tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post411852636643451527..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger51125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91726870173770877322007-10-11T15:15:00.000+02:002007-10-11T15:15:00.000+02:00Editorial Mondadori. Traducción de Juan Manuel Sal...Editorial Mondadori. Traducción de Juan Manuel Salmerón.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56869351909553224462007-10-10T08:51:00.000+02:002007-10-10T08:51:00.000+02:00En efecto, amigo Leituga 1. Esa é. Non me sorprend...En efecto, amigo Leituga 1. Esa é. Non me sorprende a relativamente rápida traducción. Non o sabía. Que editorial?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-14010540497184358382007-10-10T01:40:00.000+02:002007-10-10T01:40:00.000+02:00Esta tarde caín polo "Corte Inglés" e estaba na me...Esta tarde caín polo "Corte Inglés" e estaba na mesa de "novidades" a novela "Como Dios manda", de Niccolò Ammaniti. Crendo lembrar que era a recomendada con tanto entusiasmo polo Arume dos Piñeiros, fíxenme con ela. Quero dicir que a comprei, non vaia ser que me interpreten mal. ¿Podería confirmarme o señor Arume se é esa mesma que tanto lle gustou?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42212532716116441432007-10-09T22:50:00.000+02:002007-10-09T22:50:00.000+02:00Por outra parte,a Kerouac e Gingsberg tamén os lín...Por outra parte,a Kerouac e Gingsberg tamén os lín,máis que nada porque era a moda,pero non me influenzaron nada de nada,non séi se porque non me levaba ben con xente (concreta) que os admiraba.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-62531586921636961782007-10-09T22:48:00.000+02:002007-10-09T22:48:00.000+02:00Vaia,Jim Morrison,penséi que era eu o único que le...Vaia,Jim Morrison,penséi que era eu o único que lera a K.Lorenz de noviño e me influenzara moito.Aparte dos máis coñecidos,tamén me gostara moito "A outra cara do espello"Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-51511633389378909512007-10-09T22:03:00.000+02:002007-10-09T22:03:00.000+02:00Pola miña parte, recoñezo que os libros que máis m...Pola miña parte, recoñezo que os libros que máis me marcaron non foron en lingua galega. Máis ainda, debo admitir que, dende o punto de vista do que se entende por "alta cultura", síntome moito máis europeo ou americán que español ou galego. E iso porque as miñas lecturas decisivas foron, no seu momento, Kerouak, Ginsberg, Marx, H. Miller,K. Lorenz. Carpentier e Heidegger, por citar as primeiras que me veñen á cabeza. E teño a sospeita de que a moitos galeguistas e nacionalistas pásalles o mesmo, pero non o din. Cousa distinta, claro, é a miña cultura no sentido antropolóxico-cultural, digamos. Aí si son galego e encantado de selo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17156345233196341052007-10-09T15:32:00.000+02:002007-10-09T15:32:00.000+02:00boas! eu son fillo dun dos contertuliantes deste W...boas! eu son fillo dun dos contertuliantes deste Webblog... a peticion de meu pai, escribo aqui, para poñer aos meus escritores favoritos:
mark twain, H.p. lovecraft, ... despois lin unha cantidade de libros de aventuras... un par de libros historicos... e algun ensayo que outro. a miña idade é 17... weno... cumpro o 28 deste mes. encantamea as novelas de aventuras, e desprecio un pouco a narrativa actual galega, e española, pois calificoas de dexenerantes en canto aos temas, e en canto á forma de escribir. Son da opinion de que a literatura galega deberia olvidarse de toda a narrativa de posguerra e voler a comezar de novo dende os tempos de castelao. Ainda asi algun que outro libro desta epoca salvase... pero a maioria enchenme dunha sensacion de claustrofobia cultural... sinto como se ó autor xa se considerase a si mesmo unha "estrela" por escribir un libro.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-77830360734989000652007-10-09T11:29:00.000+02:002007-10-09T11:29:00.000+02:00Se o eurocentrismo aínda agora marca, nos setenta ...Se o eurocentrismo aínda agora marca, nos setenta resultaba complicado desfacerse del; porque a ampliación á literatura americana pode supor unha especie de eurocentrismo ampliado (isto queda como provocación, que non vai ser o Apicultor só).

Nas lecturas de mocidade, de feito, aínda o panorama se vía máis restrinxido a oito ou nove ámbitos lingüístico-literarios, incluíndo o galego e o catalán. Excepcionalmente xurdía algún autor doutra área, entre eles tres que estimei bastante Mika Waltari, Milovan Djilas e Halldór K. Laxness (cada un unha obra, "O etrusco", "Montenegro", "A campá de Islandia").

