tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post375304182062924749..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger62125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-3346616002521899782010-02-27T21:03:38.896+01:002010-02-27T21:03:38.896+01:00Hi everyone! I don't know where to begin but h...Hi everyone! I don't know where to begin but hope this site will be useful for me.
In first steps it is really nice if somebody supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks in advance and good luck! :)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6985164692995391662009-11-09T22:34:59.112+01:002009-11-09T22:34:59.112+01:00[url=http://www.acheter-viagra.freehostp.com][img]...[url=http://www.acheter-viagra.freehostp.com][img]http://www.viagra-achetez.enjoymeds.biz/achat-cialis.jpg[/img][/url][url=http://www.acheter-viagra.freehostp.com][img]http://www.viagra-achetez.enjoymeds.biz/achat-viagra.jpg[/img][/url][url=http://www.acheter-viagra.freehostp.com][img]http://www.viagra-achetez.enjoymeds.biz/achat-levitra.jpg[/img][/url]
[b]ONLINE Achat Tadalafil 20mg[/b]
[url=http://www.mmagame.com/forum/viewtopic.php?t=365]Tadalafil 10mg Acheter[/url] - cialis generique
[b]Achat Tadalafil 10mg[/b]
http://crhsesaprn.hqforums.com/vp23.html
[b]cialis pas cher[/b]
[url=http://hefeiexpat.com/forum/index.php?topic=383.0]cialis generique[/url] - CIALIS ACHAT EN LIGNE
[b]cialis Acheter[/b]
http://www.700musers.com/phpBB2/viewtopic.php?t=588
[b]Cialic[/b]
[url=http://www.lookupamerica.com/board/index.php?showtopic=1666]ACHAT CIALIS BON MARCHE[/url] - achat cialis
[b]achat tadalafil[/b]
[b]tadalafil generique[/b]
[url=http://www.proton-tm.com/board/viewtopic.php?p=1679]Cialic[/url] - Achat Tadalafil 10mg
[b]ONLINE Tadalafil 20mg Acheter[/b]
[b]ACHAT CIALIS GENERIQUE BON MARCHE[/b]
[url=http://hellskitchenonline.com/phpBB3/viewtopic.php?f=3&p=28968]cialis[/url] - Tadalafil 10mg Acheter
[b]tadalafil generique[/b]Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52545667871951742112007-06-18T00:23:00.000+02:002007-06-18T00:23:00.000+02:00Eu tamén estou de acordo co de Antón Baamonde. Non...Eu tamén estou de acordo co de Antón Baamonde. Non é exactamente un comentarista da actualidade política, pero iso é precisamente o que fai máis interesantes os seus artigos: non queda na escaramuza. Ou, mellor dito, insire estas en procesos máis amplos, non só políticos senón tamén sociais.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-71238707460167591362007-06-17T21:53:00.000+02:002007-06-17T21:53:00.000+02:00Non, se parvos non son nin X.L. Barreiro nin C.L. ...Non, se parvos non son nin X.L. Barreiro nin C.L. Rodríguez. Desde logo que non. O que non comparto é, como fan moitos, consideralos como grandes comentaristas políticos. Aceptables máis ben, con erros e acertos. O que, neste país, non é pouco.

A. Baamonde é, por suposto, un dos mellores -por non dicir o mellor- columnistas políticos, e con diferencia o máis capaz de todos os que escriben en El País de temática política. O cal non quere dicir que, en casos, se poida estar total ou parcialmente en desacordo.

Os de Beramendi, polo xeral, tamén son aceptables, pero, como ben di Isildur, adoecen dunha clara falta de coñecemento do que se "coce" no centro e na periferia dos partidos, o que lastra moitas veces os seus textos.

E concordo -xa vai sendo opinión moi xeralizada- no de Bieito Iglesias. Un crack, como din os rapaces de hoxe.

