tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post1518268096708413819..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger32125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42704156406683883272008-06-06T10:52:00.000+02:002008-06-06T10:52:00.000+02:00Graciñas polo documento, Arume. Boa cousa que se p...Graciñas polo documento, Arume. Boa cousa que se poidan empezar a ler os versos do gran Pimentel na lingua italiana.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21062381864475914222008-06-06T10:13:00.000+02:002008-06-06T10:13:00.000+02:00Tocante ao outro asunto: resulta revelador este re...Tocante ao outro asunto: resulta revelador este rebumbio arredor da moción conxunta BNG-PP, solicitanto a instancia de ADEGA que o trazado dunha travesía (responsabilidade do ministerio de Fomento) se desvíe para salvar unha carballeira. Sobre todo, considerando que Orozco pacta co PP orzamento, outras cousas, di o PSOE que é un acto de responsabilidade en beneficio da cidade e poucas cadeiras se moven.

En fin, non pasa nada: Laxe, portavoz do Bloque, declarou antonte que una vez y nada más (imaxinen a este González con cara de póker). E non hai noticias sobre unha posible integración do alcalde no PPdeSG. O Mississipi por onde adoitaba, e eu co choio consabido. Haxa bo día.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-78662555796559445132008-06-06T10:06:00.000+02:002008-06-06T10:06:00.000+02:00Interesantísima e medida a introdución a Pimentel ...Interesantísima e medida a introdución a Pimentel que achega o Arume. A cuestión do(s) código(s) lingüístico(s) utilizado(s) non é simple: hai quen ten negado que usase o galego como primeira lingua nunca (coa idea de que todos os textos en galego eran traducidos), e nalgún caso, por cuestión de rima, tal suposición nte improbable; u vez máis, lamento falta de tempo para máis desenvolvemento. Engado un par de pezas de elección persoal.

O ENTERRO DO NENO POBRE

Punteiros de gaita
acompañábano.
O pai de negro;
no mar, unha vela
branca.

Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.
Abaixo, o mar;
o camiño no aire
da mañá.
Il iba de camisa limpa
e zoquiñas brancas.
Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.

NAI DE GALICIA

Chámate Rosalía:
non vaias.
Nin camelias
nin campás.
Guinda ise delantal
de camposanto
que levache sempre.
Berra forte, érquete;
chama ós teus afogados
e ós teus mortos;
fálalles duro.
Na túa pelvis de seixo
hai un neno de terra.
Aí estás preñada
enriba do acantilado
frente a un mar tenebroso.
Berra forte, érguete.
Levanta as maos,
e abre ises ollos craros e limpos.
Olla ó ceo
Deus espera algo de ti.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39205305133003546662008-06-05T23:07:00.000+02:002008-06-05T23:07:00.000+02:00Dado que o BNG é a terceira forza política en liza...Dado que o BNG é a terceira forza política en liza, ¿considerarían normal, lóxico e mesmo desexable que se convertese nun partido bisagra que ora pacta co PSOE ora pacta co PP en función de múltiples variables?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46858406877959943192008-06-05T23:03:00.000+02:002008-06-05T23:03:00.000+02:00González, xa te vexo militando no PPdeBNG.González, xa te vexo militando no PPdeBNG.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75932684344070531242008-06-05T22:57:00.000+02:002008-06-05T22:57:00.000+02:00Curioso enlace: Luis Pimentel.Curioso enlace: Luis Pimentel.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-7807449381468038622008-06-05T22:55:00.000+02:002008-06-05T22:55:00.000+02:00Primeiro Corcubión e despois Lugo... pobres alcald...Primeiro Corcubión e despois Lugo... pobres alcaldes socialistas treizoados alevosamente cando só procuran o ben do pobo...lourixehttps://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38454488824303826562008-06-05T22:44:00.000+02:002008-06-05T22:44:00.000+02:00Velaí o artigo do Saavedra.El Progreso, MIRA LUGO ...Velaí o artigo do Saavedra.

El Progreso, MIRA LUGO / Xoves

Creto

Xosé M. González.

