tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4260173450498712250..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger30125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42066084138872114652007-09-28T12:43:00.000+02:002007-09-28T12:43:00.000+02:00Poñamos unhas pingas de amarelismo. Outras de mala...Poñamos unhas pingas de amarelismo. Outras de mala uva, ousexa, ruín. Outras de ruxe ruxe, dixome dixome e se ascaso. Outras de mozas de calendario para promocionar o asunto. Resultado:

croque1 s.m. 1. Golpe leve na cabeza. Levou un croque ó tropezar contra a columna. SIN. truque. 2. Vulto que sobresae como consecuencia do golpe. Saíulle un croque na testa. u SIN. coque, pote.

croque2 s.m. 1. Planta silvestre de talo sinxelo, con follas alternas e flores pendentes en ramallo, con corola de cor púrpura en forma de dedal. Un valado cheo de croques. 2. Flor desta planta. Os rapaces collían croques para estalalos. u SIN. estraloque, milicroque, sanxoán.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16199040757313526362007-09-28T11:45:00.000+02:002007-09-28T11:45:00.000+02:00ALFREDO CONDEUvas e sol, compendio da luz Mediado ...ALFREDO CONDE
Uvas e sol, compendio da luz
Mediado setembro, este mes que a tantos se lles antolla dourado, e aínda non, andabamos ás uvas. Verdes prós máis raposos, madurecidos náparos pra outros, ácedas uvas do país que outros chaman catalanas pra non poucos, as uvas penduraban ó sol coma se tal cousa; millor dito, como debe ser.

Uvas e sol, velaí o compendio da luz. Unha uva é un sol pequeño, moitas unha luminaria esplendorosa. Se son negras, astrinxen; se brancas, producen laxitude. Se negras, atesouran a luz no medio da que voan as curuxas e outros animais sabios, mouchos e así. Se brancas, a que atravesan os miñatos de vrán e musicou o Maestro Vide. Eu recordoo, pequeno e branco, camiño do Instituto do Posío. El tamén andou ás uvas.

Ir por uvas, velaí unha frase á que sacar moito zume. As froitas proporcionan símiles poderosos. Ir ás claudias, claudiar, é outra da que xa quedan poucos que saiban da súa exacta e terrible concisión. Claudio é o que coxea, o que cae. Claudiar é abatir. As guerras son duras, máis se fraticidas. E a máis dura da dureza fraticida é aquela que padecen aqueles que, nas retagardas, ocupan os lugares dos vencidos. Este noso é un país de retagarda. Foino sempre. Isabel, a de Castela, desmochounos as torres dos castelos, abatéunos os propios castelos, claudiónolos. Logo, afixémonos a elo. Así seguimos. Torre que asoma, torre que abatimos.

Mediado setembro, alguén fixo confesión de parte. Ninguén llo pidira. Colleu un acio de douradas uvas, penduróuno na solaina por ver de que chegaran ó próximo solsticio e fóronlle por elas. Dende outro blog non entenderon nada, así é o país, así somos. Maldita historia.

Hai uvas que, na miña terra ourensá, se chaman de collón de galo, ou de collón de bispo, vostedes disimulen. Son desas das que hai que botar man, precisamente, pra facer confesións de parte, ousando expoñelas á luz sen que ninguén o pida, colgándoas na solaina. Unha vez ó sol han servir prá concordia e o entendemento, nunca pró axuste dunha conta que hai que saber se está ou non vixente, mesmo se o é ou se esta condoada, cando non esquencida ou arrombada pola propia executoria.

