tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post2977266768191611296..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33604500713335559112009-05-29T10:14:53.570+02:002009-05-29T10:14:53.570+02:00É, en efecto, unha lacra política. Poderiamos expl...É, en efecto, unha lacra política. Poderiamos explicalo facéndoo dimanar da inexistencia de consensos básicos, pero o certo é que algunha de tales pedras angulares chega a establecerse; para no seguinte proceso electoral, e co motivo de apañar unha bolsa ou bolsiña de sufraxios, escachizala sen reparo. Irresponsabilidade, inmadurez, mesquindade, medianía... Dar coa clave axeitada que nos atraia o diferencial gañador sen superar o límite mínimo da prudencia e a decencia é cousa ardua coma pescar troitas á cana. Daquela imos ao cartucho de dinamita; que, total, troitas sobran mentres non se acaban.<br /> <br />Digamos, porén, que a demolición a miúdo é verbal e a vixencia da verba non chega aos cen días: véxanse tamén outras noticias e normas exemplares destes días.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45246302267803066392009-05-29T09:47:46.382+02:002009-05-29T09:47:46.382+02:00O que parece incrible nun país calquera é que dura...O que parece incrible nun país calquera é que durante catro anos uns gobernantes traten de organizar o país dun xeito determinado e que, dous días despois, outros, elixidos para substituilos, decidan facer xustamente o contrario. O peor, con todo, non é iso: é comprobarmos que o feito (bó ou malo) durante catro anos non valeu para nada. A noticia sobre as Normas para o habitat é moi reveladora: a sensación de frustración e de perda de tempo é brutal.<br />E ollo, tanto o bipartito coma estes gobernaron e gobernan coa metade dos votantes en frente. Algunha vez terán en conta este dato nimio?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-58188974518019110482009-05-28T21:09:33.399+02:002009-05-28T21:09:33.399+02:00Que ben o fazerían agora eh!Que ben o fazerían agora eh!Anonymousnoreply@blogger.com