Por veces, o Lugo actual e moderno imítase ao meu Luguiño da infancia e xuventude. Parecía entón que onda nós todo chegaba tarde: a estrea das películas; a primeira discoteca, Pipper’s, cando en calquera outra cidade galega levaban anos danzando a cores. Confirmou tal apego á remisión que ata o remate do século XX a data dun levantamento militar antidemocrático (18 de xullo) se mantivese como denominación para certa populosa avenida. Quizá tamén que, estes últimos días, constitúa materia de gran portada unha moción conxunta do PP e mailo BNG.

O partido conservador e o grupo nacionalista fixeron súa no concello unha proposta de conservación ambiental. Apenas dá creto, leo, o alcalde que se apoia naquel para aprobar os seus proxectos e orzamento; vese, por outra banda, tipificado o asunto como mostra de tanxencia entre extremos políticos. E eu recupero, decididamente, a vella sensación de lentitude local á hora de asumir ou procesar as novidades; quizá por efecto da dieta tradicional, seica os lugueses debemos ter a dixestión lenta.

Recapacítese. Durante anos, circulou o tópico de que PP e BNG eran tan incompatibles que mesmo o saúdo mutuo resultaría operación delicada; adoitaba ser paralelo á noción de que ningún axente social de peso (empresarios, por exemplo) tomaba en serio os nacionalistas. De maneira obvia para quen observa, unha figura destacada no BNG foi concelleiro de Economía en Lugo, agora é conselleiro de Industria na Xunta e en ambos lugares suscitou notable e positivo xuízo entre investidores e promotores privados. Igual máis discretamente, pero sen segredo, hai tempo que Feijoo e Quintana manteñen interlocución e non sempre acaban en total desacordo. Sorprende, logo, a contumacia e resistencia do tópico.

Extraendo como extraía particular beneficio, ao PSOE non lle viña mal esa premisa ou hipoteca segundo a cal os outros dous grupos nunca se poderían concertar; así se entenden certas manobras políticas suscitadas na bastante desigual relación que mantiñan co seu habitual socio nacionalista. Cando no 2003 o Bloque forzou en Vigo a caída de Pérez Mariño, foi patente que a premisa deixaba de ser útil; e aínda que siga tendo algunha viabilidade como reclamo electoral, convén ila abandonando. Nesta altura, os tres grupos políticos tentan seducir cara ás catro esquinas da realidade social. Dialogan, chegan a acordo e isto non fixo máis ca empezar, en Lugo como fóra. Dean creto.

05/06/2008Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38792777138777526072008-06-05T18:57:00.000+02:002008-06-05T18:57:00.000+02:00Señor das Uvas, se non está suscrito, coido que no...Señor das Uvas, se non está suscrito, coido que non pode acceder á edición en .pdf de El Progreso até as 12:00h do día seguinte. Daquela haberá que agardar a mañá para ler e linkear o que foi publicado hoxe.
Roxos arrepentidos haivos ben máis dos que o confesan. A un deles fai referencia unha viñeta de Romeu neste mesmo blog.lourixehttps://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67654287929595105862008-06-05T18:16:00.000+02:002008-06-05T18:16:00.000+02:00Que está achegando vostede de interese ao tema que...Que está achegando vostede de interese ao tema que se debate neste fío, señor anónimo coñecido de sempre? Por que volve sempre ao de sempre? Non é mal rollo o que fai? Como se chama logo o de vostede? Acougue. Sen polémicas estériles, please. Non estregue o fío.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15871010711113002642008-06-05T18:00:00.000+02:002008-06-05T18:00:00.000+02:00Comentario dun lector:Ollo: non confundamos os "ma...Comentario dun lector:

Ollo: non confundamos os "malos rollos" cos comentarios máis ou menos críticos. Ítem, non metan a todos os anónimos no mesmo saco. Moitos anónimos participan, pasan o seu tempiño aquí, aportan cousas e, polo tanto, teñen tanto dereito coma vostedes, señores (faltan señoras) habituais, a dicir o que lle saia da alma. Fóra dos que se dedican a insultar, terían que preguntarse por que hai tanta xente que escribe aquí e non sae do anonimato. Equilicuá?