Cál afán é o que nos move?: o de xuzgar ou o de condear? Ah, país, país! País, este noso, de xuíces implacables, vingadores e terribles, tal e como o dun Dies irae interminable, sempre no cima dunha torre desmochada, sempre co fondo musical dun renxer de dentes, estremecedor e cruel. Único e tan noso.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15851077674057119812007-09-27T14:47:00.000+02:002007-09-27T14:47:00.000+02:00Viva Galicia ceiba e socialdemócrata!Viva Galicia ceiba e socialdemócrata!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74553615823415921592007-09-27T11:31:00.000+02:002007-09-27T11:31:00.000+02:00Este sábado poden vostedes poñer ao día eses recor...Este sábado poden vostedes poñer ao día eses recordos: seica hai un cumpleanos na Coruña. Quen vaia xa contará.
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3923Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55488632970067836642007-09-26T22:19:00.000+02:002007-09-26T22:19:00.000+02:00Admitida a corrección, amigo XMG. O certo é que no...Admitida a corrección, amigo XMG. O certo é que non podía eu asegurar ese dato de Margarita Ledo: só me fiei da miña memoria visual. O que si é certo é que, case ó remate da asemblea, cando sairon Ferrín, os de Galicia Ceibe e os de Arco da Vella (O Roxo e Rosa, entre eles) nese grupo, non moi grande, vin saír tamén (pasaron diante de onde eu estaba) a Margarita Ledo. Quizais foi coincidencia ou amizade cos que marchaban: eu derivei diso esa militancia que non podo confirmar, insisto. Por outra banda, Margarita foi xefa miña de célula e non lle quero mal: supoño que ela tamén o sabe.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15874284613125341652007-09-26T22:06:00.000+02:002007-09-26T22:06:00.000+02:00Aínda me dá tempo a ler isto e só corrixo un detal...Aínda me dá tempo a ler isto e só corrixo un detalles: Margarita Ledo non estaba daquela en GC, seino ben por cuestións ben particulares: eu tamén era daqueles "nacionalistas independentes", expulsado da AN-PG un ano antes. Alberte, "o Roxo" fora en efecto da UPG, e do Comité Central; de "Arco da Vella" era tamén a muller, Rosa Bassave.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46456437657073637872007-09-26T19:01:00.000+02:002007-09-26T19:01:00.000+02:00Algunhas das ideas e expresións que aparecen nesa ...Algunhas das ideas e expresións que aparecen nesa suscinta historia do BNG xa foron discutidas aquí, ás veces non exentos de paixón.

E verbo do do tráfico, estou de acordo, en termos xerais, co que di Marcos.

Pero eu, do texto do señor Steamroller, quedaríame con outra frase, exposta con esa frescura politicamente incorrecta tan súa, que di o seguinte:

"O problema é que a políticia do BNG basease en que todo vai ir mellor simplemente porque o leven eles, e xa non cola, amiguiños, xa non cola, ... Hai que razoar que obxetivos, que medios e como se van utilizar estos medios para que os galegos apoien as medidas propostas polos nacionalistas. Aos benejeros rematouselles a patente de tontismo buenista, así que ... a traballar ou a rañala por ahi adiante".

