tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post116896629194981315..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger30125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169131862725707292007-01-18T15:51:00.000+01:002007-01-18T15:51:00.000+01:00Un caso moi interesante case no linde mesmo entre ...Un caso moi interesante case no linde mesmo entre vencedores e vencidos é o de Dámaso Alonso. Liberal e progresista durante a República e, sen pasar polo falanxismo, atopa nos primeiros anos de postguerra un espazo, aínda que moi marxinal, entre intelectuais falanxistas, dirixidos por Laín e Ridruejo, antes de escribir Hijos de la ira. Non sei se podemos consideralo vencido, pero vencedor tampouco lle acae. Sen embargo, escribe case por encargo ou suxerencia do nacionalcatolicismo imperante un traballo sobre san Juan de la Cruz en 1942.
O caso de Aleixandre é ben diferente, pero o hermetismo sobre a súa vida impide facer suposicións ó respecto.
O libro de José Carlos Mainer sobre a filoloxía no purgatorio presenta casos de persoas que responden ás características que indica Marcel Swann.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169127854742796312007-01-18T14:44:00.000+01:002007-01-18T14:44:00.000+01:00Aínda non lin a novela de Suso de Toro. Por certo,...Aínda non lin a novela de Suso de Toro. Por certo, se alguén o coñece, díganlle da miña parte que a ver se aprende a puntuar os textos que escribe (novelas incluídas, por moito corrector a tempo completo que o axude).
A figura do falanxista "con pasado" e que ten que adaptarse aos novos tempos xa aparece nunha novela de Juan Marsé de finais dos setenta: "La muchacha de las bragas de oro", sátira dun libro de Laín Entralgo no que se tentaba lavar a conciencia.
Con todo, a min tamén me interesa a contrafigura do falanxista: os que perderon a guerra, non emigraron e tiveron que apandar, en silencio, cos anos da postguerra. Ata que punto moitos deses ntelectuais perdedores padeceron unha especie de Síndrome de Estocolmo durante anos e anos?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169113514361477332007-01-18T10:45:00.000+01:002007-01-18T10:45:00.000+01:00Alegra pensar que imos constituindo unha visión an...Alegra pensar que imos constituindo unha visión analítica, con matices sutís, sobre os intelectuais falanxistas/fascistas/franquistas. O libro de Jordi Gracia, La resistencia silenciosa, así como o de Mainer, o seu mestre, La filología en el purgatorio, explican con detalle estas modulacións intelectuais. Poden non resultar convincentes, pero sitúan as súas traxectorias coas ambigüidades, miserias, contradiccións, servidumes ou renuncias que un agarda nestes casos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169113053303835152007-01-18T10:37:00.000+01:002007-01-18T10:37:00.000+01:00Ás veces non se sabe como vai un contraer unha lac...Ás veces non se sabe como vai un contraer unha lacra. Así, a présa habitual fai que un escriba de présa (e non se corrixa) aínda cando non a ten, e publique auténticos desatinos. Corrixo, pois

"(multiplicados, seguramente, por dez ou quince daqueles anos)", segundo parágrafo da mensaxe anterior, e que sería

"multiplicados [os lectores en galego], seguramente, en dez ou quince daqueles anos",

presentando desculpa e declarando, de paso, o bochorno que un sente ás veces ao relerse.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169111176410157472007-01-18T10:06:00.000+01:002007-01-18T10:06:00.000+01:00Para valorar a recepción de Cunqueiro naqueles ano...Para valorar a recepción de Cunqueiro naqueles anos non se pode ignorar a polémica con Celso Emilio Ferreiro sobre a función da literatura. Espernexaba aínda, supoño, a crítica ao modernismo como corrente "evasiva"; eran as últimas do franquismo e emerxía con forza o nacionalismo de esquerda, distanciado de cenáculos e con vocación social.

Dábanse, logo, moitas circunstancias para que unha parte importante dos potenciais lectores en galego (multiplicados, seguramente, por dez ou quince daqueles anos) conectasen máis co Celso ou co Ferrín -a quen, xaora, non entendiamos alá moi ben- ca con alguén coma Cunqueiro. A quen eu, por certo, non vexo coma un español medio, aínda que aspectos do seu comportamento se puidesen homologar por aí, non sei se polo afán de vivir relativamente tranquilo: adaptación, á fin e ao cabo, a un medio cambiante e se cadra non demasiado confortable; menos, probablemente, ca aquel poderoso mundo interior que en boa medida debeu SER el.

