tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4363772575362767126..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger74125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35103703625875193162007-09-25T22:25:00.000+02:002007-09-25T22:25:00.000+02:00A súa pregunta presupón - que non existe tal cousa...A súa pregunta presupón
- que non existe tal cousa (cultura galega diferenciada)?
- que si existe pero son moitas cousas e non unha soa?
- que o de cultura aínda está por definir?
- que non hai cultura nacional, senón unha universal?
- que non hai culturas superiores a outras?
- que o que conta é o individuo e non a cultura como algo abstracto?
(...)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17039610457962357122007-09-25T21:55:00.000+02:002007-09-25T21:55:00.000+02:00Pero que é a cultura nacional?Pero que é a cultura nacional?Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91152949636598615322007-09-25T21:34:00.000+02:002007-09-25T21:34:00.000+02:00[Non todo está perdido... Máis que non queren vend...[Non todo está perdido... Máis que non queren venders... perdón pactar]
Galicia Confidencial, 25 de setembro

Os militantes nacionalistas amosan o seu malestar co plus dos 15.000 euros

Tal e como temos comentado, os militantes do BNG, a través dos seus representantes no Consello Nacional fixeron patente o malestar existente entre as bases nacionalistas pola aprobación do famoso plus dos 15.000 euros…

Aconteceu o pasado sábado, na reunión que este órgano tivo en Santiago. Alí, os líderes do Encontro Irmandiño, Movemento pola Base e A Alternativa fixeron patente a descoordinación que existe entre a Executiva, o Grupo Parlamentario e os membros nacionalistas no goberno. Criticaron que se aprobara este complemento sen antes telo abordado nos máximos órganos de decisión do Bloque. Falaron Camilo Nogueira, Xosé Manoel Beiras ou Alberte Rodríguez Feixoo, entre outros, para destacar esta circunstancia.

Precisamente, estes tres colectivos non apoiaron os dous documentos que se debatiron nesta xuntanza; “Guión de situación política. Estratexias e liñas de traballo”, sobre as accións políticas feitas e a facer polo BNG os vindeiros dous anos e “Guión para a avaliación do Goberno galego após dous anos”, sobre o traballo desenvolto polos nacionalistas na Xunta e o que queda por facer.

Nesta xuntanza tamén se escoitaron algunhas voces críticas contra a Consellería de Cultura, precisamente, de membros da UPG, quenes denunciaron que non se está a aproveitar a Cultura para “incrementar a cultura nacional”.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44319994473618596672007-09-25T12:19:00.000+02:002007-09-25T12:19:00.000+02:00Perdón: o vocativo ao Arume debía ser ao Apicultor...Perdón: o vocativo ao Arume debía ser ao Apicultor. Con todo, o primeiro se cadra non está desinteresado da exposición anterior.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-64611984093861607952007-09-25T12:17:00.000+02:002007-09-25T12:17:00.000+02:00O de que eu -e non os demais- caia nonominalismo, ...O de que eu -e non os demais- caia nonominalismo, e aínda máis o de que ese fose estéril, terá ou tería que demostralo. Ten vde. feito valer aquí o principio de que as disposicións legais "xeran realidade"; afirmo eu aquí o mesmo da palabra e a expresión.

O BNG non se declara de esquerda, e iso fornece unhas posibilidades de acción política máis relevantes das que arestora moitos lle outorgan; ao mellor incluso máis amplas daquelas que acadou o PSOE -e ese si que se declara de esquerda, cousa que non sei se colma o celo- a partir da gobernación felipista e as colateralidades de Barrionuevo ou Solchaga (non mentemos a bicha económica anterior), poño por caso entre outros. E é que as accións de goberno, nomeadamente aquelas que se verrifican en instancias executivo-lexislativas, dan medida relevante e por veces mesmo insospeitada.

A gran maioría dos afiliados, colectivos e base (a inmensa maioría ou, se cadra, case totalidade tanto do chamado BNG-partido coma do chamado BNG-sociedade) sitúanse no que arestora é denominado a "esquerda política". Iso ten consecuencia inevitable, desexable e notoria tanto no perfil da organización coma no seu actuar; pero non cambia o que os papeis explican nin polo tanto é patente de flagrante incoherencia. Que sorprende? Xaora. Case non sorprendeu o outro González cando forzou a retirada da palabra "marxista", verbi gratia; e as sorpresas que esperan nos anos que nos sexan outorgados, meus estimados contertulios, nados todos para aquí da Cortina de Aceiro, e ben me entenderán.

No 1982, Arume, había en Riazor algún colectivo que dificilmente encaixaría no concepto da esquerda política; citemos, por caso, o colectivo Arco da Vella, non integrado ao final probablemente de diversas resultas que ao mellor hai algún momento para dilucidar. Xa as cousas ían en cambio.