Por suposto, onde pon BNG tamén pode substituirse por calquera outra sigla.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74055888503862907432007-09-26T18:59:00.000+02:002007-09-26T18:59:00.000+02:00Sobre un detalle desta mesma asemblea, mantivemos ...Sobre un detalle desta mesma asemblea, mantivemos hai uns meses unha polémica na prensa, cordial con todo, Méndez Ferrín e máis eu. Pero isto xa non ten importancia. Ferrín militaba daquela en Galicia Ceibe como Margarita Ledo e outros. De Arco da Vella lembro sobre todo a Alberte de Esteban Gracia, vello militante de Historia que xa estaba rematando a carreira cando eu cheguei a Compostela (creo que pasara pola UPG, como medio país, por outra parte).Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53520782428558868272007-09-26T18:54:00.000+02:002007-09-26T18:54:00.000+02:00Lin a sintética HISTORIA DO BNG que ligou M. Swan ...Lin a sintética HISTORIA DO BNG que ligou M. Swan cun pouco de presa (teño que saír agora). En xeral creo que é correcta e non vexo erros graves no que lembra a miña memoria (eu estiven nesa asemblea de Riazor). Anotó dúas cousas curiosas:
- contra o que se facía naquela época, este texto recoñece a relevancia das manifestacións da autonomía do nadal do 79
- ademais tamén se afirman como nacionalistas forzas políticas como EG e PG que daquela eran alcumadas (lembran?) como pseudonacionalistas.
É unha magoa que non se dean datos máis concretos: resultado das votacións,p.ex., Eu gárdoos nunhas notas que tomara naquelas xornadas e que conservo no meu arquivo. Pero supoño que alguén xa o fará nestes días.
Dise que a AN-PG apoiou oficialmente o nome de BNG: supoño que a UPG si pero eu non lembro debates dentro da AN-PG ó respecto; de feito, eu votei outra alternativa. Pensaba que nacía algo novo e non debía manter case o mesmo nome da anterior (BN-PG).
Outra curiosidade: naquel grupo de nacionalistas independentes (cítase a Beiras e Suevos)tivo un papel protagonista M. Xordán, profesor de Económicas. Por alí andaban tamén, creo, os historiadores Xosé R. Quintana e Alberte Romasanta. E supoño, tería que confirmalo, que tamén nomes como Antón Baamonde e Bieito Iglesias (quen logo pasaría ó colectivo Avante).
Unha historia que habería que facer con detalle: paga a pena.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-68190422634906135962007-09-26T18:16:00.000+02:002007-09-26T18:16:00.000+02:00Historia do BNG (con cromos recortábeis das princi...Historia do BNG (con cromos recortábeis das principais figuras):
thisAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11206965751821679492007-09-26T17:10:00.000+02:002007-09-26T17:10:00.000+02:00Do tema do Tráfico levamos meses oíndo babecadas d...Do tema do Tráfico levamos meses oíndo babecadas de supostos responsables a cada cal maior. É obvio que por pasar as competencias a Galicia non se solucionarán todos os problemas nin rematarán os accidentes: ninguén dixo iso, tampouco os que reclaman esas competencias. Pero tamén é certo que así como pode haber incompetentes nas posibles autoridades de tráfico galegas, tamén haberá incompetentes nos homólogos de Madrid: non hai diferenzas antropolóxicas, penso eu. Simplemente os incompetentes de aquí terémolos máis perto e ó mellor é máis doado lograr que traballen máis e mellor. E nun tema como o Tráfico, cunha poboación tan densa e espallada, algo terá que ver, digo eu, coñecer ben o país para estudar as mellores posibles solucións...
(Polo demais, os que se acheguen a Arroutadas xa saberán da obsesión antibloque de Steamroller blues, pero ista vez creo que anda errado)Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15267126398321971892007-09-26T16:24:00.000+02:002007-09-26T16:24:00.000+02:00Está claro que o tráfico ou tráfego desde onde mel...Está claro que o tráfico ou tráfego desde onde mellor se controla é desde un despacho de Madrid, cun teléfono e tres cámaras. Logo poden mandar unha serie de exploradores, boy-escauts ou bwanas locais para explorar, desde o terreo, as idiosincrasias do conductor galego (morriña, pesimismo, halitose alcohólica) e a calidade das estradas (congostra > corredoria > rueiro > calexa > pista da parcelaria > "carretera provincial" > "carretera autoanémica" (sic) > carretera nacional (sic) > autovía > AP-9).
Con estas medidas, e trescentos guardias civís motorizados a-patrullando as nosas carreteirñas tocadiñas de onde saben, problema resolto.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-409674186640087142007-09-26T15:09:00.000+02:002007-09-26T15:09:00.000+02:00¿Gostarías que GZ tivera as competencias en Tráfic...¿Gostarías que GZ tivera as competencias en Tráfico?

Steamroller blues

Pois eu non quero que transfiran desde Madrid as competencias de tráfico nin de coña. ... ¡Imaxinádevos que por un mamoneo polítiqueiro rematamos con un profesor de insti benejero experto en normalización lingüistica no cargo de responsable de tráfico en GZ!

Desenganémenos, amigos foreiros, GZ non ten políticos preparados para asumir moitas competencias, e nas filas nacionalistas a porcentaxe de xente profesional ainda é mais ridícula e descorazoadora.

E que ninguén se equivoque, dixen políticos, non galegos e galegas en xeral, ahí si que hai canteira para xestionar incluso un pais independente, pero a realidade é que aquí para chegar a un posto de responsabilidade na administración hai que bicar moitos cus nun partido político e maioría de galeg@s teñen a dignidade suficiente como para tirar profesionalmente por outro lado.

¿E porqué solo os mataos de unha profesión están dispostos a asumir un cargo de responsabilidade nunha adinistración? ¿Porque estan mal pagados, e por iso o das 15.000 libriñas? ¡O carallo vintenove! O que pasa é que calqueira profesional de nivel que teña unha certa dignidade profesiónal lle din aos políticos que se metan un ofrecemento de un cargo político polo cu, por moi ben pagado que estea. Isto é así, e ao que non goste que se colgue de unha viga. Por certo, o asunto de que os 15.000 euros so afecta aos que nunha deron un pao á auga na empresa privada deixamolo para outro post.

