tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post1574763917402787043..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger62125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-22476173830977730282007-04-24T01:34:00.000+02:002007-04-24T01:34:00.000+02:00¡Quen falou, que a casa honrou! É o primeiro que s...¡Quen falou, que a casa honrou! É o primeiro que se me vén á cabeza lendo este texto de Risco, sobre todo pola súa maneira de referirse aos "viciosos" como "cobardes, egoístas, sen folgos para ningún sacrificio". Cantas veces o mellor é quedar calado!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39441401060947283782007-04-23T23:36:00.000+02:002007-04-23T23:36:00.000+02:00Semen retentum venenum est. Así, a bote pronto. Co...Semen retentum venenum est. Así, a bote pronto. Coma o Mcenroe cando lle tiraban a bola ao pé e el levantabaa con aquela elegancia digna de Bernini.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74477906131500955122007-04-23T23:16:00.000+02:002007-04-23T23:16:00.000+02:00Arestora estou feito un malandro provocador. Daque...Arestora estou feito un malandro provocador. Daquela, velaí vai unha cita de agasallo para Arume, que remato de ver nun blog que se cita máis abaixo. É de Vicente Risco (quen non é santo da súa devoción), e ten a intención de provocar en vostede un comentario vitriólico:

Sinxelamente: o fomento centífico do vicio, a base de bioloxía e de psiquiatría freudiana e de endocrinismo e demáis chafalladas. Que non é outra cousa máis que vicio, iso do amor libre, ao que tenden estas propagandas, máis ou menos direitamente. Non hai, non pode haber amor libre; o que chaman amor libre non é máis que vicio libre. O amor, por natureza, é servidume; onde hai libertade non hai amor. O amor non se pode reducir a un asunto de sexos. A virxinidade, o casamento, a fidelidade, os fillos, son cousas que requiren alma, que requiren sentimento, que requiren virtude, que custan esforzo e sacrifizo. Istes probes de esprito, istes cobardes, istes egoístas que compoñen o mundo moderno, non teñen folgos nen arnaces para ningún esforzo, para ningún sacrifizo. Pésalles a moral porque non teñen coraxe para ela, porque son menos homes que os de enantes; o que queren é aforrar traballos e darlle gusto ao corpiño. E non faltan doutores sen vergonza nen literatos cínicos para xustificaren a sua larchaneiría. Veleiquí o segredo do problema sexual.

Texto de Vicente Risco publicado na revista Nós, número 119, páx. 238; citado na biografía escrita por Carlos Casares sobre o intelectual ourensán, editada por Galaxia.

posted by galeidoscopioAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87188073253712323642007-04-23T15:58:00.000+02:002007-04-23T15:58:00.000+02:00O vitriolo é o pan e o sal da vida. Se todos fósem...O vitriolo é o pan e o sal da vida. Se todos fósemos boíños e ben pensados en todo, o mundo sería un aburrimento.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86340505065956785392007-04-23T14:16:00.000+02:002007-04-23T14:16:00.000+02:00Lástima. Aínda que quen sabe o que direi mañá.Lástima. Aínda que quen sabe o que direi mañá.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-40579623309389012562007-04-23T11:54:00.000+02:002007-04-23T11:54:00.000+02:00Xa lle digo, amigo González, teño día compracente....Xa lle digo, amigo González, teño día compracente. Mañán xa veremos: o vitriolo seguro que aparece. E, por suposto, nin teño pavillón que defender nen alma (nin corpo) de alférez para levantar bandeira algunha.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-77549232277800163142007-04-23T10:49:00.000+02:002007-04-23T10:49:00.000+02:00Efectivamente, non hay unha prelación temporal que...Efectivamente, non hay unha prelación temporal que obrigue a discutir primeiro a competencia dunha parte do profesorado universitario. O unico que quería dicir é que "a verdade é a verdade, independentemente de quen a diga. Dito doutro modo: que non se pode descalificar unha crítica é endogamia e ao potlach intra e interuniversitario dicindo: "si, pero os profesores de Ensino Medio tamén teñen moito que rañar".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21307418958566551692007-04-23T10:18:00.000+02:002007-04-23T10:18:00.000+02:00Non lle ha ser a primavera, Arume, senón o efecto ...Non lle ha ser a primavera, Arume, senón o efecto benéfico do Día do Libro.

De calquera maneira, iso que di hao ter que probar na presenza do seu avogado: logo de agradecer a parte que me toca, direi que a expresión resoa moito co da "mocidade mellor preparada da nosa historia", "os que máis galego saben", etc.

