tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post3156544483342137560..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger28125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67178999820570063742007-09-19T17:21:00.000+02:002007-09-19T17:21:00.000+02:00Mágoa que non cadrase fai anos,cando iba os venres...Mágoa que non cadrase fai anos,cando iba os venres hastra un edificio noble de torrecedeira,cunhas belas colunas, unha bela persoa pra irme de copas pola noite viguesa...
Podiamos ir todos de copas polo Areal (non sei se a "marcha" segue alá)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-41500352807649449302007-09-18T22:47:00.000+02:002007-09-18T22:47:00.000+02:00Non se nos poña ciumento, señor Marcel, que a vost...Non se nos poña ciumento, señor Marcel, que a vostede tamén o invitaría(mos) a café se cadrase máis a man, pero Barcelona queda moi lonxe.

E nada de mancontro, non se pense. Arume e máis eu non nos coñecemos persoalmente. Eu sei quen é el, pero el non sabe quen son eu (en realidade, tampouco eu mesmo sei quen son).

Pois nada, Arume, un venres calquera destes (antes de que remate o ano) avísoo e quedamos para xantarmos (válelle ese asador próximo ao tanatorio?) ou para tomarmos un café. Xa concretaremos. Leituga 1 se anda ese día perto -ou calquera outro contertulio que tamén o estea- tamén pode animarse.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-72748291022480937682007-09-18T19:29:00.000+02:002007-09-18T19:29:00.000+02:00Vaia,Xoan,é vostede un deses "independentes" que t...Vaia,Xoan,é vostede un deses "independentes" que tanto critican os "militantes"no PSOE galego XDDDAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30937117845559725652007-09-18T18:18:00.000+02:002007-09-18T18:18:00.000+02:00Para a vindeira ocasión aí vai o meu correo electr...Para a vindeira ocasión aí vai o meu correo electrónico: arumedospinheiros@gmail.com. Correndo evicentes riscos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-63731382427514517632007-09-18T18:04:00.000+02:002007-09-18T18:04:00.000+02:00e todo isto da kedada ben o podían arranxar polo m...e todo isto da kedada ben o podían arranxar polo mancontro, hom!
creo que cerca do barbón ese hai unha coñecida chiculatería-patatafriteríaAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-7927261971645040512007-09-18T17:17:00.000+02:002007-09-18T17:17:00.000+02:00Vaia, pensei que estabamos máis preto, a cinco min...Vaia, pensei que estabamos máis preto, a cinco minutos. Non entendeu ben o que dixen: non falaba de onde vive, senón onde "mora socraticamente" impartindo sabia palabra. Pensei que estaría alí (ou sexa, moi a carón miña). Tería eu que baixar até o centro, o que impediría que fixese o que viñen a facer, polo que non me acae ben. Tempo haberá noutra ocasión!

Unha aperta (e sego co choio)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38160573171086769212007-09-18T16:21:00.000+02:002007-09-18T16:21:00.000+02:00Reca?, García Barbón, ás 6. Parécelle(s) ben?Reca?, García Barbón, ás 6. Parécelle(s) ben?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23441222421967157572007-09-18T16:12:00.000+02:002007-09-18T16:12:00.000+02:00E como vexo que Leituga 1 anda por aquí, pode ache...E como vexo que Leituga 1 anda por aquí, pode achegarse tamén, Alexander Grahan mediante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-37695584895187049812007-09-18T16:10:00.000+02:002007-09-18T16:10:00.000+02:00Estou moi preto do vostede mora socraticamente, am...Estou moi preto do vostede mora socraticamente, amigo Arume. Se ten tempo e gañas, convídoo a un café. Poña hora, que o lugar xa o sei. Volvo nunha hora aquí.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86322493777874692992007-09-18T14:31:00.000+02:002007-09-18T14:31:00.000+02:00Canto mal fixo o Froiz ese!Canto mal fixo o Froiz ese!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65878015038570057862007-09-18T13:35:00.000+02:002007-09-18T13:35:00.000+02:00Todo é máis simple:os tabáns, avespas ou carricant...Todo é máis simple:
os tabáns, avespas ou carricantas simbolizan a enfermidade (aquí póñalle o adxectivo que queira), a confusión perpetua. Aínda que o froito semella moi atractivo, eu non me deixo arrastrar. Por iso escribo "independencia".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-69831444836573636612007-09-18T10:10:00.000+02:002007-09-18T10:10:00.000+02:00Para Swann. ¿Ségue a lle dar voltas ós seus soños?...Para Swann.
¿Ségue a lle dar voltas ós seus soños?