Así que a miña opinión é que mentras tengamos a esta panda de mamarrachos dirixindo os partidos políticos, eu case que prefiero que nos sigan a levar as cousas desde Madrid.

Moitas grazas pola vosa atención. Que teñades un bo día.

Gracias amigos e amigas foreiros por estos apuntes tan constructivos. As miñas condolencias porque o traspaso da xestión do tráfico non se acadara, a vos e a todos os vosos primos das fotos que seguro que conseguiríades un carguiño na Dirección Xerla de Tráfico.

Pero este non é o problema, o problema é que a políticia do BNG basease en que todo vai ir mellor simplemente porque o leven eles, e xa non cola, amiguiños, xa non cola, ... Hai que razoar que obxetivos, que medios e como se van utilizar estos medios para que os galegos apoien as medidas propostas polos nacionalistas. Aos benejeros rematouselles a patente de tontismo buenista, así que ... a traballar ou a rañala por ahi adiante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52550397990938342382007-09-26T13:08:00.000+02:002007-09-26T13:08:00.000+02:00E díxolle o zorro ás galiñas:"Pobriñas,ábrenvos ta...E díxolle o zorro ás galiñas:"Pobriñas,ábrenvos tarde,e non comedes"Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83125336441562363242007-09-26T12:45:00.000+02:002007-09-26T12:45:00.000+02:00O que chora non mama, e nunca troitas se colleron ...O que chora non mama, e nunca troitas se colleron sen mollar as saias, e amiguiños si pro a vaca polo que val, e ara o boi pra que outros coman, e bois que maman e berran, bo tempo esperan, e ara o boi pra que outros comanAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-63532483818909551112007-09-25T23:20:00.000+02:002007-09-25T23:20:00.000+02:00En síntese (máis tempo podía dar máis peneira), re...En síntese (máis tempo podía dar máis peneira), resposta ao cuestionario valcarzán:

Pregunta cinco: non. O bipartito sábeo e tenta aplicar unha política reformista que mude rumbo.

A diferenciación entrambas forzas existe, pero estaría sempre condicionada polo feito de que hai un programa marco de goberno e esa referencia, aplíquese máis ou menos, sempre está presente.

A achega de cada forza a tal programa non se corresponde coa ocupación actual de carteiras; nomeadamente, detecto notoria influencia nacionalista nalgunha formulacións que lle toca aplicar á outra parte; a aplicación, xaora, é outra cousa, e aí é de supor que a vontade e ganas desempeñan función relevante: eis por onde se pode intuír algunha diferenza de calado entre os socios.

Despois de dous anos, fóra do estilo e os obxectivos, resulta difícil encontrar elementos de goberno "nacionalistas" ou "de esquerda"; tamén hai que dicilo: logo dos famosos dezaseis anos, ignoro de que maneira podería conseguirse iso, de aí o meu escepticismo (digamos) perante o teor de certas críticas. Algunha cousa (nacionalista ou de esquerda) hai, e bastantes máis deberían conformarse no vindeiro ano e medio, se se quere presentar un balance razoable.

Con todo, o camiño reformista parece claro. Sóame particularmente ben a música (nalgún caso, tamén a letra) nas políticas de Vivenda, urbanización das costas e renovación do rural. Encontro notablemente problemática (por diferentes motivos) a xestión en Industria. Estame a gustar pouquísimo o de Política Lingüística e Educación. Hai departamentos nos que me perdo, coma Sanidade.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61132328222713436892007-09-25T23:01:00.000+02:002007-09-25T23:01:00.000+02:00Puiden volver un momentiño e encontro a intervenci...Puiden volver un momentiño e encontro a intervención do Arume. Eu penso que o anarquismo non é esquerda nin eles se deben considerar tal, senón "outra cousa" que parece responder a un ímpeto liberador; aquí daquela o que cumpriría definir é qué cousa será esquerda, se o desexan e se dan o tempo.

Sobre o outro: a imaxe d' "A vida de Brian" axéitaselle ben a certos cónclaves, e eu de ningunha maneira podería tomarllo a mal. A reunión fundacional do BNG foi algo máis amplo e serio, non digo necesariamente o mesmo doutras xuntanzas anteriores que se poden considerar, dalgún modo, como parte do mesmo proceso.