Supoño que é coñecido: con Celso Emilio, seica pasou de estreira amizade a relación cero.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169110830124356132007-01-18T10:00:00.000+01:002007-01-18T10:00:00.000+01:00Concordo tamén con Leituga. Vexo respecto e admira...Concordo tamén con Leituga. Vexo respecto e admiración pola obra de Torrente na maioría dos lectores e escritores de hoxe, agás casos moi particulares.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169080748796135972007-01-18T01:39:00.000+01:002007-01-18T01:39:00.000+01:00Concordo co dito polo señor Leituga 1. E agora, se...Concordo co dito polo señor Leituga 1.

E agora, se me permiten, tamén a miña "batalliña".
Cando o dos pisos, eu non moraba en Compostela, pero ía todas as fins de semana porque tiña alí unha moza que estudaba nunha facultade (e á que lle mando saúdos dende aquí). Daquela, eu, xove e indocumentado, tivera a ocurrencia de traerlle un "Lume", o voceiro de ERGA, como lembraran. Había nel un artigo infumable contra a loita dos pisos, cos mesmos argumentos que o señor Valcárcel indica. Avergoñado, peguei un folio nese artigo para que non se vira. Naturalmente, levada pola curiosidade, a miña moza, axudada pola súa irmá, despegaron o folio, leron o artigo e o puteo que caiu sobre min foi memorable.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169076653231484852007-01-18T00:30:00.000+01:002007-01-18T00:30:00.000+01:00Tampouco vexo eu tanta animadversión contra Torren...Tampouco vexo eu tanta animadversión contra Torrente Ballester por causa do seu pasado franquista. Outra cousa é que Suso de Toro, coa súa proverbial perspicacia e sentido da medida, o adoptase como personaxe-monifate da súa novela de temporada sobre a memoria histórica. Saíalle ben barato.
Sobre este asunto dos intelectuais franquistas ou acomodados, eu creo que hai que facer un certo esforzo de empatía histórica e tratar de situármonos naquel momento. Algúns creían que estaban a facer a revolución. Outros eran ferventes católicos e, polo tanto, acérrimos anticomunistas. A maioría evoluíron a base de decepcións ou, como no caso de Torrente, a costa de perder as súas posicións de privilexio no franquismo.
Nada moi diferente do ocorrido con moitos intelectuais comunistas. Porén, aos que daquela apoiaban cegamente a Stalin lles outorgamos un trato moito máis benévolo, cando non completamente libre de críticas, a pesar de que agora saibamos que estaban completamente equivocados e que foron soporte dunha das dictaduras máis brutais do século XX.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169073118731876032007-01-17T23:31:00.000+01:002007-01-17T23:31:00.000+01:00Home, tamén mallaron polo Josep Pla polo seu pasad...Home, tamén mallaron polo Josep Pla polo seu pasado franquista, e logo tiveron que recoñecer que foi o mellor prosista en lingua catalana do século XX. Anos despois a valia de Cunqueiro ahí está...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169071160234650632007-01-17T22:59:00.000+01:002007-01-17T22:59:00.000+01:00Vexo que estes episodios suscitan repudio, rexeita...Vexo que estes episodios suscitan repudio, rexeitamento e mesmo parecen cutres na distancia. Je ne regrette rien de rien. Son o que fun e somos o que fomos, malgré nous.
Sobre Cunqueiro sigo apreciando benevolencia. Eu creo claramente que a súa condición de galeguista remenda o seu pasado. O que non lle pasa a outros, como é o caso de Torrente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169069582545768962007-01-17T22:33:00.000+01:002007-01-17T22:33:00.000+01:00Non era Tórculo, era "Reprografía 1846". Daquela P...Non era Tórculo, era "Reprografía 1846". Daquela PC e MC pintaban xa ben pouco e a mobilización foi sobre todo acratoide. Eu participei moi activamente nalgunha daquelas accións, pero non fun ao boicot á investidura de Cela, Cunqueiro e Piel porque me pareceu unha acción fóra de lugar e sen moito sentido. ¿Que culpa tiñan aqueles tres señores dos pecados (que tampouco eran tales) do Reitor? En fin...