Cousas que se din, habitualmente, para contrarrestar deficiencias. Discurso vs. insuficiencia constatada. Veña, defenda o seu pavillón.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86134193630372374462007-04-23T10:00:00.000+02:002007-04-23T10:00:00.000+02:00Hoxe teño un día compracente (ha ser o sangue xa a...Hoxe teño un día compracente (ha ser o sangue xa alterado pola primavera) e ouso declarar que non houbo na historia deste país profesorado mellor preparado do que hoxe. Vigo, a 23 de abril de 2007.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6141988421465556632007-04-23T09:42:00.000+02:002007-04-23T09:42:00.000+02:00Case mellor discutimos todo no mesmo tempo, ou? Po...Case mellor discutimos todo no mesmo tempo, ou? Porque non me parece que haxa, neste caso, prelación ningunha e pouco sentido teñen as distncións de tufo corporativo, aínda as que veñen de sedicente posición anticorporativa.

Asina isto un profesor de secundaria.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-365612171126844092007-04-23T08:29:00.000+02:002007-04-23T08:29:00.000+02:00Dicir que a universidade é un niño de amiguismo e ...Dicir que a universidade é un niño de amiguismo e endogamia é, en efecto, unha crítica, que, como tal, pode ser discutida cun mellor argumento. Engadir que "é un segredo a voces" é un efecto retórico perfectamente admisible, neste contexto. Para ser exactos: o que hai que discutir non é o do segredo senón o da endogamia, o amiguismo e a falla de preparación dos profesores universitarios. Despóis podemos entrar a discutir a porcentaxe dos profesores de Bacharelato que entraron por oposicións restrinxidas e decidir se ese é un sistema adecuado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-31403532173672909132007-04-23T00:41:00.000+02:002007-04-23T00:41:00.000+02:00Claro, amigo Duarte: os segredos a voces son tan e...Claro, amigo Duarte: os segredos a voces son tan evidentes, que para que debatelos. Tan simple e simplista é dicir que a universidade é un niño de amiguismo e que todo o que entra nela se converte nun servo da gleba, como que os profesores de Ensino Medio son unha grea de ignorantes que hai anos que non len un libro e en máis dunha ocasión entraron mercé aos puntos acugulados por seren interinos. Ou que os escolantes só entenden de aprender o abecedario. Se as críticas se han xulgar pola súa consistencia, non creo que os segredos a voces a teñan. Neste derradeiro caso, pechemos o blog e poñámonos a adorar crenzas e consignas, que parece ser que é aquilo para o que vale a xente, non é?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30277911604010175532007-04-22T22:04:00.000+02:002007-04-22T22:04:00.000+02:00"con resentimentos corporativos tampouco non se so..."con resentimentos corporativos tampouco non se soluciona nada", dixo o amigo Isildur, como tratando de desactivar as críticas á situación da Universidade, en virtude de que, en ocasións, proceden de xente do Ensino Medio. É normal que sexa así; os profesores universitarios accederon, nunha porcentaxe importante, polos mecanismos de cooptación ou semicoopatación habituais na Academia, é non é de esperar que os denuncien; e os que accederon doutro modo adoitan seguir o principio (por outro lado moi respetable) de non morder a man que che dá de comer.As críticas descalifícanse polo súa debilidade argumental; non pola profesión dos que as emiten. Que a universidade é un niño de amiguismo e endogamia é un segredo a voces.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27612452121265687192007-04-22T10:28:00.000+02:002007-04-22T10:28:00.000+02:00Sexan ambiciososo e non conformistas. Non se engan...Sexan ambiciososo e non conformistas. Non se enganen, o ensino galego regularciño, unha máquina de criar funcionarios e mileuristas en lugar de emprendedores, profesionais e intelectuais.

Négome a conformarme cun ensino bonciño. Pago unha boa procentaxe de IRPF, coma moita xente nova, levo investidos moitos cartos e tempo en formación e creo que temos dereito a esixir o máximo nível. Non me basta un comentario do tipo "non estamos tan mal".

Cultivemos a excelencia. Precisamente porque nos contentamos cun ensino bo, temos un ensino regular. Pidan o óptimo e terán o bo.Xosé Manuel Carreirahttps://www.blogger.com/profile/11874312282479409720noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36156475805746820762007-04-22T10:11:00.000+02:002007-04-22T10:11:00.000+02:00Sigo coas miñas microintervencións neste fío, en f...Sigo coas miñas microintervencións neste fío, en forma de breves preguntas:

O fracaso escolar (sistémico), ¿é privativo da Península Ibérica?

