tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post3410921411106867982..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-22907205720124747872008-01-19T15:52:00.000+01:002008-01-19T15:52:00.000+01:00Os valores comunitarios deben, paréceme, ser revis...Os valores comunitarios deben, paréceme, ser revisados e avaliados, para sostelos ou reprobalos. É obvio que coa desfeita do rural perdese unha riqueza en múltiples dimensións do social. O problema é esa diferencia entre o ser e o deber. O proceso móstrase letal para o rural, e de pouco sirben as polítcas mais que para paliar algunhas consecuencias negativas dun proceso que tende a borrar as identidades.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-24152089369980503952008-01-17T12:07:00.000+01:002008-01-17T12:07:00.000+01:00O simbiotismo ten, sen dúbida, eses aspectos negat...O simbiotismo ten, sen dúbida, eses aspectos negativos que apunta vostede, Jimmy. Pero, nun mundo dominado pola concentración e a grande escala, non semella negativo reivindicar estructuras de pequena escala (parroquia, aldea)anque só sexan como elementos residenciais. O desenvolvemento do rural non virá, na miña opinión, dado por unha política de creatio ex nihilo: deserticemos o campo e introduzamos elementos urbanos que o desenvolvan, unha "ideoloxía" universalista que acabe co caciquismo das reciprocidades, etc. Todo iso está moi ben e eu compártoo. Pero unha sociedade como a galega goza dun habitat natural, un sistema de ordeación do territorio e de economía familiar rural de pequena escala, qu eu estimo coma un valor positivo. E coido que as políticas agrarias e territoriais non deben obviar estes aspectos, pois, do contrario, faríamos noso o ideoloxema compartido por liberalismo e marxismo: a historia como un proceso liñal de industrialización, a canta maior escala, máis "racionalización". Nese sentido, o apego do galego á súa segunda residencia rural, o abesentismo laboral da vendima, a identificación simbólica coa aldea, a complementación da economía cos escasos inputs obtidos na producción non mercantil, e, especialmente, os valores de autonomía e de control sobre o propio mundo que estaban presentes no mundo campesiño, non me parecen mal en absoluto. Tanto máis cando vivimos nun mundo de grande escala sobre o que non temos ningún tipo de control.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-57337602238917026622008-01-17T11:25:00.000+01:002008-01-17T11:25:00.000+01:00Interesantísimo, nobles irmaus.Interesantísimo, nobles irmaus.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75210996564063155612008-01-17T11:13:00.000+01:002008-01-17T11:13:00.000+01:00Lembranse daquel "Exercito Simbiótico de Liberació...Lembranse daquel "Exercito Simbiótico de Liberación", norteamericano, no que militou Patricia a filla do magnate Hearst?

Moi interesante o que escribe Jim Morrison.

Eu sempre o entendín como procesos de transición que se alongan e perduran mais do agardado e calculado. En Galicia a mentalidade premoderna pervive nas cidades precisamente porque non se cortou o vínculo co rural. Hai unha urbanización deficiente, peculiar, moi a galega. Hai unha acomodación, e ten efectivamente creo aspectos moi positivos.
Pero tamén negativos, esa simbiosose facilita os baixos salarios que a longo prazo extrangulan o desenvolvemento do pais, e o orientan a non ser productivo, a vivir compensadamente entre baixos salarios e os grelos da aldea.
En consecuencia, tampouco se desenvolve o rural, que indefectibelmente vai quedando a ermo nun movemento poboacional de grandes dimensións, como o que está agora sucedendo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76262858324351274642008-01-17T10:49:00.000+01:002008-01-17T10:49:00.000+01:00O concepto de "proletariado simbiótico" foi, en ef...O concepto de "proletariado simbiótico" foi, en efecto, popularizado por Suevos, e constitúe, ao meu xuizo, unha das escasas aportacións interesantes do nacionalismo leninista naqueles tempos. Queríase indicar un tipo de clase obreira que ocupaba estructural e case simultaneamente dous modos de producción: o capitalista (a fábrica) e o precapitalista (a leira. Había, sen embargo, na teoría de Suevos unha certa visión limitativa da simbiose: a economía familiar era entendida como unha insuficiencia ou válvula de escape ante o feito de ser un "auténtico" proletariado. Sería CIES (Círculo Interdisciplinario de Estudos Sociais: Basilio Lourenço, Daniel Pino, César Portela e moitos máis)), pouco despois, quen elevase o simbiotismo a categoría positiva ao descubrir as virtudes da autosuficiencia e da pequena escala, fronte á heternonomía e despilfarro propias da civilización capitalista de consumo. A industrialización masiva e éxodo cara as cidades debilitou o carácter simbiótico da nosa poboación traballadora. Pero aínda así, como se dixo aquí moi acertadamente, Galicia continua a ser simbiótica, tal vez non tanto na súa realidade económica coma no seu pathos cultural máis profundo. E eu non o vexo como algo necesariamente negativo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-49253852179360023472008-01-17T09:49:00.000+01:002008-01-17T09:49:00.000+01:00PROLETARIADO SIMBIÓTICO (para XDC e para todos):Es...PROLETARIADO SIMBIÓTICO (para XDC e para todos):
Este concepto, que eu saiba, púxoo en circulación RAMÓN LÓPEZ SUEVOS, a mediados dos 70. Había tempo que non o escoitaba, agás unha cita de R. VILLARES cando veu falar da emigración ó campus.
Non sei se hoxe o termo é correcto dende as claves económicas: os que saiban máis que o digan.
Pero usouse moito nos 70: pasou á prensa, á linguaxe panfletaria e, sobre todo, ós seminarios de formación da UPG, como lembrará o BIEITO IGLESIAS, que deu algúns (e non o pode negar porque eu lle gardo as notas daquela).Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16347239391799945842008-01-17T00:52:00.000+01:002008-01-17T00:52:00.000+01:00A pluriactividade sigue sendo fundamental nesta pr...A pluriactividade sigue sendo fundamental nesta provincia, cecais tamén en galicia.
A parte de vos, amados escribidores que no voso lecer vos dedicades a ler e a traballos intelectuais, quen nesta provincia no ten unhas verzas, un marrou ou dous, viño, ...colle castñas, patacas, grelos...cria coellos...ou polos....ou ten o arcón cheo de baril xavarí ?. Alén de estar reformados ou ter outro traballiño con seguridade social?.

