tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post2431020712222455743..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66604123717530424322007-05-12T17:30:00.000+02:002007-05-12T17:30:00.000+02:00Mágoa non poder cortar e pegar, pero Salazar fala ...Mágoa non poder cortar e pegar, pero Salazar fala concretamente de España e de Italia. Tamén quero dicir que empregar o DRAE para definir conceptos, cando os académicos definen tal termo moitos anos atrás, é complicado. A vixencia do diccionario é relativa; sempre hai que ter en conta cando se completou o lema correpondiente. No caso do laicismo, tal palabra non figura ata o ano 1914 e laico tampouco co sentido que ten agora. Curiosamente, o termo laico sempre vai asociado por contraposición (coma lego) aos que reciben as ordes relixiosas. Polo tanto, para un Estado é mellor a indiferencia que establecerse por oposición a algo. En fin, son cousas de filólogo, ás que non convén dar pábulo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54847183677257082432007-05-12T11:05:00.000+02:002007-05-12T11:05:00.000+02:00Naturalmente que ten razón Arume no da igrexa e a ...Naturalmente que ten razón Arume no da igrexa e a Constitución. Pero eu non recordo que o artigo ao que se refire cometera tan craso erro, se ben é certo que tampouco tomei notas nin, talvez, o lin todo o tempo coa debida atención.

En todo caso será algo circunstancial, porque os textos apenas se refiren á cuestión española substantivamente, senón que, sobre todo, son reflexións filosóficas e políticas de alcance máis ou menos xeral por parte de tres mexicanos e un italiano, se agora non lembro mal.

De todas formas, achegan ideas interesantes para o debate, mesmo, se cadra, para disentir delas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-2553753324190119742007-05-12T10:49:00.000+02:002007-05-12T10:49:00.000+02:00Pero home, Leituga, se temos unha Constitución mac...Pero home, Leituga, se temos unha Constitución macanuda... e a Transición (con maiúsculas) é un modelo para nacións menos desenvolvidas democraticamente... como se lle ocorre dicir que os privilexios da igrexa católica forman parte das varias cesións que houbo que facer cos post-franquistas...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1138543109091891042007-05-12T02:37:00.000+02:002007-05-12T02:37:00.000+02:00Desgraciadamente, creo que ten razón, Arume. O "pr...Desgraciadamente, creo que ten razón, Arume. O "privilexio de mención" adquirido pola Igrexa Católica na Constitución -e nin unha soa palabra dese texto é insignificante- foi unha das varias cesións que houbo que lle facer ás forzas post-franquistas coas que os demócratas tiveron que pactar a Carta Magna.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36839461315608244152007-05-11T16:31:00.000+02:002007-05-11T16:31:00.000+02:00Cal dos artigos aconsella, amigo APC? O segundo, ...Cal dos artigos aconsella, amigo APC?
O segundo, que leo ao azar polo título interesante, di que España é un país laico, en flagrante contradicción co texto constitucional. Non sei se ten importancia, e disto sabe máis un constitucionalista (chamade a Blanco Valdés, que seguro le este blog), pero hai que recordar que España non é país laico: e aconfesional, que, segundo teño entendido é matiz xurídico diferenciador, e cun certo privilexio para a Igrexa Católica, que aparece citada expresamente na Constitución. A reforma inmediata dese capítulo si sería unha boa batalla en favor do laicismo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-85560719694679591792007-05-11T14:39:00.000+02:002007-05-11T14:39:00.000+02:00Serven para reflexionar sobre este asunto, os segu...Serven para reflexionar sobre este asunto, os seguintes textos de Isonomía. Revista de teoría y filosofía del Derecho, nº 24, 2006:

Sobre a laicidadeAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70960027729427456762007-05-10T20:50:00.000+02:002007-05-10T20:50:00.000+02:00Se só se levaran adiante iniciativas en base a súa...Se só se levaran adiante iniciativas en base a súa utilidade máis ou menos inmediata, o 99% das propostas e protestas carecerían de sentido.

Teño a lixeira sospeita -non sei por qué- de que todos os candidatos e políticos nin se van dignar a contestar a dita requisitoria. Nin os do PP, nin os do PSOE, nin os do BNG.

E qué. Iso os promotores da inciativa -aínda dentro da súa inxenuidade- supoño que xa o terán en conta, e os que apoiamos a proposta tamén.