(Ben, relendo este post meu creo que é totalmente prescindible porque me limito a confirmar o que xa se dixo, pero agora xa o escribín)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70767704017471033482007-06-17T21:28:00.000+02:002007-06-17T21:28:00.000+02:00Concordo na valoración como académico e como xorna...Concordo na valoración como académico e como xornalista de RBV que fai Leituga 1, e de certo non se rexistraron moitas mostras de solidariedade con el co gallo do incidente do despacho. Só unha engádega: os xornalistas estaban alí apostados agardando polo "comando", que tapiou e foise, sen dignarse telefonar a policía ou aos seguratas da USC. Un deses casos nos que implicitamente independentistas radicais e El Correo se utilizaron mutuamente. Por fortuna, foi un feito illado e sen continuidade.
Talvez Barreiro Rivas non sempre acerta, e os seus artigos teñen moitas veces un arrecendo a "se eu seguise mandando e non me tivesen inhabilitado e matado como político, que ben o faría no canto destes". Pero tan a virtude de facer pensar, de cando en vez, aspectos inesperados. E eu teimo, amigo APC: Carlos LUis Rodríguez non ten un pelo de parvo. Non gosto das súas opinións, pero moitas veces un léo e di: que listo é este condenado (digámolo finamente).
E non hai moita máis opinión política de calidade en Galiza. Algúns artigos de Beramendi en Tempos Novos, quizáis, aínda que excesivamente xerais e demasiado feitos a partires dunha leitura externa da prensa, non dende un coñecemento interno dos sarillos do poder ou da política. Antón Baamonde está dando moi boas mostras en El País de agudeza interpretativa, e revélase como un dos mellores columnistas, se non o mellor, das páxinas galegas dese xornal.

Mais, para alfaia de opinión e de literatura, para min os "Días Soltos" de Bieito Iglesias, tamén en Tempos Novos. Non son opinión política, pero como se o fosen. Un pracer para a leitura. O Bieito é, para min e con distancia, a auténtica alfaia das letras galegas, xunto quizáis con Rivas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-12598015162784029022007-06-17T16:36:00.000+02:002007-06-17T16:36:00.000+02:00Eu creo tamén que hai poucos casos tamén na políti...Eu creo tamén que hai poucos casos tamén na política contemporánea de políticos inhabilitados por sentencia xudicial que sigan exercendo de gurús.
E digo esto con total admiración polos seus artigos, que, en ocasións, son excelsos exemplos de retórica xornalística.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1537193457059014792007-06-17T16:23:00.000+02:002007-06-17T16:23:00.000+02:00Hai unhas semanas/meses, Barreiro entrevistou a Al...Hai unhas semanas/meses, Barreiro entrevistou a Albor nun programa da TVG. Na entrevista, Barreiro recoñeceu que se equivocara á hora de dimitir. O que non dixo é por qué se equivocara. Hai anos non pensaba así.
Está claro que Barreiro é mellor columnista do que foi político. Non sei se consideran "A terra quere pobo" unha obra académica, pero a min pareceume moi interesante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52591427954180082282007-06-17T12:28:00.000+02:002007-06-17T12:28:00.000+02:00Aquela infamia que se cometera contra Blanco Valdé...Aquela infamia que se cometera contra Blanco Valdés fora, seica, obra duns estudantes independentistas.