En todo caso, eu nin contei nin estimei. Dos que Marcos indica, probablemente o colectivo máis numeroso sería o de antigos membros da AN-PG, e a máis influínte a UPG; de feito, esta impuxera a denominación Bloque, herdeira da tradición anterior e responsable de que algunha xente (entre eles eu mesmo) non se integrase. Outros colectivos serían notoriamente exiguos; entre eles, ben sendo case proverbial o chamado Colectivo Socialista, e Arco da Vella (non integrado, e formado entre outros por moi coñecidos ex-militantes da UPG) tamén seguramente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-3167669397827794052007-09-25T21:24:00.000+02:002007-09-25T21:24:00.000+02:00O anarquismo ou é de esquerdas ou entón convenlle ...O anarquismo ou é de esquerdas ou entón convenlle a glamourosa pero necesaria precisión de anarquismo de salón ou anarquismo conservador. Unha contradictio in terminis da que moitos gustan. Pero quixera eu preguntar cantos viñan sendo naqueles grupos fundacionais e o máis importante, cantos compoñentes chegaban a ter cada un? Non mo tomen a mal. Pero é que ás veces (máis ben case sempre) recordo A vida de Brian naquela escea no circo coas discusión entre os distintos grupos políticos. Non o podo evitar.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82363745678153146292007-09-25T20:40:00.000+02:002007-09-25T20:40:00.000+02:00Ao confeccionar o anterior envío non lera o cuesti...Ao confeccionar o anterior envío non lera o cuestionario valcarzán; é interesante, pero desculpen, en todo caso será mañá. Teñan boa noite.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42965152717462644932007-09-25T20:38:00.000+02:002007-09-25T20:38:00.000+02:00Eu non son o eséxeta do BNG, e non me gustaría aca...Eu non son o eséxeta do BNG, e non me gustaría acabar ocupando aquí tal papel, nin tácita nin explicitamente; desa maneira poderei evitar tamén -tentarei, polo menos- que fagan eséxeses do meu propio pensamento, sobre todo comigo diante. (Vou ser un pouco brusco: dicía un mando na miña mili "delante de mis cojones", xa me desculparán o toque de color).

Pero, en síntese: Marcos realiza un achegamento estatisticamente bastante axeitado á actual realidade das cousas, mutatis mutandis; o Xaime algo atina tamén, se ben na campaña das municipais non se falou en tal sentido da "esquerda" -precisamente-, senón do cambio e a renovación (acerta de pran cando indica que non hai pactos PP-BNG, nin os vai haber proximamente, Quintana dixit aínda o outro día, nunha desas intervencións das que ninguén -vaia, hom- se decata); o Xoán da Coba entra nun punto de principio arredor do que eu tentaba andar desde o primeiro, se ben el o di mellor.

E o Apicultor interprétame. Ben, a súa eséxese é súa, e xa que se dirixe ao tendido eu tamén, e en ton forzosamente menor:

a) É de ver que do PSOE falei de paso e non fixen balance.

b) O BNG fai política, coma calquera. E polos feitos os coñeceredes.

c) Arco da Vella non se integrou no incipiente BNG por diversos motivos, algún deles diría eu -que estaba alí- puntual. Non se integrou pero non era rexeitado, e ese é feito relevante de cara á súa consideración como parte do propio proceso. O anarquismo non é esquerda (notoriamente, tampouco non é dereita); e de aí a relatividade e carácter gasoso de certos termos e conceptos en segundo que contextos.

Que no BNG do 1982 non había centro nin dereita? Xaora. Que non se manifestaba de esquerda? Igualmente certo, se non me confundo. Que a grande maioría dos que alí estaban si que se consideraban de esquerda? Por suposto, e moitas e máis rotundas cousas, por certo.

Hai evidencias que ningún parvo probablemente discutiría; unha delas é o bosque de puños que se ergueu o 25 de xullo na Quintana durante moitos anos. É certo que se seguen erguendo moitos, pero menos; e que certos persoeiros, en función da súa representatividade orgánica, nunca o fixeron, malia ser aceno absolutamente correspondente coa súa posición ideolóxica (excluímos a Beiras, sempre persoal e intransferible).