Incoherencias e contradicións no BNG? Xaora, e por benvidas as teñan. Falar de asuntos similares noutros grupos? Fágase, en efecto, fágase, que eu nin teño tempo nin ganas de furgar nas evidencias epidérmicas. Por min, seguir tratando en exclusiva do nacionalismo nin me molesta nin me parece negativo para o tal. Xa saben: mellor que falen dun aínda que sexa ben (frase gloriosa do meu primeiro responsable político, e xa choveu).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-3757082163067981572007-09-25T11:32:00.000+02:002007-09-25T11:32:00.000+02:00Segue caendo nun nominalismo estéril que oculta a ...Segue caendo nun nominalismo estéril que oculta a realidade. Mais agora non teño tempo para proseguer polemizando.

Só un pequeno apontamento: cando se funda o BNG en 1982 todos os que participaron na mesma -e non digamos xa os máis relevantes- eran inequivocamente de esquerdas, usaran esta palabra ou termo análogo. Se vostede se refire ao PNG de Peña, saberá que non participou no acto fundacional.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28766279404751702512007-09-25T11:29:00.000+02:002007-09-25T11:29:00.000+02:00E desculpe, Apicultor, que non lera o seu: eu non ...E desculpe, Apicultor, que non lera o seu: eu non descualifico, cualifico. Que Sarille é nacionalista supoño que segue sendo obvio; que baixo as súas duras críticas xace moita materia omitida e discutible, coido que tamén.

Pon vde. en min, Apicultor, palabras e argumentos que non utilizao desde hai ben anos, desde logo máis cós que que ten este blog; francamente, polo que me toca estráñame en vostede. Como tamén me estraña, e non só en vde., que por veces saltemos do nominalismo ao fondo das cousas, segundo din os que portugueses, sem dar por isso.

A letra é a que é; a práctica, tamén. Entendo que o cuestionamento de certos termos faga que salten as alarmas; fagamos o que fagamos, o tempo actúa.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-68673934326273707082007-09-25T11:18:00.000+02:002007-09-25T11:18:00.000+02:00Pode vde. consultar os documentos da AN-PG e os do...Pode vde. consultar os documentos da AN-PG e os do BNG; se encontra neles definición específica de esquerda, dígamo.

Na época da AN-PG (fins dos setenta, comezo dos oitenta), a expresión máxica era "socialista", "polo socialismo", lema ou salmodia equipolente. A miúdo había que facer o que eu agora, aclarar que a Asemblea Nacional-Popular Galega non se declaraba polo socialismo, senón que era unha organización "por unha Galicia ceibe e popular". O do socialismo deixa de estar de moda e aparece a máis fluída ou gasosa expresión "de esquerda". Cando o BNG é fundado (no 1982, este sábado conmemórase en Riazor o cuarto de século), participan na fundación colectivos diversos; e xaora, non todos se acollen á tal vitola.

Suxiro: valórense as liñas políticas, estímese se se quere a ideoloxía ou actitudes dos afiliados individuais. No meu entender, e en síntese apertadísima, o Bloque é unha organización nacionalista de perfil progresista, cuxas políticas están fortemente marcadas pola atención ás maiorías sociais, non hai moito chamadas "populares"; a gran (inmensa, supoño) maioría dos seus afiliados actuais considéranse "de esquerda".

De palabras me preguntan, de palabras contesto.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20561815485911646682007-09-25T11:14:00.000+02:002007-09-25T11:14:00.000+02:00Non mo tome a mal, González, pero véxoo moi descol...Non mo tome a mal, González, pero véxoo moi descolocado, habida conta que se esgota un argumento manido: son sempre os non (ou os anti) nacionalistas os que teñen a teima de criticar o BNG.

Mais agora, como é Sarille quen o fai, e con tanta contundencia, e ao que non se lle pode negar a condición de nacionalista, o argumento cae polo seu propio peso e queda invalidado de seu.

Daquela, e non mo tome a mal, vostede non ve outra saída que caír no nominalismo ou no formalismo, dicindo iso tan pintoresco, e falso na práctica, de que " nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda". E o di a despeito de declaracións, programas e actuacións. Ou tamén que o dos quince mil euros foi rectificado... esquecéndose dicir que coa boca pequena.

O BNG ten as súas contradicións internas e son moi fortes, e, por veces, o cemento que o une creba. Que outros partidos tamén teñen contradicións internas? Por suposto. Pero díganse, expóñanse, profúndese nelas, nada o impide e sería moi saudable facelo máis do que se fai. Aí hai un gran campo por explorar para os críticos nacionalistas. O que non é de recibo é descualificar (con palabras tan inocentes como teima, moda, deporte nacional) a aqueles outros non nacionalistas e que, por haches ou por bes, critican o BNG (algún siareiro na emigración dirían "atacar", pero estes dislates non contan).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38411181196244371792007-09-25T11:11:00.000+02:002007-09-25T11:11:00.000+02:00Similar frase oínlla fai anos a un histórico do Bl...Similar frase oínlla fai anos a un histórico do Bloque (xa falecido).
Outra que lle oín foi: "Eu non estóu contra o terrorismo en abstracto:estóu contra o terrorismo por que beneficia á dereita."Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42502456688740714362007-09-25T11:06:00.000+02:002007-09-25T11:06:00.000+02:00Vaia,Arume.Chocóunos a mesma frase.Vaia,Arume.Chocóunos a mesma frase.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45641773540185565472007-09-25T11:05:00.000+02:002007-09-25T11:05:00.000+02:00XM Glz: Facía moitísimos anos que non oía de forma...XM Glz: Facía moitísimos anos que non oía de forma tan explícita eso de que "nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda"...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-32853520789083960542007-09-25T10:56:00.000+02:002007-09-25T10:56:00.000+02:00"Nin o BNG nin os seus precedentes se declararon n..."Nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda":
comorrrrrrr?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-37747195772443258052007-09-25T10:42:00.000+02:002007-09-25T10:42:00.000+02:00Diríase que Sarille liquida nesta lexislatura bala...Diríase que Sarille liquida nesta lexislatura balance de décadas. Digo eu que terá este BNG cuxa case metafísica agroma vizosa en calquera fío e a calquera altura.