A cultura icónica (cada vez menos bibliográfica), ¿ten responsabilidade importante?

A tendencia do profesorado a pregar e aprobar incompetentes que chegan ao 4 no exame, ¿ata onde conducirá?

Tributo particular a profesores lembrados. Preuniversitario de Letras, Instituto Masculino de Lugo (agora "Lucus Augusti"), curso 1970-71: de sete profesores, doulles só tres nomes: Xesús Alonso Montero (Literatura), Amable Veiga Arias (Latín), Ánxel González Fernández (Filosofía); podería engadir outros tres, menos coñecidos pero igualmente competentes. Loxicamente, era elenco prestixiado en todo o país; e eu ben que me aproveitei.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50624409489335779172007-04-22T01:10:00.000+02:002007-04-22T01:10:00.000+02:00Non sei si e xuizoso deixarse levar polo tremendis...Non sei si e xuizoso deixarse levar polo tremendismo nestes temas... Si fora así, deberíamos de pedir que deteñan os responsables educativos dos trinta ou trinta e cinco últimos anos (¿Cando empezou realmente ese deterioro educativo que tantos debuxan?) por delitos contra a humanidade….

E ben certo que as decisións de moitos responsables políticos probablemente non sexan mais acertadas (tampouco errarán sempre e en todo ¿non? sería case imposible, nin a propósito se pode facer), pero a pesar delo a min non me casa tradución que terían moitas das opinións vertidas nesta entrada coa realidade do teimudo mundo real.

Se a praxe educativa do noso país é unha terrible arma de destrución masiva, tal e como se debuxa por algúns dos intervintes e, tendo en conta conta que a formación é o gran factor que explica, todo ou case todo, o desenvolvemento dunha sociedade en calquera dos seus aspectos…..¿Como é posible que teñamos progresado tanto (¿nos últimos 35 anos?) en tódolos aspectos sociais, económicos, investigadores, culturais (si culturais tamén que neguen se asuste)…. co sistema educativo que se debuxa en algunha intervención? ¿Estamos destinados pois a ser cada vez mais probes en tódolos aspectos (tal e como se derivaría si o sistema educativo e o que tantas veces se reflexa)? ¿Por que existe tanta tendencia a autoflaxelación nos entorno académico-educativo? ¿E esa a mellor maneira de dar unha resposta coherente e atender o obxectivo principal de axudar a aprender a aprender? ¿Damos así cumprida resposta á desvalorización da función docente, o seu recoñecemento e/ou a inadecuada incentivación da totalidade de axentes do sistema? ¿Demasiada paixón e ansiedade?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17772021731202022712007-04-21T22:17:00.000+02:002007-04-21T22:17:00.000+02:00Extraordinaria e sinxela a canción, Arume, con Dyl...Extraordinaria e sinxela a canción, Arume, con Dylan e Johnny Cash ao alimón.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11446293652735503312007-04-21T21:48:00.000+02:002007-04-21T21:48:00.000+02:00Por certo, eu tiven unha profesora que era de Oure...Por certo, eu tiven unha profesora que era de Ourense, que se chamaba e supoño que se chama Nieves Vñazquez, que debe dar clase por un instituto de Ourense, que foi a principal culpable (foelix culpa) de que eu fixera o que fixen: das que un se lembra toda a vida. Se alguén de por eses lares coñécea deanlle bós recordos de mín. Ela saberá quen foi (Parece a versión galega de Girl from the North Country de Dylan)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5727475266921565302007-04-21T21:15:00.000+02:002007-04-21T21:15:00.000+02:00Efectivamente, tampouco hai tantos profesores do E...Efectivamente, tampouco hai tantos profesores do E.Medio, dos que nós tivemos, que pagase a pena relembrar: aínda que aqueles eran outros tempos, en clave política claro. Pero algún había que si podemos gardar na lembranza: unha nova profesora de León que chegou ó Instituto de Ourense e soubo facer unhas clases boas e participativas é a responsable de que varios dos alí presentes como alumnos estudiasemos logo Historia (e non Filoloxía, como nos recomendaban outros; ironías do destino, varios deles, acabamos sendo profesores de Galego tamén). Tamén hai que dicir que todos tivemos, en medias e na Universidade, profesores competentes que quizais naquel momento non soubemos como tales. E moitos outros que non había por onde collelos: moitos de Arte e de Xeografía, dptos. copados polo Opus daquela, en Xfía e Historia 1975-1980, p.ex. Cando chegaba un profesor con outro talante, sobre todo nos cursos máis altos(Barreiro, Villares, etc.) nin sequera tiña que esforzarse moito para que o alumnado enganchase coas súas clases.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-71713339747255918802007-04-21T18:32:00.000+02:002007-04-21T18:32:00.000+02:00Sexamos cautos e mellor non facer esa perigosa pre...Sexamos cautos e mellor non facer esa perigosa pregunta, amigo Arume. Porque (ai!) lembraranse de vostedes algúns dos seus alumnos?