E, en efecto, as mostras de solidariedade foran máis ben escasas. Mesmo desde a propia universidade compostelá, a maioría fixo como que ollaba para outra parte.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-68747603581975207702007-06-17T12:09:00.000+02:002007-06-17T12:09:00.000+02:00Xa que o lembra Arume, aquel incidente do despacho...Xa que o lembra Arume, aquel incidente do despacho creo que tapiado (ou algo así) por un comando independentista, foi deleznable e, é certo, poucos sucesos dese tipo se viviron por estes lares. Eu, que tratei a Roberto en tempos (camdo escribín varias cousas sobre o seu tío-avó Roberto Blanco Torres), fun dos poucos que saín daquela na súa defensa pública cunha carta que destacaron os xornais do grupo Correo. Destacada porque lles interesaba, supoño, e porque ademais as mostras de solidariedade entón con RBV foron máis ben escasas.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-19351251292859851962007-06-17T10:50:00.000+02:002007-06-17T10:50:00.000+02:00A Barreiro pérdelle tal vez un excesivo maquiaveli...A Barreiro pérdelle tal vez un excesivo maquiavelismo (no sentido máis literal e nada pexorativo da palabra) na concepción da política. Ou, dito doutro xeito, unha relativa manga ancha para a vontade de decisión dos políticos ou unha crenza demasiado grande na Política en maiúsculas. As razóns de estado (neste caso democrático)parécenlle superiores ás ideas ou ás conviccións políticas. Non é censurable, pero desta premisa xorden as súas críticas, moi ben escritas, cara ao poder.
Por certo, no artigo de onte de Barreiro no que falaba dos políticos do 77, botei en falta na relación bastante longa a Fraga. ;)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30242158605521191642007-06-17T04:36:00.000+02:002007-06-17T04:36:00.000+02:00E hai que ter en conta tamén a súa amizade con moi...E hai que ter en conta tamén a súa amizade con moitos académicos vascos acosados por ETA e pola denominada "esquerda abertzale". Blanco Valdés é antinacionalista a fuer de ser liberal, como diría o outro, non por outra cousa. Como comnetarista político e é previsible, redundante e de chispa escasa. Eu creo que hoxe anda polas coordenadas de "Ciudadanos" e do partido ese que non vai montar Savater. Dígoo porque Savater xamais montou os partidos que dixo que ía montar. ¿Lembran o "Partido Radical"? Pois iso...
E xa que sacan o asunto, eu creo que o mellor comentarista de actualidade é Carlos Luis Rodríguez, independentemente de que estea de acordo ou non co que escribe. É un mestre construíndo artigos e desenvolvendo os seus argumentos. A Barreiro considéroo excesivamente narcisista. O 80% dos seus artigos teñen como principal obxectivo a autoaclamación e o establecemento de distancias siderais entre a súa propia valía e a dos políticos actuais, uns camándulas sen ideas nin proxectos nin nada.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86927361760612026402007-06-16T23:53:00.000+02:002007-06-16T23:53:00.000+02:00Estou moi dacordo co que se comenta de Roberto Bla...Estou moi dacordo co que se comenta de Roberto Blanco Valdés, pero convén recordar que lamentablemente o seu despacho da Universidade foi atacado por defender precisamente tales ideas. Non creo que en Galicia nos últimos anos alguén pasara por semellante infame episodio.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10486687559767424662007-06-16T22:11:00.000+02:002007-06-16T22:11:00.000+02:00Concordo punto por punto co que di Isildur (este s...Concordo punto por punto co que di Isildur (este si que lle é verdadeiro erudito e craneo privilexiado, González, non lle perda a pista), agás na excesiva avaliación que fai de X.L. Barreiro Rivas e C.L. Rodríguez como comentaristas.

Lin o clásico de Gellner (teño a primeira edición en castelán: 1988), González, pero vou reler agora esas páxinas que vostede me indica, que nunca está de máis refrescar lecturas (ai,se eu lle contara!).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-88575662374472961462007-06-16T21:45:00.000+02:002007-06-16T21:45:00.000+02:00Sospeito que de cousas coma esta, AP-C, é de onde ...Sospeito que de cousas coma esta, AP-C, é de onde lle vén a cualificación de erudito xa rexistrada aquí.

Sobre Blanco Valdés: non lin ningunha desas obras, bastantes afastadas en tema dos meus intereses abordables. Si, no seu día, algo sobre a alusión ruritana: e sospeito que lle dá a volta sen reparo á intención de Gellner, en todo caso descritiva e nunca irónica con respecto ao nacionalismo non hexemonista. Curiosamente, non facía referencia ningunha, naquel breve artigo, ao imperio englobador que leva o ben expresivo nome de Megalomania; non sei se o tal aparece en obra valdesiá de máis fuste.

Para o aludido, se interesa, vid. Gellner, Ernest: "Naciones y nacionalismo", Alianza Universidad, serie Historia, Madrid, 1997 (en particular, o epígrafe "El camino que ha de recorrer el verdadero nacionalismo nunca ha sido fácil", páxinas 83-88).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-19206442518267489072007-06-16T21:36:00.000+02:002007-06-16T21:36:00.000+02:00Por suposto, eu téñolle tamén moita lei. Pero non ...Por suposto, eu téñolle tamén moita lei. Pero non deixo de surprenderme perante o espectáculo do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, non no referente ás súas simpatías e opinións (cadaquén é libre de ter as que considere), senón pola esaxerada disociación entre o académico e mais o polemista.