Nos oitenta cheguei a un gran autor árabe-africano que non se mencionou aquí, Naguib Mafouz; "O canellón dos milagres" é unha gran novela.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86101903413571891162007-10-09T10:57:00.000+02:002007-10-09T10:57:00.000+02:00Eu vou arriscarme.Como dixo non seí quén,sempre fa...Eu vou arriscarme.Como dixo non seí quén,sempre facemos listas dos mellores literatos con europeos ou americanos i esquecemos ós chinos,indios, xaponeses...
Tokio blues,non dimenticar...

(Vaia,todas as versiós de "non dimenticar" de youtube están en inglés.Eu quería atopala en italiano pra Arume d.p....)

Non dimenticaaaaar
t´ho voluto tanto beeeneeee
t´ho saputo amaaaaar
non dimenticarrrr
(Ejem)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23334783702631600212007-10-09T01:03:00.000+02:002007-10-09T01:03:00.000+02:00Pois non sabe o peso que me tira de enriba, amigo ...Pois non sabe o peso que me tira de enriba, amigo Arume. Grazas por aforrarme unha compra e unha lectura.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52933411320031157322007-10-09T00:26:00.000+02:002007-10-09T00:26:00.000+02:00E xa que o vexo dubidoso e, con perdón para a fill...E xa que o vexo dubidoso e, con perdón para a filla de Leituga1, non estaría tan seguro de que os seus aprazamentos non estarían guiados polo bo olfato. Eu, teño que confesar, deixeino aló pola páxina 20. E alí quedou o Murakami.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86102612968793899392007-10-09T00:05:00.000+02:002007-10-09T00:05:00.000+02:00Sei do éxito desa novela de Murakami que cita Leit...Sei do éxito desa novela de Murakami que cita Leituga 1. Tívena nas miñas mans dúas veces: na versión máis cara e na de peto. Pero despois púxenme autocrítico e díxenme: neno, non te disperses, que tes outras prioridades. Daquela, non a collín. E sospeito que fixen mal.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55696722012491572602007-10-08T23:37:00.000+02:002007-10-08T23:37:00.000+02:00Preguntaba o señor Valcárcel polas lecturas xeraci...Preguntaba o señor Valcárcel polas lecturas xeracionais dos mozos de hoxe, cousa sobre a que nos podería informar mellor algún deles, no raro caso de que lesen este blog. Eu creo que lles gusta moito, polo que teño visto e oído, un xaponés que lle chaman Huraki Murakami. A miña filla é tola del, sobre todo dunha novela titulada "Tokio Blues" ("Norwegian wood" no orixinal xaponés). Tamén xente de maís idade me ten falado moi ben del. Eu vouno ler en canto teña algo de tempo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-77555826796895541092007-10-08T22:58:00.000+02:002007-10-08T22:58:00.000+02:00Por ser alumno de Xesús Alonso Montero as leituras...Por ser alumno de Xesús Alonso Montero as leituras ata os 70 foron completamente dirixidas.
Dende Fole a Otero Pedrayo, Blanco Amor, Iglesia Alvariño, Celso Emilio e moito Castelao, a poesía dos lugueses, Pimentel, Novoneya, Manuel, Rábade Paredes, Rodríguez Barrio, os irmáns Valcárcel.
Logo na estadía en Compostela, novela, Casares, Freixanes, o Crime de Reigosa, e historia, moita historia, Murguía, Otero, Fdez. del Riego, Risco e moita prensa diaria e as revistas semanales.
Recordan vostedes aquel suplemento da Voz de Galicia dos domingos dos anos 70 sobre las letras galegas cas ilustracións de Seoane, e o Taboa Redonda de Fole no Progreso de Lugo. Eran imprescindibles.
Hoxe aínda leo en alto a Cunqueiro teatralizado e os meus din que estou tolo, e a miña pasión: Dario Xoán Cabana, amigo e irmán.
En castelán todo empeza e acaba no parente de Xosé Manuel e en inglés nun tal John LennonXaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17786525352132130262007-10-08T22:29:00.000+02:002007-10-08T22:29:00.000+02:00Era un vello entrañabel, a librería no portal tras...Era un vello entrañabel, a librería no portal trasladaba a un a outro tempo, o mostrador semellaba dar testimonio de asuntos até de entón velados, outra realidade, a realidade das victimas da guerra, dos perseguidos, dos contestarios, e aquela pequena vitrina na rua parecía gardar xoias, é verdade.
Se teño que imaxinar un burato no tempo polo que colarme até a guerra civil, indudabelmente faríao dende a libraría de portal do Clemente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-12928256199695134522007-10-08T21:37:00.000+02:002007-10-08T21:37:00.000+02:00Jimmy,coincido con vostede en varias cousas,inclui...Jimmy,coincido con vostede en varias cousas,incluida a libreria Clemente.Voulle contar un segredo de infancia:
Un ano fún a unhas colonias de vran,e non gastéi nin un peso dos cartos que me deran,por que quería comprar un libro que vira no escaparate do Clemente.Cando volvían daquelas pequenas vacaciós,estiven esperando desde as oito da mañá (era no vran) a que abrira o Clemente.Cando chegóu e me víu sentadiño,esperando por él desde tan cedo,quedóu asombrado cando lle dixen que éra por comprar un libro.Desgraciadamente,xa o vendera.Qué decepción.Recomendóume outro similar,compreino,pero funme triste.Non digo que libro era,por que agora parece ridículo...
Tamén xoguéi moito ó xedrez con él,porriba do mostrador.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67323976472275321482007-10-08T21:24:00.000+02:002007-10-08T21:24:00.000+02:00Non lle fagan moita publicidade a este spot que no...Non lle fagan moita publicidade a este spot que nos van subir os impostosbastián gomez trabadelohttps://www.blogger.com/profile/10508503510834051223noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21869226348842786852007-10-08T21:23:00.000+02:002007-10-08T21:23:00.000+02:00Beau-voir.Behaivour.Behavior.Menudo barullo menta...Beau-voir.Behaivour.Behavior.Menudo barullo mental me fixen...(:PAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55906888977766323382007-10-08T21:22:00.000+02:002007-10-08T21:22:00.000+02:00Vino o outro día a toda pantalla antes de "Promesa...Vino o outro día a toda pantalla antes de "Promesas del Este", con medio cine escarallado de risa. Paréceme do mellor que teño visto últimamente: pero ollo que é de Tojeiro, o de Reganosa.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30566326245936871252007-10-08T21:12:00.000+02:002007-10-08T21:12:00.000+02:00Isto é o que se di do spot en Chuza! Moi recomendá...Isto é o que se di do spot en Chuza! Moi recomendábel esta web-de-noticias-non-xerárquicas! (Eu ainda non o puiden ver, porque non teño tele e a miña conexión a 58,6 kB non me permite baixar vídeos coa axilidade necesaria).lourixehttps://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76157698925667634472007-10-08T21:03:00.000+02:002007-10-08T21:03:00.000+02:00Que lles parece este spot de Gadis que remato de v...Que lles parece este spot de Gadis que remato de ver no blog de Perfecto Conde (moi recomendable este blog)?

