tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post3066403026837245564..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16878000612501945042007-10-21T23:42:00.000+02:002007-10-21T23:42:00.000+02:00Teño no andel de Edicións da Divina Comedia, a tra...Teño no andel de Edicións da Divina Comedia, a traducción de Cabana. Foi un libro que merquei con alegría, e por certo moi barato.
A súa poesía ten ese ar pousón que tamén levan o poemas de Manuel Maria, deve ser o ar da Terra Chá.
Hai brillos, moitos dourados, e un humanismo latente polo que cando pasei sempre me dixen que tiña que volver, mais de vagar, disposto a catar o arrecendo das palabras que veñen duha longa viaxe a acougar no padal dun poeta adicado a escoitar a terra, o tempo e o seu ser.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42877628951113717612007-10-21T19:27:00.000+02:002007-10-21T19:27:00.000+02:00Darío desempeña hoxe un papel clave na literatura ...Darío desempeña hoxe un papel clave na literatura galega sensu latu; figuras como a súa son das que máis xustifican o concepto Sistema Literario Galego.

A perspectiva (neste caso, quizá sexa mellor dicir ancoraxe) nacionalista a partir de nacional levouno a empresas culturais nas que combinou deber cun gusto que, ao tempo, lle deu moitísimo traballo. Eis o fondo exercicio da forma clásica, a reelaboración de motivos e tópicos, a tradución de clásicos. Agora, despois de Duecento e Trecento (non é de máis lembrar que ten a Medalla de Ouro da cidade de Firenze), anda vertendo os trobadores occitanos; temor, o xusto.

O de ter escasa referencia capelística (se se lle quere conferir algunha referencia grupal, sería ata un certo punto a do ben relevante grupo dos vinculados á FPG) trae consigo que a súa relevancia mediática sexa escasa. Por outra banda, digamos que gaña o pan como funcionario de non moi alto nivel no Concello de Lugo. Noutro país viviría ben da literatura; ende ben, el ten perfectamente claro cal é a súa nación e o que tiña que facer en e por ela.

Espero que isto último non suscite receo.Anonymousnoreply@blogger.com