Eu creo que Cunqueiro era sobre todo un señor normal, como a inmensa maioría dos españois que se viron atrapados por unha Guerra Civil que moi poucos querían. Ao ser un home novo, crente e non excesivamente ideoloxizado (o seu independentismo de preguerra é puro romanticismo esteticista), apuntouse ao pragmatismo e ao acomodo á nova situación. Foille ben, moi ben, ata aquel escuro e vidrioso episodio polo que foi expulsado con deshonor da profesión xornalística. Eu creo que é un gran escritor e o que máis valoro na súa obra é a súa poesía, o seu teatro e algúns libros non moi coñecidos, como o "Fanto Fantini" e "Flores del año mil y pico de ave". Non son tanto do "Merlín" nin, dende logo, de libros tan pretenciosos como "Un hombre que se parecía a Orestes".
Sempre foi un galeguista conservador, nunca un nacionalista, aínda que non dubidaría en respostar afirmativamente se lle preguntasen se Galicia era unha nación. Estou convencido que, de vivir, sería votante primeiro de UCD e despois do PP. E seguiría mantendo a súa vella amizade con Fraga Iribarne, quen, ao fin e ao cabo, foi o home que o rehabilitou profesionalmente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169068083793795432007-01-17T22:08:00.000+01:002007-01-17T22:08:00.000+01:00Ninguén acusou a Gabrial García Márquez de escrito...Ninguén acusou a Gabrial García Márquez de escritor conservador ou escapista cando escribe "Cien años de soledad" nos anos 60. Ou é que se aceptaban de mellor gana as obras "conservadoras" cando os autores non eran politicamente progresistas?
Mazarelos, Tórculo, a revolta dos pisos, o binomio de axitadores Cancio/Arias... que lonxano e cutre soa todo, non?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169059306287518262007-01-17T19:41:00.000+01:002007-01-17T19:41:00.000+01:00As palabras de Cunqueiro nos anos 60 son claras; p...As palabras de Cunqueiro nos anos 60 son claras; por iso, nun contexto proclive ó realismo (social ou non) ou á visión cotián do home no mundo, falar de mitos, fantasía, imaxinación soa a reaccionario. A outra frase é aínda máis clara porque dialoga co contexto: comprometido é un termo de moda neses anos; polo tanto, negar o políticamente correcto coloca a Cunqueiro nunha posición ideolóxica digamos conservadora. Esa era a interpretación naquela época. Outra cousa é que agora a súa posición soe doutro xeito.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169055266167802182007-01-17T18:34:00.000+01:002007-01-17T18:34:00.000+01:00Dúas citas valiosas máis de don Álvaro (creo que C...Dúas citas valiosas máis de don Álvaro (creo que Cunqueiro se explicaba moi ben nelas, non sei entón por qué non o entendían algúns):
"Creo que hay algunos asuntos: la soledad del hombre, la posibilidad de convertir en realidad los sueños..., que mueven mi producción. Si mis libros pretenden algo, será el mantener esa dosis de fantasía que el hombre necesita para vivir. Yo no me "escapo" de la situación del hombre de mi siglo. Simplemente creo que tanta importancia como tenga la realidad cotidiana, la tienen, por ejemplo, los mitos, que no son cuentos, aunque "mito" signifique cuento, sino respuestas que están ahí. Los mitos son una presencia. A mí me gusta tocarlos, reinventarlos. Creo en la necesidad de una literatura imaginativa, y en este sentido hago lo que puedo" (1960).
"P. ¿Cual es su estilo?
C. El de un escritor que no está comprometido con nadie más que consigo mismo (1960).Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169055067867151232007-01-17T18:31:00.000+01:002007-01-17T18:31:00.000+01:00Non lera o comentario anterior. En efecto, ERGA pe...Non lera o comentario anterior. En efecto, ERGA perdeu puntos naquela mobilización que, por certo, non deixou nada en termos de autoorganización e cohesión do estudantado. De feito, logo viñeron a desmobilización e despendole da época felipista. Perdón se ofendo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169054838733249262007-01-17T18:27:00.000+01:002007-01-17T18:27:00.000+01:00Da mobilización ao Arco Atlántico vía Tórculo, log...Da mobilización ao Arco Atlántico vía Tórculo, logo, se sigo lembrando ben. Parecía agudo o Mao, naquela escola sociopolítica que era Compostela.