E para concluír, e isto vai especialmente para un dos que participan neste fío, faga o favor de non vocear o "nick" de antigos participantes en van. Queda claro ou téñollo que explicar outra volta?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66090867745079092492008-06-05T17:55:00.000+02:002008-06-05T17:55:00.000+02:00PROMETO SER BUENO, ESPECTRAL OJO QUE TODO LO VE.-PROMETO SER BUENO, ESPECTRAL OJO QUE TODO LO VE.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28180179530484095712008-06-05T17:42:00.000+02:002008-06-05T17:42:00.000+02:00Contención, Medela, contención. Esa é a consigna: ...Contención, Medela, contención. Esa é a consigna: non acaparar demasiado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-34320016859575289802008-06-05T17:07:00.000+02:002008-06-05T17:07:00.000+02:00Grazas, Lord of Piñeiros: Estou a ver que a paisax...Grazas, Lord of Piñeiros: Estou a ver que a paisaxe siciliana non se diferencia moito coa de Calvos de Randín, terra 'magnética' para min.

O amigo Modugno ten máis sentimento do que pensaba.

Grazas, amigo, un saúdo.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5034164089002116642008-06-05T17:01:00.000+02:002008-06-05T17:01:00.000+02:00Delapierre, o XMG debe andar ocupado. Eu busquei o...Delapierre, o XMG debe andar ocupado. Eu busquei o seu artigo na web de El Progreso, pero de momento non o encontrei.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-31051966884059262262008-06-05T16:57:00.000+02:002008-06-05T16:57:00.000+02:00Ben dito, J.Delapierre, no que se refire á contorn...Ben dito, J.Delapierre, no que se refire á contorna luguesa. E iso que o Fole novo (dos anos republicanos) era un "roxo" de coidado, e marxista: logo mudou, neste aspecto.
Comparto tamén a brillante análise de Apicultor que admite maiores desenvolvementos.
(A ver se somos capaces de manter un debate serio neste fío, sen caír en "malos rollos"...)Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54661738050627966732008-06-05T16:12:00.000+02:002008-06-05T16:12:00.000+02:00Por outra banda, prégenlle o Saavedra que lles col...Por outra banda, prégenlle o Saavedra que lles colgue o seu artígo de hoxe do Progreso.
Que lles dicía eu, xa o teño a puntiño, necesita un empurronciño. Nas próximas votamos a centrodereita.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52650819500218466662008-06-05T16:07:00.000+02:002008-06-05T16:07:00.000+02:00A pregunta formulada amén do que dín acertadamente...A pregunta formulada amén do que dín acertadamente os meus antecesores na palabra, estriba en si se diferencia entre o antifranquista galeguista e o marxista.
O franquismo ou millor dito os franquistas, gañadores da guerra, conxunto cos falangistas consideraban enemigos os marxistas e os galeguistas, xa que nacionalistas galegos -polo que hoxe se entende como nacionalista non había.
Se tes falado de vagar con Manolo Beiras chegabas a conclusión de que si eres galeguista o réxime non te acolle e xa que non te integras nel, pasas a considerate militante antifranquista. Pero nese antifranquismo a partires do 1.950 foise diferenciando e distanciando do marxista do que se decatou o propio réxime, momento no cal foi atraendo perto de sí, a todos os galeguistas que por cuestións relixiosas e profesionais e primordialmente culturais fóronse desmarcando da liña marxista que impoñía o nacionalismo.
Na tertulia do Méndez en Lugo, sendo produndamente galeguistas todos, había máis síntonía entre os que eran comunistas -Alonso, Manuel María, Novoneyra- e da outra banda máis heteroxeneidade, Celestino, Fole, Pimentel, Anxel Xohan, Cunqueiro, Carballo e máis culturalismo no senso que lle da o Api.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45507553570304634462008-06-05T16:00:00.000+02:002008-06-05T16:00:00.000+02:00Sabe Metella: o canario que teño na casa canta can...Sabe Metella: o canario que teño na casa canta cando lle poño Modugno no teléfono móbil. Vaia por vostede, pois.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66986734849357294162008-06-05T15:19:00.000+02:002008-06-05T15:19:00.000+02:00Gripe, gastroenterite e esgotamento nervioso.Peor ...Gripe, gastroenterite e esgotamento nervioso.
Peor foi en Stalingrado, lembra??

