tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post2882618326272190674..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28069679956361314832010-04-08T21:21:14.320+02:002010-04-08T21:21:14.320+02:00ms dixo que "el pasa de votar".
Esa é a ...ms dixo que "el pasa de votar".
Esa é a outra frase tras da que se escudan os carcas de sempre: ¿par qué ides votar, se non cambiaredes nada?

Calquera que faga caso a iso, caeu na propaganda carca. É unha pequena variante de "todos os políticos son iguais".

Sou eu: se é vostede, permítame dicir que porque a democracia italiana teña outras chatas, non imos dicir que TODAS as cousas que fai estan mal. Esa, en concreto, está ben. Non é a panacea, por suposto, como non é a panacea que os políticos declaren as súas propiedades, pero é un pasiño na dirección correcta.

A democracia hai que traballala cada día. Algo que algúns revolucionarios de cátedra de universidade esquecen a cotío.

Saúdos.Loureironoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16449640095582267502010-04-08T16:01:16.191+02:002010-04-08T16:01:16.191+02:00A crise de confianza nos politicos mina a democrac...A crise de confianza nos politicos mina a democracia. Por mais que se ornamente o discurso, por mais que se bautice unha nova suposta civilización de empática se as prácticas dos políticos apuntan cara o coorporativismo a inmunidade e o cinismo, o credito nas súas promesas medrarán en proporción inversa aos seus feitos.

O curioso é que a democracia pode funcionar con graos moi altos de desconfianza nos seus políticos.

Cando o ambito xudicial está moi polítizado a mesma corrupción convirtese nun elemento mais do xogo político. A finalidade pode ser entón gañar unhas eleccións denunciando a corrupción nun partido, pero non sanear a política de corrupción. A corrupción é así instrumentalizada politicamente e pasa a ser un elemento mais de intercambio no sistema político.

Unha sociedade espectacular sempre terá un público capaz de asombrarse ruborizadamente ante a corrupción como se fose unha primeira vez, cando xa é moeda acuñada e de acelerado intercambio.

En Galicia chama a atención, o pouco en que quedou a corruptela das dietas polos viaxes. Que curioso!, un fino veo primeiro e logo un frondoso telón tecido entre os políticos retirou da vista dos cidadáns nun caso cutre e quincalleiro que podería osixenar un pouco a confianza nos nosos escualidos horizontes políticos.JRnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-14905033898959081322010-04-08T13:58:08.381+02:002010-04-08T13:58:08.381+02:00Mentres que sigamos con este sistema politico (tur...Mentres que sigamos con este sistema politico (turnismo bipartidista da terceira restauracion borbonica), cunha Constitucion que non se cumpre ("derecho a una vivienda digna", etc), cunhas leis que non condenan con dureza os casos de corrupcion economica, urbanistica, etc., e cunha prensa e television ao servizo dunha ou doutra ideoloxia politica (PP ou PSOE), EU PASO DE VOTAR. E COMA MIN, MOITAS PERSOAS QUE COÑEZO.msnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5575235538127442112010-04-08T09:28:05.194+02:002010-04-08T09:28:05.194+02:00Se non me equivoco, señor Loureiro, iso da cabina ...Se non me equivoco, señor Loureiro, iso da cabina creo que é norma inexcusable en Italia. Polo menos, un meu amigo italiano así mo asegurou, escandalizándose moito de que en España non fose así.

E xa ve...Son euhttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82064586651466821342010-04-07T21:24:53.092+02:002010-04-07T21:24:53.092+02:00-Frases carcas como "todos os políticos son i...-Frases carcas como "todos os políticos son iguais".
-Sorrisos ao saberen os roubos dos políticos.
-Monxas que levan a anciáns con alzheimer a votar co sobre na man.
-Cregos que fan propaganda política dende o púlpito.
-A famosa frase "¿e como vai o meu?".

Unha medida sinxela: obrigar a todo dios a entrar na cabina para escoller o voto. Simplemente iso. Que ninguén dispoña das papeletas de voto antes das eleccións, e que soamente estén dispoñibles nas cabinas.
A democracia faise con pequenos xestos.Loureironoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46948973509828518722010-04-07T20:48:33.169+02:002010-04-07T20:48:33.169+02:00Coido que non hai ningunha democracia na que os ci...Coido que non hai ningunha democracia na que os cidadáns estean "plenamente satisfeitos", como di -erroneamente ao meu ver- Fernán Vello. Tampouco creo que Morlino diga exactamente iso, cando menos nos termos que Fernán Vello pon na súa pruma.

O asunto da "calidade" das democracias é algo capital e ten dado lugar a estensas discusións entre os especialistas desde hai moito tempo. Desde logo, un dos seus elementos fundamentais é a calidade dos políticos e gobernantes.

Estaría ben que, alén do caso madrileño, se fixese máis fincapé na calidade da democracia en Galicia. Habería moita tea que cortar, penso eu.Apicultornoreply@blogger.com