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1167573438770545202006-12-31T14:57:00.000+01:002006-12-31T14:57:00.000+01:00Castelao compartía a urxencia de elaborar teoría d...Castelao compartía a urxencia de elaborar teoría da nación para cada aspecto da vida social e cultural; digo "compartía" porque parece percepción común á dos membros do Grupo Nós e a propia xeración das vangardas galegas. Iso, coa súa orixe e sensibilidade, posiblemente o levou a distanciarse, intuitiva e tamén volitivamente, daquilo que vía moi afastado do popular, incluíndo aquí tanto a propia xente do seu tempo coma todo o acervo e herdanza material e inmaterial.

Ora ben, tamén aparece como home do seu tempo, en formación e en sensibilidade. Penso que debeu compartir coa vangarda daquela máis do que se cadra aparenta noutra parte referinme á súa querencia polo Teatro do Morcego e a pegada deste na súa obra; está tamén o seu xorne non demasiado apegado ao romántico (lembran a Cousa da Vida do gato que papara a escura anduriña?); e as propias formas plásticas que deseña (letras, portadas...) combinan a miúdo a forma antiga -como nacional asumida- e novos trazos. Cousa parecida ao neotrobadorismo, o hilozoísmo ou aquel chamado neovirxilianismo en literatura.

Por iso, non penso que fose curto de miras, máis ben ao revés; era unha empresa inmensa, moi marcada polo país e o que os nacionalistas daquela entendían como necesidade histórica. Que faría se nacese en Igualada? Bo Ano.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1167536319419552412006-12-31T04:38:00.000+01:002006-12-31T04:38:00.000+01:00Castelao fixo do seu sentimento da "Terra" como "I...Castelao fixo do seu sentimento da "Terra" como "Identidade" nacional-cultural sobredeterminada un atranco insuperable para o seu entendemento e aceptación das vangardas. Que "terra-nación-cultura" se pode albiscar nun cadro cubista de Picasso? Só, talvez, a cosmopolita París, o non-lugar por excelencia da arte moderna dese tempo. En cambio, si conectou con certo expresionismo alemán ou coa pintura de James Ensor, pois incorporaban elementos tomados dunha tradición popular referenciada xeográfica e culturalmente. Castelao, como moitos naquel tempo, non só cría nunha "arte galega", entendida como manifestación explícita dunha identidade cultural esencial e non intercambiable, senón que a consideraba necesaria. En todo caso, os intentos que fixo nese sentido non lle saíron mal. Eu diría que, afortunadamente, a súa capacidade artística se impuxo sobre unha teoría estética algo curta de miras.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1167434320865028622006-12-30T00:18:00.000+01:002006-12-30T00:18:00.000+01:00Opinións moi orixinais, non hai dúbida.Opinións moi orixinais, non hai dúbida.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1167433090311069482006-12-29T23:58:00.000+01:002006-12-29T23:58:00.000+01:00Na miña opinión, O Bosco foi un pintor moi adianta...Na miña opinión, O Bosco foi un pintor moi adiantado ao seu tempo, un dos grandes precursores do modernismo de vangarda (especialmente surrealismo e simbolismo). O Xardín das delicias é unha proba evidente. Un non se cansa de atopar novos símbolos e interpretacións. Todo un xenio da fantasía, a creatividade e a imaxinación.
E por certo, eu vin algúns debuxos e son unha marabilla.
Bueno, o comentario ía por Castelao, que como coñecedor da terra e das súas xentes, quedan poucos.
Unha aperta e Feliz 2007 para ti e toda a familia!!
moralla :-)Anonymousnoreply@blogger.com