Que se fora duro o dos pisos ("¡Queremos pisitos más baratitos!")... Que llo digan ao Miranda, o que dera a cara nunha asemblea masiva de distrito.

Volvendo ao Cunqueiro: primeiro, concordar coa estimación do anfitrión sobre a biografía de Armesto, quedábame pendente. Despois, eu estimo moito a figura do escritor e artista, polo que lle debemos; canto á obra, onde mellor o paso é coas semblanzas (relatos breves), os artigos e o libro de poesía Herba aquí e acolá (ben, con este, máis ben é sensación de grandeza, máis ca divertimento). Sobre as traducións, que poderían facer grupo co devandito título, teño unha dúbida: de cantas linguas vertería directamente, e non a través de idioma ponte?

Unha última proposta. Hai vinte e tantos anos, lera unha nota manuscrita de alguén cuxo nome eludo, e que transcribo literalmente: "Cunqueiro desluma, pero non conmove". Fagan caso omiso do castelanismo desfigurado e digan, se o teñen a ben: concordan?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169054062307296962007-01-17T18:14:00.000+01:002007-01-17T18:14:00.000+01:00Con todos os respetos, ERGA perdeu naquela mobiliz...Con todos os respetos, ERGA perdeu naquela mobilización moita da súa presencia entre o alumnado, polo menos durante varios anos, xa que tanto os ácratas coma os do MC, do PC e outras organizacións levaron sempre a voz cantante. Daquela o argumento que emprega Marcos Valcárcel non se manexaba: tan só constatei naqueles tempos, en Mazarelos onde eu estudiei, que ós de ERGA que viñan polas aulas non lles faciamos moito caso: estaban completamente desbordados e, se me permitides o termo, desautorizados.
Eu non fun ao acto pero vin entrar á comitiva á Facultade de Xeografía e Historia. E lembro tamén o entusiasmo (do que eu participaba) do estudantado. Tal vez hoxe moitos estarán arrepentidos, pero daquela ninguén mirou para os homenaxeados. Lembro agora unha famosa pintada tralo convento de antealtares: EL RECTOR NO TIENE PILILA. Tardaron moitos anos en borrala.
Nota: nunca lles tive moito aprecio ós alugadores de piso en Santiago. E sigo tendo ese prexuízo e penso que será unha das miñas teimas: ese tópico que eu chamo "contra compostellanos".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169052180198532802007-01-17T17:43:00.000+01:002007-01-17T17:43:00.000+01:00Silvestre Paradox, en efecto, como lembra X.M. Gon...Silvestre Paradox, en efecto, como lembra X.M. González. Eu non fun a aquel acto, aínda que foi na miña Facultade, pero imaxino a Cunqueiro, alucinado, sen entender nada do que pasaba: aquela situación disparatada parecíase máis a un dos seus contos que á propia realidade. A movida foi no marco da loita contra os pisos, por certo, un dos "xefes" daquela, o Sr. Mao, actual xerente do Arco Atlántico dende Vigo, da anarquía á gran xestión. E moi mal o pasaron daquela os de ERGA tamén (eu estaba abondo arredado da fronte estudantil, centrado no terreo cultural) porque, cunha loita impresionante na rúa e tamén algo "saída de madre", eles tiñan que defender, con coidadiño, a posición de moitos dos propietarios dos pisos (os que facían alugueres abusivos e usurarios) co argumento de que tamén eran parte das clases populares: porque, en efecto, entre os propietarios moitos serían pequenos propietarios familiares ou obreiros e campesiños doutrora que reinvertiran en Compostela os cartiños gañados na emigración. E non era doado soster esta tese entre aquela marabunta ácrata-mesiánica.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169051541266346722007-01-17T17:32:00.000+01:002007-01-17T17:32:00.000+01:00Porco con birrete, o mesmo que o Galín bautizara c...Porco con birrete, o mesmo que o Galín bautizara como Silvestre Paradox, se non son inexacto. "¡Cela, echa un taco!", seica animara alguén. Tiña dúbida entre o taco e o peido, pero como eu aquilo penso que o lera no periódico, debeu ser o primeiro.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169046421038250422007-01-17T16:07:00.000+01:002007-01-17T16:07:00.000+01:00Eu creo, se non recordo mal, que aquela investidur...Eu creo, se non recordo mal, que aquela investidura coincidira cunha mobilización impresionante en Santiago contra a suba das taxas e dos pisos que deixara sen aulas a universidade desde o comezo de curso. En efecto, o príncipe Galín e compaña (Arias e Cancio en efecto: ubi sunt?) con outro animal (porco ou asno con birrete, agora non lembro) entraron no paraninfo co fin de boicotear o acto. Pero as protestas ían contra o rector Suárez Núñez, non contra os homenaxeados. Que eu lembre.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169043150404652622007-01-17T15:12:00.000+01:002007-01-17T15:12:00.000+01:00Hai unha fotografía súa, sen lentes e tapando os o...Hai unha fotografía súa, sen lentes e tapando os ollos coas palmas da man, tomada no seu despacho cando era director de Faro de Vigo. Parece non ser capaz ou non querer ver a tarefa que ten diante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169031480737639322007-01-17T11:58:00.000+01:002007-01-17T11:58:00.000+01:00Cunqueiro non foi un heroe; iso parece evidencia. ...Cunqueiro non foi un heroe; iso parece evidencia. Segundo a biografía de Armesto, apegaríase á Falange en virtude dun principio de circunstancias, sucesivas unhas, simplemente encadeadas outras: preocupación inicial (1936) polo seu coñecido galeguismo; impulso por parte da súa conservadora e influínte familia; progresivo recoñecemento, por parte do Réxime, do seu talento; posibilidades de promoción persoal a partir de tal feito.