O rotulador groso é un claro símbolo fálico,pero non ten por que ter senso sexual,tamén pode ser un símbolo de estatus.Pode siñificar unha posibilidade da cambio de parella ou mellora laboral.
Os tábaos e as carricanas poden simbolizar as críticas sociáis ou do entorno laboral ,peligros, a un posible cambio (sexual ou de promoción laboral).Á persoa que lle ofrece o cambio ("raro") non lle afectan.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-72544483669796844362007-09-17T13:34:00.000+02:002007-09-17T13:34:00.000+02:00Onde dixen "espacial" debe decir "especial". Norma...Onde dixen "espacial" debe decir "especial".
Normalmente,non corrixo os meus propios erros detectados,se entendo que non afectan á comprensión,pero neste caso...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21291475897236324382007-09-17T13:32:00.000+02:002007-09-17T13:32:00.000+02:00Sobor do arte,que se fala máis arriba. A mín gostó...Sobor do arte,que se fala máis arriba.
A mín gostóume moito unha reflexión que lín fai tempo-non lembro o autor-sbor de que as obras de arte son "antenas receptoras de futuro".Según eso,os artistas de vangarda terían unha sensibilidade espacial pra percibir determinados aspectos do futuro que plasman nas súas obras.Do mesmo xeito que os expertos deducen información do pasado en,p.ex.,un prefixo lingüístico,ou nalgún aspecto do Dereito.
Por eso,cando miro algunha obra de arte,trato de captar a "señal de futuro" que sintoniza.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67525955733895482007-09-17T11:10:00.000+02:002007-09-17T11:10:00.000+02:00Para M. Swan: a semellanza da película de Coppola ...Para M. Swan: a semellanza da película de Coppola co libro de Bram Sotker referíase ó fío argumental, non ó espírito do mito, se así se quere: lin non hai moitos anos a novela e no que recordo da película non difería moito da historia orixinal, repito, no seu argumento e desenvolvemento lineal. Tamén vin a de Christopher Lee, que foi un dos meus grandes medos da infancia, nos cines de dobre sesión de O Grove no verán: quero conseguila en DVD pero aínda non a encontrei.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33541146466110359022007-09-17T10:50:00.000+02:002007-09-17T10:50:00.000+02:00Sígalle dando voltas.ó mellor o seu subconscente e...Sígalle dando voltas.ó mellor o seu subconscente estaó advertindo contra algunha enfermedade venérea,pero é só unha posibilidade.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53357774568252144102007-09-17T10:47:00.000+02:002007-09-17T10:47:00.000+02:00Unhas preguntas Marcel Swann.¿Qué é pra vostede es...Unhas preguntas Marcel Swann.¿Qué é pra vostede esa cidade,é a da súa infanza,ónde estudóu,...? ¿Coñece á muller ou lémbralle a alguén: nai,irmá,abóa,compañeira sexual,ou é duas cousas á vez?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33225985907101317612007-09-16T22:39:00.000+02:002007-09-16T22:39:00.000+02:00Sinto contradecilo, Marcos, pero a versión de Drác...Sinto contradecilo, Marcos, pero a versión de Drácula dirixida por Coppola ten moi pouco que ver co libro.
Algo máis ten que ver (pero tampouco moito) a dirixida por Terence Fischer de 1958, con Christopher Lee como Drácula e Peter Cushing como Van Helsing.
En todo caso, recoméndolle ver esta última. Penso que é a mellor película das tres mencionadas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46765176977949991062007-09-16T22:01:00.000+02:002007-09-16T22:01:00.000+02:00Ten toda a razón, amigo ARUME. Veño de ver, hai un...Ten toda a razón, amigo ARUME. Veño de ver, hai uns minutos, a primeira versión der DRÁCULA, 1931, de Tod Browning, con Bela Lugosi como protagonista: todas as características que vostede indica están presentes, sobre todo o aceno teatral. Pero a min resúltame fascinante, realmente. Foi o inicio do cine de terror, sen contar a Murnau, e os demáis pouco máis fixeron que repetir o modelo, con máis medios claro: velaí o de Coppola, tan fiel e literal ó libro ademais.
Pero os espectadores de hoxe non apreciarán esas virtudes dende logo: sorte que temos nós se somos quen de abstraernos e percibilas, digo eu. Si, eu non me atrevería a poñerlle unha destas películas ós meus alumnos: antes tería que darlles varias horas de Historia do cine e teoría da imaxe. E, por riba, non dou clases de cine, claro...Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-12781033923395758142007-09-16T21:58:00.000+02:002007-09-16T21:58:00.000+02:00Voulles contar un soño que tiven hai tempo, a ver ...Voulles contar un soño que tiven hai tempo, a ver que lles parece. Quero dicir, a ver cómo o interpretan vostedes.