Explícome, e vou na mesma liña que APC. Polo xeral, os bos académicos son opinantes finos, ponderados e dados á mesura, sen brancos nin negros. Con iso adoitan perder virulencia e capacidade de provocación, pero gañan pontos en poñer sentidiño aos debates. RBV semella querer poñer o BMW como un Ferrari, e rebéntanlle as válvulas: á final, non é nin allo nin bugallo. Cando o intelectual mesurado quere ser opinante político, moitas veces os seus artigos fican desanxelados. Velaí o que lle acontecía, por exemplo, ao finado Javier Tusell. Santos Juliá, nas súas columnas quincenais en El País, adoita ser un bo exemplo de mesura e ironía fina, con todas as súas teimas.

Os opinantes e polemistas natos adoitan ser, moitas veces, máos académicos e peores teóricos, pero son capaces de atinar e de suscitar debates. Por poñer un exemplo, para min sería o caso de XL Barreiro Rivas. Como académico, non perdan o tempo lendo os seus ensaios -coma o psicodélico libro sobre a "Teoloxía Política do Camiño de Santiago" ou a súa análise, máis ben frouxa, do BNG no libro sobre os partidos políticos en Galiza editado hai uns anos por Xerais. Pero como analista político é do mellorciño que hai en Galiza. Non sempre acerta, pero sempre é suxerente e fai pensar en aspectos do debate político cotián nos que ninguén reparara. Un dez. Pero tamén, e mesmo a forza de ser politicamente incorrecto, é para min o caso de Carlos Luis Rodríguez, que con todo o que se diga non é parvo e moitas veces atina bastante ben, aínda que leve a auga ao seu rego.

E logo hai, claro está, os que non valen nin para unha cousa nin para outra. As crónicas de Xavier Navaza no Correo, por exemplo, que tenta ir de coñecedor do nacionalismo galego e só segue reproducindo tópicos. Ou os artigos cheos de bilis de Vilas Nogueira, que aínda que retranqueiro só demostra estar revoltado con todo e contra non se sabe moi ben quen ou que.

En fin, éche o que hai.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46745873113544396952007-06-16T21:33:00.000+02:002007-06-16T21:33:00.000+02:00Aquí un listado dos artigos e obras do constitucio...Aquí un listado dos artigos e obras do constitucionalista citado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-63072760835301151102007-06-16T20:58:00.000+02:002007-06-16T20:58:00.000+02:00Comentando o penúltimo post de Isildur verbo de Ro...Comentando o penúltimo post de Isildur verbo de Roberto L. Blanco Valdés.

En efecto, semella que hai dous Blanco Valdés moi diferentes. Por unha banda, o académico, o constitucionalista, o catedrático. Por outra banda, o articulista, o polemista, o comentarista político de actualidade.

Como constitucionalista e estudoso da historia constitucional comparada é, en acertadas palabras de Isildur, unha alfaia.

Os seus dous libros "Rey, cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal, 1808-1823" (Siglo XXI, 1988) e "El valor de la Constitución: separación de poderes, supremacia de la ley y control de constitucionalidad en los orígenes del estado liberal" (Alianza, 1998, 2ª ed: 2006), son dous excelentes e moi solventes estudos académicos. A súa recente "La Constitución de 1978" (Alianza, 2003) é a mellor visión de conxunto que existe sobre o actual texto constitucional. Os seus dous libriños "La defensa de la Constitución" (Tecnos, 1988) e "Los partidos políticos" (Tecnos, 1990, esgotado), son utilísimas introducións histórico-xurídicas de obrigada lectura para posuír unha “cultura xeral”. E o libro "Las conexiones políticas: partidos, estado, sociedad" (Alianza, 2001) é unha colectánea de diversos artigos, varios deles de gran interese (como a finaciación dos partidos políticos ou a corrupción).

Como articulista e polemista, sen embargo, o que ten de capacidade analítica e de vocación para o matiz nas obras citadas, pérdese en aras dunha claridade que, na miña opinión, se volve esquematismo, rixidez e ruda e obsesiva militancia antinacionalista desde un exacerbado “nacionalismo español”, circunstancia que o fai caer por unha pendente análoga aos sectores pacovazquistas e rodríguezibarristas e que, máis recentemente, presenta importantes afinidades coas posturas do Partido Popular.