Expulsado do "paraíso", Fernández del Riego consegue que volva á literatura galega. Porque Cunqueiro escribe copiosamente en español desde ben antes de publicárenlle Dona do corpo delgado e Merlín e familia. Cunqueiro volve, pero segue escribindo en español tamén.

Sustento, fama... Non está aquí para explicalo. Si quedou, así e todo, o seu testemuño ao final da vida, cando nada tiña que demostrar (pouco, probablemente que gañar), e que reproduzo, coma case sempre, sen pretensión de ser literalmente fiel: "O castelán é unha lingua que me sabe a pan fresco". "Siempre hay una lengua de fondo, y la mía es la lengua gallega".

Dou grazas por térmolo. E lembro o irrepetible discurso, con tremorosa voz, que comeza "Bendito sexa Deus por permitirme nacer..."; onde nos chama, por certo "nación" en sentido clásico.

Outra cousa: na famosa investidura "honoris causa" (á que eu non asistira, contáronme que Cunqueiro saíu da sala rodeado dun aplauso xeneralizado; non parece, de ser así, que o apupo fose logo, precisamente, contra el. Por certo, entre os homenaxeados estaba tamén Joseph M. Piel.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169028148907550012007-01-17T11:02:00.000+01:002007-01-17T11:02:00.000+01:00Dixen que Ferrín falaba sempre moi eloxiosamente d...Dixen que Ferrín falaba sempre moi eloxiosamente da calidade literaria de Cunqueiro. E o mesmo vale dicir de Ferrín e Torrente: sempre palabras eloxiosas, á marxe da súa ideoloxía, tan conflictiva (falanxista, católico, logo crítico co réxime, etc.)Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1169027604611187372007-01-17T10:53:00.000+01:002007-01-17T10:53:00.000+01:00Suso de Toro escribiu hai pouco (non lin Home sen ...Suso de Toro escribiu hai pouco (non lin Home sen nome onde seica tamén o trata) sobre Torrente en termos moi pouco eloxiosos (por empregar unha litote esaxerada): sería posible comentarios tan duros sobre Cunqueiro nun xornal hoxendía?
Sobre a censura no franquismo, conviría revisar caso por caso e libro por libro para ver en qué aspectos o texto en cuestión puido ter problemas. Non creo que por escribir en galego houbera problemas á altura dos anos en que escribe Cunqueiro, sendo ademáis director nada máis nin nada menos que do FARO DE VIGO. O de arriscar está por demostrar: se hai probas, eu encantado as admito, pero é conveniente non mitificar a suposta audacia de certos autores por escribir en galego.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1168993592936851622007-01-17T01:26:00.000+01:002007-01-17T01:26:00.000+01:00Lin hai tempo o libro de Faginas e mais as cartas ...Lin hai tempo o libro de Faginas e mais as cartas de Cunqueiro a Fco Fdz del Riego.

Sobre a implicación de Cunqueiro con Falanxe nos primeiros anos do franquismo, hai tres teorías explicativas:
1.- A teoría do "grande medo", que algunha xente aplicou á traxectoria ideolóxica de Vicente Risco despois da guerra civl.
2.- Cunqueiro realmente apoiaba o franquismo porque cría nel (e apoiaba, polo tanto, todas as tropelías que se cometeron no seu nome. Tamén cando defendía o nazismo nun artigo de 1940, no que se felicita pola próxima destrución de Inglaterra (hai que recordar que vintepico anos despois faría unha visita a ese país co seu amigo Fco Fdz del Riego).
3.- Cunqueiro meteuse en Falanxe por presións familiares e para poder sobrevivir economicamente. A súa colaboración nos medios franquistas era unha impostura. Cunquiero non tiña unha ideoloxía definida.

Na súa vida parece que hai un antes e un despois da súa separación, que é o elemento detonate, xunto cos ánimos do seu amigo del RIego, para qeu volva á literatura (en galego). Nos anos 50 tivo moito mérito que se decidise a volver escribir en galego, sobre todo porque sabía que nin lle daría cartos nin sona fóra de Galicia. Para daquela, non apoiaba o franquismo, e nunha carta quéixase de como o trataba a censura (tivo problemas co "Hamlet"). Sente que non é valorado en Galicia (sobre todo o seu teatro) e decide dar o salto á creación en español, o que lle proporciona recoñecemento fóra.Anonymousnoreply@blogger.com