Eu estou na rúa, moi perto do portal onde vivín nun tempo, nunha certa cidade galega.
O barrio ten unha serie de xardíns, con arbustos e flores. Nun deses xardíns sorpréndeme ver algo que non vira xamais: unhas parras con uvas moscatel, moi gordas e cun aspecto boísimo. E digo que me sorprendeu porque sei que nesa cidade non se podería dar ese tipo de pranta. Paréceme que non é algo natural.
Cando dou a volta, vexo unha muller que está de pé debaixo dunha árbore. Sostén nas mans unha froito que me recorda ao do membrillo, e de feito a árbore está cargada desa froita. Ofréceme un, pero cando me quero achegar vexo que o membrillo tamén está cuberto duns insectos dunha color tirando vermello: imaxínense unha mestura entre tabáns, avespras e carricantas (español, "cigarras"). Á muller eses insectos non lle fan nada, pero a min pícanme, así que aínda que ela me invita a coller o membrillo eu marcho de alí.

(Son os soños premonitorios ou mais ben diriamos que os soños revelan cousas que escapan á nosa consciencia)

Agora voulles contar outro soño que tiven unhas semanas despois do anterior. É algo fora do común, pois case nunca recordo os meus soños.

Normalmente escribo cun rotulador de punta fina, pero no soño estouno facendo cun rotulador groso en cor vermella ou granate, e escribo

INDEPENDENCIA

garántolles que o meu soño non tiña nada que ver coa política!!!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82891339629275857022007-09-16T19:36:00.000+02:002007-09-16T19:36:00.000+02:00Non estou seguro de que as películas do que chamam...Non estou seguro de que as películas do que chamamos terror dos anos 30 causen nos espectadores actuais as mesmas impresións ca nos antigos. En primeiro lugar, o emprego do branco e negro espanta aos novos receptores; en segundo lugar, o ritmo lento, moroso, alonxa; en terceiro lugar, os recursos dramáticos do suspense e da sorpresa, demasiado esperables, anulan o efecto; en cuarto lugar, a representación actoral excesivamente teatral, histriónica, move á ridiculización ou á risa; en quinto lugar, a escenografía abertamente artificiosa e, polo tanto, pouco verosímil, impide calquera identificación, necesaria para esa catarse. En fin: podería sumar elementos que fan que os espectadores actuais destas películas non teñan ningún medo, que era o que en principio prometían. A aura lírica, poética, que conservan estas películas pode seducirnos, pero raramente estimulan adrenalina. Proben vostedes a poñer películas desta natureza aos seus alumnos. Cos condicionantes favorables que queiran. E miren para as súas caras (como en EL espíritu de la colmena) e xa verán como xa non está Ana Torrent entre eles.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-2498653413696887552007-09-16T17:00:00.000+02:002007-09-16T17:00:00.000+02:00Non se preocupe deso.Teño algúnhas cousas máis que...Non se preocupe deso.Teño algúnhas cousas máis que deseguro valen moito máis nas súas mans que nas miñas.Xa llas faréi chegar,no caso de que non as teña.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70737257450102882752007-09-16T16:45:00.000+02:002007-09-16T16:45:00.000+02:00Para Xoán da COBA, de novo: estou aínda en débeda ...Para Xoán da COBA, de novo: estou aínda en débeda con vostede dende que me agasallou aquel Cancioneiro de poesía popular. Gustaríame corresponderlle con algún pequeno detalle semellante. Xa sabe o meu correo persoal (está no meu perfil do blog, clicando ó carón da caricatura: se me facilita algún xeito de facerllo chegar, faríao de bo grado.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-71455878154499580392007-09-16T16:41:00.000+02:002007-09-16T16:41:00.000+02:00Para XOÁN DA COBA: Vostede sempre atento a todo!! ...Para XOÁN DA COBA: Vostede sempre atento a todo!! En efecto non sempre coinciden as imaxes que saco en La Región e no blog. Pero non polo que vostede di. Aí non me autocensurei pola imaxe tenebrosa do Nosferatu (si é certo que no xornal as imaxes non poden exceder os límites lóxicos do bon gusto, sobre todo no tema sexual, entendámonos). Trátase só de que o espazo de LR é moi pequeniño e a foto de Nosferatu quizais non quedase ben: tería que cortar os seus lados e perdería o seu efecto. Quedan ben sempre os primeiros planos e por iso escollín a moza berrando de Psicose. Esa foi a única razón. Podo engadir que nunca no xornal me insinuaron nada sobre ningunha foto: se era máis ou menos axeitada. Ata hoxe a liberdade ó respecto foi total.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25216043158479704602007-09-16T16:14:00.000+02:002007-09-16T16:14:00.000+02:00Éme imposible non sentir que o comentario de marce...Éme imposible non sentir que o comentario de marcel swann reflicte perfectamente o que penso sobre a arte (cando menos, sobre parte da arte, a mellor das súas partes). Non só un espello das nosas miserias e riquezas que non somos quen de ver, senón a cristalización das miserias e riquezas dos nosos tempos e das nosas sociedades que non sabemos ou non queremos ollar.torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.com