Vivamos como galegos!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33560690292680085942007-10-08T20:42:00.000+02:002007-10-08T20:42:00.000+02:00E tampouco saimos tan mal,amigo Jimmy de Rairo, te...E tampouco saimos tan mal,amigo Jimmy de Rairo, tendo en conta que moitos tivemos unha información autodidacta: as novas de libros que nos daba un amigo ou un profesor progresista e galeguista... Hoxe consta que non están de moda o Politzer nin Marta Haenecker, que na última etapa devoramos en caderniños (culpable: son dos que teño os libros subliñados, incluídos estes). Que lerán hoxe os mozos de 17-18 anos equivalente a estas nosas lecturas xeracionais? A maioría dos autores aquí citados resisten unha segunda ou múltiple lectura. Outros, moitos deles na clave política, mellor non retomalos: para non caer na frustración.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91940878164788196032007-10-08T20:31:00.000+02:002007-10-08T20:31:00.000+02:00O señor Da Coba tivo a culpa de que eu puxera tamé...O señor Da Coba tivo a culpa de que eu puxera tamén mal o apelido da Simone. Bótelle a el a culpa, señorita Lourixe, e perdóeeme a min.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45318237550299306102007-10-08T20:22:00.000+02:002007-10-08T20:22:00.000+02:00No setenta eu dábame atracóns de chistes na casa d...No setenta eu dábame atracóns de chistes na casa dun bó amigo, lía aquela colección branca de clasicos xuvenís de Bruguera, London, M.Shelley....Logo comezei a mercar libros de Alianza, psicoanalase socioloxía, Kafka na librería Meiga. Sen saber tamén moi ben como caín nunha pequena librería de portal, a do Clemente, que me recomendaba libros políticos, sobre todo marxismo, logo veu Tanco. Nunha viaxe a Compostela presentáronme a Ferrin, cando estaba mercando catro exemplares de Elipsis e outras sombras. Daquelas alternabanse os Canles da UPG con acercamentos a Kant,Kropotkin co Atraso Econòmico de Galicia, incursións na Recherche con Memorias dun neno Labrego, Terra e Tempo co Viejo Topo, teatro de histrión 7O con Grotovsky ou Becket. Así saimos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-73616172094670786752007-10-08T20:21:00.000+02:002007-10-08T20:21:00.000+02:00Lourixe, tamén eu gañei un premio de poesía (tres ...Lourixe, tamén eu gañei un premio de poesía (tres eramos os presentados e os outros dous eran seudónimos meus) e gracias a iso lin con atención Sempre en Galiza e Longa noite de pedra. E ao revés que a Leituga 1, o primeiro non son agora quen de aturalo: o segundo aínda me entusiasma. Ás veces, creo que debo reler menos, deixar os libros en paz para non darlles unha segunda oportunidade na terra.Anonymousnoreply@blogger.com