Cando as barbas do teu veciño...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-8700376653900855302007-04-21T17:22:00.000+02:002007-04-21T17:22:00.000+02:00Amigo Isildur: fagamos a proba do nove: cantos pro...Amigo Isildur: fagamos a proba do nove: cantos profesores dos perto de 35 que tivemos nós no ensino medio poden pasar á nosa posteridade como bós profesores?
E dos 25 ou 30 que tivemos os que chegamos a ir á universidade?
Pois iso: que ten vostede toda a razón.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-80358588230715900242007-04-21T16:53:00.000+02:002007-04-21T16:53:00.000+02:00Sobre o nivel dos estudantes na Universidade pódes...Sobre o nivel dos estudantes na Universidade pódese falar moito. Pero é unha cadea que vén de atrás: os docentes universitarios botan a culpa aos de ensino medio, estes aos mestres de primaria, estes aos de preescolar, e estes últimos xa non teñen a quen. A familia tamén inflúe.
De todos os xeitos, dous apontamentos. Un: o tema dos horarios escolares é un desastre para conciliar vida laboral e familiar. Pero os sindicatos de ensino non contribúen a mellorar a imaxe social dos ensinantes mascarando as reivindicacións dos seus afiliados (que, coma as de todo traballador, consisten en negarse a traballar máis polo mesmo soldo) con argumentos disparatados para "non seren impopulares". Dous: na Universidade (galega e española e de moitos sitios) hai sen dúbida moita inxustiza nos criterios de acceso a prazas docentes. Pero con resentimentos corporativos tampouco non se soluciona nada: poderiamos falar da vergoña de hai anos pola que os "interinos" non tiñan nin que sacar aprobado nas oposicións de Ensino Medio, destas propias oposicións (nas que tamén hai de todo) ou do corporativismo de todos os corpos docentes, que sempre envexan ao de enriba e machacan ao de abaixo. Non se trata de "que se quiten eses que me poño eu". Ou, polo menos, non é tan doado. En todos os corpos docentes hai de todo: hai cátedros que non fan nada, como hai profesores de Ensino Medio que non len un libro hai décadas, como hai profesores de Ensino Primario que escreben con grallas de ortografía. E nos tres chanzos hai excelentes profesionais.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39003115580435998012007-04-21T15:55:00.000+02:002007-04-21T15:55:00.000+02:00Ao revés: tocado e fundido.Ao revés: tocado e fundido.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-90417632899758120112007-04-21T15:54:00.000+02:002007-04-21T15:54:00.000+02:00Un amigo meu, que dá clases na universidade, contá...Un amigo meu, que dá clases na universidade, contábame o outro día que un alumno, de 3º curso da diplomatura de maxisterio, facendo unha (moi pobre) exposición na clase puña nas trasparencias que usaba como guión: Fernando 7º e F7.

Ou sexa, fundido e tocado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53805733853362092962007-04-21T14:22:00.000+02:002007-04-21T14:22:00.000+02:00En xeral, coincido co dito (entre outros) por Anón...En xeral, coincido co dito (entre outros) por Anónimo, González e Mendinho, polo que non o repetirei.

Gustaríame engadir que semella que hogano todo o mundo ten que ser notario/neurocirurxán/enxeñeiro aeronáutico. Que iso é o democrático e o contrario é clasismo. Eu intentarei que o meu fillo estudie o máximo posible. Pero se chegado o momento non quixera ou non estivera capacitado para seguir estudiando, non creo que tivera sentido que eu o animase a que fixera unha carreira aínda que lle levara 12 anos, ou que lle mercara o título nunha universidade privada. Non creo que fora ningunha desgracia que fixera unha FP (ou como se chame agora), pero non entendo porque en xeral a sociedade ten moi a menos eses estudios. Hai moita xente que prefire facer calquera carreira e acabar traballando do primeiro que apareza e non facer unha FP.Ulixeshttps://www.blogger.com/profile/15392041416591286915noreply@blogger.com