Se non for por eso a nosa subsistencia sería penosísima. Non entendo de economía, pero parece ser que estos feitos ( ademáis facenda non lles pode meter o dente, moitos xubilados teñen as súas colleitiñas) supoñen que estemos na metade dun ranking , non sei cal se é "aforro per cápita", se é que existe o término , cando en ingresos debemos estar de penúltimos..

Bueno, bueno non sei como foi o facto, pero os sociolistos recén chegados ó poder ( nesta última lexislatura) querían inspeccionar a fondo para descubrir onde estaba o quid da cuestión. Pretendian entrar a saco no mundo empresarial, meterlle mau para por órden e concordar as contas. Outro socialista, o único empresario que teñen, paroulles os pés e desveloulles o segredo das pataquiñas, do porquiño, etc...

Pouco a pouco construése moito.
En certo modo seguimos a ser grandes, bueno, algúns, parte do povo....sei que pode ser controvertido pero etxe o que hai.

O exemplo que eu teño da miña casa é o de ser tremendamente traballadores. Asumín o deber de darlle continuidade, é parte da miña herdanza cultural.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-89627777810115290662008-01-16T23:08:00.000+01:002008-01-16T23:08:00.000+01:00Sí, é certo, obreiro simbiótico. Non sei onde o li...Sí, é certo, obreiro simbiótico. Non sei onde o lin... Lamas Crego, tal vez?? Gondar Portasany??
Quén viña sendo, estimado apicultor???
Ou, cando menos, donde foi recollido este termo???

Ufffffffff Lamas Crego é fabuloso.

Cumprimentos.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-64988580736245047092008-01-16T22:46:00.000+01:002008-01-16T22:46:00.000+01:00A esa figura que nomea XDC ténselle chamado "prole...A esa figura que nomea XDC ténselle chamado "proletariado simbiótico" ou termos similares. Moi típica en Galicia e parte do estranxeiro. A pluriactividade era -e nalgúns casos aínda segue sendo- moi importante para complementar as economías familiares.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52616866532189927042008-01-16T21:38:00.000+01:002008-01-16T21:38:00.000+01:00Non sei se o dirá o libro, que aínda non o lín. Pe...Non sei se o dirá o libro, que aínda non o lín. Pero a xente de aldea que tamén traballaba en empresas, consideraba o traballo no campo coma o seu "verdadeiro" traballo. O outro, era pra ganar cartos, pero non se identificaban con él, non lles "daba de comer". Remataban a xornada na fábrica e marchaban apresuradamente pra traballar nas fincas tanto como lle permitira a luz do día. Nos días largos do vran, precisamente cando máis traballo agrícola hai, facían case tantas horas nun coma no outro.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25252077865710972592008-01-16T18:55:00.000+01:002008-01-16T18:55:00.000+01:00Irónico e simpático comentario, amigo Apicultor. P...Irónico e simpático comentario, amigo Apicultor. Poño eu estoutro comentario, a ver se alguén pica. Por certo, as imaxes dos personaxes "traballadores" que saen no libro (como a que puxen no post) non se parecen en nada ós "traballadores" que eu coñezo de entre os que andan/andamos polo blog, iso tamén é certo.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-71265478054843540372008-01-16T18:52:00.000+01:002008-01-16T18:52:00.000+01:00Como o post vai sobre o "mundo do traballo", é nor...Como o post vai sobre o "mundo do traballo", é normal que ningún dos contertulios poña nada aquí.Anonymousnoreply@blogger.com