O fundamental neste caso, como ben apunta Leituga 1, é "incidir democratica e lexitimamente na creación dun estado de conciencia que nos poida levar, andando o tempo, a un verdadeiro exercicio práctico de aconfesionalidade por parte dos representates públicos".

Os dereitos, e a Súa plasmación concreta, non é algo dado dunha vez e para sempre. Primeiro houbo que mobilizarse socialmente a prol dos mesmos, logo tiveron que tomar carta normativa e, finalmente, aplicarse efectivamente... E nesas andamos aínda.

E algo semellante ocurre cando se trata de determinadas responsabilidades dos poderes públicos. No caso que nos ocupa, aínda estamos nos albores da mobilización.

Sen dúbida, o camiño é longo e tortuoso, como afirmaba aquela fermosa canción dos Beatles. Digo por non citar o máis manido dito machadiano.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-73619246700873138492007-05-10T20:24:00.000+02:002007-05-10T20:24:00.000+02:00Sempre o alcalde (o do meu pobo recibe aos reis ma...Sempre o alcalde (o do meu pobo recibe aos reis magos no balcón para darlles as chaves das casas dos nenos) pode acollerse á última parte do famoso 16.3. Non participa nas procesións: simplemente coopera ;)
Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10577770376673690612007-05-10T20:10:00.000+02:002007-05-10T20:10:00.000+02:00O estado ten que garantir tantos dereitos que non ...O estado ten que garantir tantos dereitos que non sei se se lle estará acumulando o choio. Por exemplo, o dereito dos cidadáns a acceder a unha vivenda digna e a non ter que emigrar. Tamén a que nunha canle de televisión pública non emita lixo e contibúa ao encefalograma plano a nivel cultural.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-24992753479403632142007-05-10T20:04:00.000+02:002007-05-10T20:04:00.000+02:00Eu véxolle utilidade. Talvez non inmediata nin, de...Eu véxolle utilidade. Talvez non inmediata nin, dende logo, conminatoria. Pero o simple feito de recibir unha comunicación deste tipo, realizada dende unha organización que se autotitula "observatorio dos dereitos humanos", que publica periodicamente un boletín e que reune a medio cento de persoas, algunhas delas, como o propio Randulfe, bastante coñecidas, é unha forma de incidir democratica e lexitimamente na creación dun estado de conciencia que nos poida levar, andando o tempo, a un verdadeiro exercicio práctico de aconfesionalidade por parte dos representates públicos.
Nese sentido, a demanda dos "esculcas" paréceme que pode ser unha pequena pero tamén útil contribución.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44569607008295675712007-05-10T19:56:00.000+02:002007-05-10T19:56:00.000+02:00Quixen escribir "que non fagan...".Quixen escribir "que non fagan...".Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54657286248330451812007-05-10T19:50:00.000+02:002007-05-10T19:50:00.000+02:00Qué lles pode ocurrir aos candidatos (e maila trou...Qué lles pode ocurrir aos candidatos (e maila troupe) non fagan, non queiran ou pasen de tal compromiso? Qué vai facer o observatorio? Denuncialos ao xulgado? Aldraxalos con palabras soeces e malsoantes? Ou sinalalos co dedo? Eu, que detesto a mera presencia da igrexa (xa non digo calquera intervención), atopo esta iniciativa, de boa intención, un pouco inxenua e, sobre todo e con perdón, moi inútil.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86433291240107220362007-05-10T19:37:00.000+02:002007-05-10T19:37:00.000+02:00Eu só lles pediría aos políticos, de todas a cores...Eu só lles pediría aos políticos, de todas a cores e sabores, que pensasen un pouco máis nos que temos que traballar para eles nestas datas.

Se metemos moitas horas extras (noites e fins de semana, e de balde, na maioría dos casos) para rematar os proxectos e obras que non fixeron os señores nos anos anteriores grazas á súa mala planificación polo menos agradeceríase un trato agradábel.Xosé Manuel Carreirahttps://www.blogger.com/profile/11874312282479409720noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-60668181266660330012007-05-10T19:04:00.000+02:002007-05-10T19:04:00.000+02:00Excelente iniciativa. Os laicos, os verdadeirament...Excelente iniciativa.
Os laicos, os verdadeiramente laicos de teoría e práctica, agradecémola.Anonymousnoreply@blogger.com