As autonomías, tal como son, serían para el o punto final da descentralización do Estado, e todo o que fose alén sería unha intolerable claudicación ante un sempre voraz e perigo nacionalismo disgregador.

Esta posición polemista teno convertido na “besta negra” de non poucos nacionalistas, que ven nel unha especie de brazo executor de escuros plans de acoso e derribo do nacionalismo galego.

Non lin o seu libro "Nacionalidades históricas y regiones sin historia: a propósito de la obsesión ruritana" (Alianza, 2005), que supoño que é unha sorte de híbrido entre entre ambas “personalidades”: a do estudoso e a do polemista, pero sospeito que acaba prevalecendo o segundo.

Como persoa, Roberto L. Blanco Valdés é un home moi cordial e respectuoso, amén de culto e dialogante.

Por isto último e polo seu primeiro trazo, eu téñolle lei.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-2906648138496306212007-06-16T17:42:00.000+02:002007-06-16T17:42:00.000+02:00E volvendo sobre o tema, aínda que parece esgotado...E volvendo sobre o tema, aínda que parece esgotado, deste post, unha proposta para o amigo Valcárcel.
Poderíamos abrir outra discusión, agora que a maioría dos pactos municipais están selados. Por que semella ser tan difícil a convivencia harmónica e a experiencia de cogoberno entra o PSdG e mais o BNG? Por que son, en xeral, tan tirantes as relacións? Son comparábeis ás que hai entre forzas políticas do abano da esquerda (ERC, IpC e PSC en Cataluña, IU e PSOE noutras partes do Estado...) noutras latitudes? Que hai na cultura política de socialistas e nacionalistas galegos que fai parecer que non son quen de xerar unha cultura de coalición? Por que é tan difícil poñerse de acordo en pontos comúns? A ver se vai ser verdade aquela vella teoría da que tanto gostaban algúns líderes da UPG e que tamén se lle escoitaba aos do PP "da boina": que, no fondo máis fondo, os políticos do PP rural e os nacionalistas teñen máis en común que os "enxertos" españolizantes do PSOE urbanita. Hai algo de verdade nese aserto? Ou é só unha de tantas ocorrencias e miraxes etnicistas?
Por certo, eu tamén son da idea de que o estilo de debate civilizado, cordial e construtivo é un sinal distintivo deste blog e que non ha perderse. A ironía é unha crítica moito máis fina e incisiva cá arroutada, a fin de contas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75684936934562670582007-06-16T01:12:00.000+02:002007-06-16T01:12:00.000+02:00Os artigos de Don Roberto -igual que as súas inter...Os artigos de Don Roberto -igual que as súas intervencións na TVG- cada vez perden máis agudeza e se deixan levar máis pola bilis, sobre todo cando hai partidos nacionalistas polo medio. E querendo ser irónico, peca de tremendista e a súa prosa reborda de excesos retóricos. Polo menos, para o meu gosto.

Unha mágoa, porque como constitucionalista é unha alfaia, e como intelectual é culto e dialogante. Mais nestas e noutras lideiras da opinión adoita deixarse levar polas vísceras, máis que pola razón. Un pregúntase, por certo, en que latitude anda agora.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86275233191066737972007-06-15T14:45:00.000+02:002007-06-15T14:45:00.000+02:00EL OJO PÚBLICOFirma: | ROBERTO L. BLANCO VALDÉS |C...EL OJO PÚBLICO
Firma: | ROBERTO L. BLANCO VALDÉS |

Coalición pequeña, infierno grande

PROYECTARON en la tele hace unos días una película clásica que debería darse en todas las escuelas: La jauría humana. Aunque el tema central de la maravillosa cinta de Arthur Penn es el enfrentamiento entre la barbarie que representa una masa encendida por el odio, que intenta linchar a un delincuente, y la justicia personificada por el sheriff (un inmenso Marlon Brando) que trata de evitar el linchamiento, el telón de fondo, sin el que la trama carecería de sentido, es el de la vida asfixiante, llena de envidias y rencores, del pequeño pueblo del sur estadounidense donde en los años sesenta transcurre la película. Y es que ya se sabe: pueblo pequeño, infierno grande.

