tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post3760439121872236469..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-49409233267667580362009-11-04T23:41:15.543+01:002009-11-04T23:41:15.543+01:00Efectivamente. Os términos precisan de definición,...Efectivamente. Os términos precisan de definición, senon non nos entendemos.

O término homosexual según a definición da sexoloxía sería inconpatible con ter muller e fillos.Ambas posibilidades son excluintes.

Tamén concordo con Nós por Eire que o artigo é confuso e da demasiadas voltas para non aclarar nada.lobo neghrohttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25842643602618668062009-11-04T01:05:14.518+01:002009-11-04T01:05:14.518+01:00Moita beatería hai aínda nos ambientes do "ga...Moita beatería hai aínda nos ambientes do "galeguismo cultural institucionalizado". Boa proba é o post precedente.Saír do armarionoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21959422635264542722009-11-03T22:19:50.014+01:002009-11-03T22:19:50.014+01:00Ben escrito, pero moito baralle, pouca clarificaci...Ben escrito, pero moito baralle, pouca clarificación, pouca chicha. Callón deberá falar coa xente máis próxima ao autor, entre os círculos da arqueoloxía, por exemplo ou da museoloxía. Se cadra así topa algo de luz. Pero sexa consciente de que non todo hai que airealo sempre.
E o Filgueira, non era o demo, xamais un delator, senón un cristián posibilista que tratou de salvar o salvable, como fixo creando o IPSEG para rescatar o rescatable do SEB, tivo na casa agochado un comunista.
Pregúntelle Callón a Ferro Ruibal que llo pode explicar.
Non xogue a enfant terrible. Pregunte. Escoite. Estude. Lea.NóS por Eirehttps://www.blogger.com/profile/01040599907421072799noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30642041495276939082009-11-03T18:37:46.127+01:002009-11-03T18:37:46.127+01:00Cando eu comecei a meocear con quen hoxe é a miña ...Cando eu comecei a meocear con quen hoxe é a miña muller, se é que aínda ven sendo lexítimo a apelación a propiedade privada neste eido tan controvertido, sorprendinme moito cunha "coplilla" malévola, infamante, que, ignoro por qué vía chegou a ela, corría pola súa familia.

Vouna reproducir, sen outro ánimo que amosar ata que punto chegaba a forza do "rumor" ó que fai referencia continuada o articulista. Espero que ninguén pense que pode haber ningunha outra intención pola miña parte:

Ou, señor de Bouza Brey,
o que o mundo lle depara,
a vostede o ollo do cu,
cóstalle un ollo da cara.

Nunca pensei nestes vilísimos versos en ningún sentido, nin sequera os reproducín xamais de forma oral o escrita. Talvez aquí teñan xustificación.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61816776869927901272009-11-03T14:23:49.147+01:002009-11-03T14:23:49.147+01:00Éxcelente artigo. Sería interesante clarexar ainda...Éxcelente artigo. Sería interesante clarexar ainda mais. Felicidades Sr. CallónFalcatruánnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-58443782144394192822009-11-03T13:29:47.978+01:002009-11-03T13:29:47.978+01:00No 1992 o Ano das Letras foi dedicado a Bouza Brey...No 1992 o Ano das Letras foi dedicado a Bouza Brey. Estaba eu daquela en comisión de servizo, nun equipo que traballaba en Lugo e adscrito á Dirección Xeral de Política Lingüística; no 1991 elaboraramos nós as Unidades Didácticas, editadas pola Xunta, sobre Cunqueiro, e o seguinte tocoulle a Bouza.

Por un determinado problema de compaxinación, as UD do 92 constitúen un galimatías notablemente desordenado, pero así e todo encóntrase a parte biográfica. Non se atopará nela referencia ningunha á homosexualidade, e ao ao respecto podo dar algunha explicación.

Eu souben aquel ano de tal cuestión; dábase como seguro que saíra da Maxistratura por iso, e que andaba un mozo (non sei de onde) polo medio. A sona de don Fermín era innegable, e relacionada con ela hai unha anécdota con Manuel María polo medio; a min chegárame inicialmente por outra vía, pero estou en que tamén lla escoitei a el mesmo, que con Pedro Luaces foi fonte oral fundamental de achega biográfica. O caso é que o igualmente mozo Fernández Teixeiro fora a Compostela certo día, estivera con Bouza Brey e deulle a noite na súa casa. Foi convidado a pasar alí a noite, cortés e insistentemente, e á negativa (non sei máis baseada en 'educación' ou en fama) opúxolle Bouza Brey o seguinte argumento, de expresión se non literal si moi aproximada: "Pode(s) quedar con confianza, que a porta do cuarto ten chave".

Aprendín moito sobre o poeta e erudito aquel ano. Pero esa dimensión da biografía foi estrita e explicitamente excluída; entre outros, xogou o argumento de que a súa esposa aínda vivía. Obviamente, a introdución está ben coxa. E eu non digo nada máis.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30333441244428704402009-11-03T02:23:01.363+01:002009-11-03T02:23:01.363+01:00Interesante e intelixente artigo, por certo.Interesante e intelixente artigo, por certo.apicultornoreply@blogger.com