Saúdos e grazas de novo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56429692493769964422008-06-05T14:47:00.000+02:002008-06-05T14:47:00.000+02:00Non hai de qué, Medela. A mandar! Fago votos para ...Non hai de qué, Medela. A mandar! Fago votos para que se recupere axiña desa doenza primaveral (non sei se lle sería de estar tantas horas á fronte do ecrán).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44868738853341863702008-06-05T13:43:00.000+02:002008-06-05T13:43:00.000+02:00Apicultor: Grazas.Apicultor: Grazas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-37428947035965969682008-06-05T13:31:00.000+02:002008-06-05T13:31:00.000+02:00Interesantísimo debate. Celebro grandemente que o ...Interesantísimo debate. Celebro grandemente que o blog volva polos seus fueros.

Cómpre, en efecto, discernir. E unha das cousas a ter en conta é a porosidade do galeguismo de postguerra (digamos de 1945 até 1975). Con tal termo quero significar que nel confluiron persoas do máis diversas, con posicións e matices políticos diferentes, unidas todas polo común denominador de preservar a cultura en galego.

O que houbo foi un proxecto de integración galeguista no que a política era o de menos e a cultura o de máis. Conviviron nese galeguismo persoas que eran antifranquistas en diversos graos (loxicamente máis nunha dimensión “pasiva”) con franquistas con diversos graos de adhesión ao Réxime.

Coido que esa foi a intención de Ramón Piñeiro e Paco del Riego: integrar a todos os integrables, recuperalos para a cultura galega alén das posicións ou afinidades políticas concretas. Foi, pois, un proxecto conscientemente culturalista (no mellor sentido da palabra) no que tiñan cabida desde o galeguismo máis sentimental ou emotivo (tanto o apolítico como o proclive ao franquismo) até o galeguismo implicitamente máis político (e antifranquista).

Relacionado con isto último, pero noutro plano diferente aínda que osmoticamente relacionado, Piñeiro e del Riego tamén fixeron un labor proselitista coas novas xeracións ás que si tentaron imbuír de determinadas orientacións de galeguismo político (non de nacionalismo en sentido estrito).

Moitas veces ofrécese un relato mitificado dese galeguismo de postguerra, facendo equiparable sen máis o ser favorable á potenciación da cultura galega a ser antifranquista. Cousa que non era sempre así.

Naturalmente, isto non lle resta un ápice de importancia ao labor titánico, pero coas súas inevitables eivas, desenvolvido polo núcleo duro do galeguismo de postguerra.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-19210419739952441982008-06-05T11:31:00.000+02:002008-06-05T11:31:00.000+02:00Homenaxe ao gaite(i)ro galego. Ribadeo. Agosto de ...Homenaxe ao gaite(i)ro galego. Ribadeo. Agosto de 1965. Fraga Iribarne. Álvaro Cunqueiro (mágoa que non poidamos escoitar as súas palabras). Himno galego. Coro Toxos e Flores.

Gústanme este tipo de documentos. Este, desde logo, era o galeguismo que estaba mellor visto.

Primeira parte

Segunda parteAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-29014780223651261422008-06-05T11:01:00.000+02:002008-06-05T11:01:00.000+02:00De tódolos xeitos, esa dimensión puramente sentime...De tódolos xeitos, esa dimensión puramente sentimental da que fala Saavedra ou ese galeguismo emotivo do que fala Valcárcel non están moi lonxe (e con perdón) de certo colorido folclórico que invade a outros lugares. Eu, sen un compoñente político, non son quen de comprender o galeguismo. O aprecio pola lingua (e uso, mesmo en circunstancias difíciles) ou polos costumes propios non supón iso que damos en chamar galeguismo. Iso creo.Anonymousnoreply@blogger.com