Los estadísticos o los físicos suelen explicar hasta qué punto el tamaño determina muchas de las leyes aplicables en sus campos profesionales respectivos. Pero el tamaño es también muy importante en la política. De hecho, en política cabe hacer cosas a pequeña escala que a gran escala resultarían muy difíciles (la democracia asamblearia, por ejemplo), pero cabe también todo lo contrario: así acontece, sin ir más lejos, con las coaliciones de gobierno.

Por eso, porque lo que consigue marchar, aun a trancas y barrancas, con ciertas dimensiones puede ser un horror si se reduce su tamaño, es por lo que sería un disparate que a los municipios que desde mañana serán cogobernados por el PSdeG y el BNG se les aplicase la plantilla de la Xunta bipartita. Por decirlo sin tapujos: si lo que pretenden los nacionalistas es que sus nuevos tenientes de alcalde sean como otros tantos Anxos Quintanas de dimensión municipal, estamos aviados.

Aviados, sí, porque el compromiso a palos con que han pretendido bloquearse las constantes fricciones en la Xunta entre los dos socios que la gobiernan actualmente -la reducción de los puntos de choque mediante el deslinde de dos claros polos de poder- es de casi imposible aplicación municipal, un ámbito donde la estructura de gobierno está fuertemente presidencializada y donde las esferas de gestión guardan muy estrecha relación.

Que nadie se engañe, por lo tanto. Ha sido posible de momento, aunque nada funcional, que la parte de la Xunta controlada por el Bloque actúe como una Xunta bis en relación con la que controla el Partido Socialista. Pero ni por dimensión, ni por complejidad administrativa, un ayuntamiento es un Gobierno regional. Por ello, tratar a la brava de extender ese esquema de la Xunta a los nuevos ayuntamientos nacionalistas-socialistas será, seguro, constituirlos con un certificado previo de fracaso. Un fracaso, no se olvide, que pagaríamos todos los vecinos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67257126985665592862007-06-14T21:03:00.000+02:002007-06-14T21:03:00.000+02:00Alguén pode dicirme que fai Xabier Toba (que non s...Alguén pode dicirme que fai Xabier Toba (que non se presentou a estas eleccións e non é nin siquera xerente polo de agora de ningún consorcio) negociando o reparto do poder en Vigo, ademáis co asuntiño do PXOM como estrela do convenio? Xa sei que o PSOE pasará polo aro, noxentamente, cun Xulio Calviño pouco celoso con estes temas,pero, por favor, un pouco de disimulo.
Julio ALonso, a xoia que ía de número 2 de Soto nas eleccións pasadas, concellal que disque sentou no campo de Granada, e famoso por combatir a marea negra nos días do Prestige, di que o vindeiro luns afiliarase ao PP.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-90300171669607563972007-06-14T00:20:00.000+02:002007-06-14T00:20:00.000+02:00Eu frecuentei moito Arroutadas durante unha época....Eu frecuentei moito Arroutadas durante unha época. Construín o personaxe dun vello de case 90 anos, medio socialista medio libertario. Paseino moi ben. Despois enrareceuse o ambiente e decidín marchar. O Lugués recórdoo como un bo foreiro, nacionalista firme e militante, pero dialogante e respetuoso.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-18356313612428189072007-06-13T21:23:00.000+02:002007-06-13T21:23:00.000+02:00APC: eu ben sei o que digo, pero son un cabaleiro ...APC: eu ben sei o que digo, pero son un cabaleiro e respetarei a petición do lugués González.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-26245615756894590232007-06-13T21:14:00.000+02:002007-06-13T21:14:00.000+02:00... Logo sabe quen é o tal.... Logo sabe quen é o tal.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1232251433853458732007-06-13T21:11:00.000+02:002007-06-13T21:11:00.000+02:00Non poña trapelas, Arume, que me absteño de dar pi...Non poña trapelas, Arume, que me absteño de dar pistas nin polo si nin polo non. O Lugués non mo perdoaría.Anonymousnoreply@blogger.com