Non hai como estar calado para que non te entendan ao revés. Pero esta lingua, é que non para quieta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23195759253669641772007-09-25T20:36:00.000+02:002007-09-25T20:36:00.000+02:00Creo que ten razón XDC: a cousa non é tanto o que ...Creo que ten razón XDC: a cousa non é tanto o que cada partido declare a nivel teórico (niso ía o de nominalismo)nin sequera a perspectiva propia que teña cada un dos seus militantes, o seu propio imaxinario ideolóxico.
Quizais as preguntas pertinentes fosen estas (ou semellantes):
1. A praxe política do BNG no goberno é nacionalista antes que nada?
2. A citada praxe BNG é de esquerda?
3. A mesma pregunta para o PSdG?
4. Se as anteriores fosen positivas, en que se diferencia a esquerda do BNG da esquerda socialista?
e 5. Demanda realmente o país unha práctica política de goberno de esquerda?Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-14912716714129438502007-09-25T16:42:00.000+02:002007-09-25T16:42:00.000+02:00De tódolos xeitos,eso de ser de esquerdas ou de de...De tódolos xeitos,eso de ser de esquerdas ou de dereitas,se algún senso tén é nas OBRAS,por que no interior da cabeza,un pode ser o que queira e vivir nun mundo máxico de fadas e trasnos. A mín esos que dín que son de esquerdas pero non se lles ve nos actos lémbrame a eses que din que son emperadores do imperio mogol.(Ambolos dous poden dicir que non teñen ocasión de demostralo)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-8489385057690580532007-09-25T16:19:00.000+02:002007-09-25T16:19:00.000+02:00Como eu polo que aquí se dedude estou do outro lad...Como eu polo que aquí se dedude estou do outro lado do río, so plantexo unha cuestión:
Durante toda a campaña eleitoral, tanto o PSOE como o BNG, presentarónse como que ían a levar a esquerda a maioría dos concellos de Galicia.
Que eu saiba en ningún Concello o BNG pactou co PP ningún Goberno municipal, ergo o PP e de dereitas e o BNG se sitúa na esquerda.
De todos modos entendo a Xosé Manuel no sentido de que tal e como se presenta o BNG, non se define de esquerdas senón nacionalista, ainda que os seus militantes dicen ser cento por cento de esquerdas, que de decilo a selo realmente hai un treito.Xaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-79797303610024815032007-09-25T14:58:00.000+02:002007-09-25T14:58:00.000+02:00Se non entendín mal, as teses de González resumida...Se non entendín mal, as teses de González resumidas poderían ser as seguintes:

* Uns (PSOE) presumen de esquerdas pero, en realidade, actúan máis ben como de dereitas.

* Outros (BNG) non se proclaman nin de dereitas nin de esquerdas, pero en realidade veñen ser máis de esquerdas, aínda que non lles convén dicilo porque así: 1) Teñen unha marxe maior de manobra no plano político, 2) Poden arañar máis votos entre o electorado, 3) Poden actuar hoxe como esquerda, mañá como dereita -ou viceversa- e pasado mañá como medio pensionistas, segundo conveña en cada momento polo ben supremo de Galicia (isto último o digo eu e non González, naturalmente).

E un matiz de pura lóxica. Se os do colectivo Arco da Vella estiveron no acto fundacional do BNG pero á final non se integraron nin participaron na súa formulación programática, non ten sentido poñelos como exemplo de nada. E menos de que non eran de esquerdas. Eran anarquistas, non? Pois que eu saiba o anarquismo, con todos os matices que se queiran, pode ser englobado dentro da categoría esquerdas. Claro que tamén hai quen se considera "anarco-capitalista", pero coido que este non era o caso. En resumo, todos, absolutamente todos os grupos e colectivos que estiveron no acto fundacional do BNG eran de esquerdas (máis radical ou máis moderada, pero de esquerdas), participaran ou non participaran despois no "experimento".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70796173196703037422007-09-25T12:40:00.000+02:002007-09-25T12:40:00.000+02:00Non sei porqué lembro agora unha etapa de coqueteo...Non sei porqué lembro agora unha etapa de coqueteos entre Beiras e Fraga,cando ambos erán líderes das súas respectivas formaciós en Galiza.Anonymousnoreply@blogger.com