Imposible entrar en terra tan fértil en hipertexto coma este último artigo. Só citarei tres evidencias do atento: nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda; o da mutua implicación nacionalismo / de esquerda soa a vello vello; o dos quince mil euros foi rectificado, á marxe de matices.

Pero non me esforzarei; xa se sabe que eu, diga o que diga ou se cadra porque digoo que digo, carezo de credibilidade nestes asuntos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38671255543715629972007-09-25T09:04:00.000+02:002007-09-25T09:04:00.000+02:00SARILLE escribeExiste dentro do Bloque unha vella ...SARILLE escribe
Existe dentro do Bloque unha vella tradición, que consiste en lamentarse permanentemente polas rebaixas, os esquecementos de compromisos e as novas posicións da organización. Quéixanse as tendencias que se consideran máis consistentes ideoloxicamente, ás que chamaremos a, fronte ás outras, que producen eses cambios, que se contemplan, en troca, como menos comprometidas e máis lixeiras e que chamaremos b. As primeiras, a, están lideradas pola UPG e persoas soltas que aprenderon nese partido, mentres que as b van cambiando cos tempos: ao comezo eran os de Beiras, despois tamén algúns dos de Camilo Nogueira e agora toda esa xente que rodea a Anxo Quintana.

O ritual consiste no seguinte. Algúns de b, os que sexan, toman unha decisión, que por primeira vez se anuncia publicamente. Por exemplo, que a organización xa non é de esquerdas, senón que iso lle vén dado milagrosamente por ser nacionalista. Só importa Galiza, amigas e amigos, proclama o líder. Entón ao comezo os da UPG laiaranse, somos de esquerdas, afirmarán, o que lles serve para cerrar filas, cultivar unha certa ortodoxia de grupo, e dentro da propia tradición, explotar o elemento da lexitimidade, que é un valor engadido moi rendíbel.

Mais ao cabo dun ano, ou antes, aparecerá unha nova cuestión, que pode ser por exemplo o visto e prace da dirección, nomeadamente do portavoz nacional, para que os políticos do pasado e do presente cobren quince mil eurazos vitalicios só por teren estado na política, fosen útiles ou inútiles. Entón a UPG aborda o novo asunto, sen acenos públicos grandes, pero dando a entender que por eles non sería, e que as cousas dentro da organización son como son. A avantaxe desta nova controversia é que xa non se volverá sobre a anterior, sobre as esquerdas ou non esquerdas, porque hai que atender a nova xeira, cerrando filas e cultivando a ortodoxia de grupo. Un xeito peculiar de estar no contexto, de funcionar na engrenaxe do poder sen renunciar a unha especie de vixilancia de principios, de virtude afectada, que ten como única característica a demora dun ano na aceptación dos recortes. E así sucesivamenteAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-22669491691503069322007-09-24T23:52:00.000+02:002007-09-24T23:52:00.000+02:00Pola contra, eu non digo que o sexa, pero se a xen...Pola contra, eu non digo que o sexa, pero se a xente non o cre ignoro a que vén tanta esixencia.

Claro que as explicacións -con retranca ou sen ela- son psíquicas e sociais. Se alguén leva a culpa tanto se ara coma se non ara, algún mecanismo haberá no pensamento, algunha tendencia en colectivo para actuar así.

Que o Bloque se fixo antipático dabondo como para merecer iso? Pois algo diso tamén haberá, xaora. Ora ben, o do populacho, dicir, díxoo vde., para min non mire.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21474147263620091502007-09-24T23:32:00.000+02:002007-09-24T23:32:00.000+02:00Permítame decirlle que as súas explicacións son to...Permítame decirlle que as súas explicacións son todas de índole sicosocial, pero ningunha de índole política. Á xente gústalle mallar, esixir, ser cargantes, falar mal e non cambiar. Todas, pois, arraigadas no (non o dixo, pero queda implícito) populacho votante (apoiante) e ningunha no debe do partido. O que xa me parece máis discutible é ese "todo o país" confiado nun BNG ético, dedicado, eficaz, resolutivo. Non digo que non o sexa, pero que o país crea que o é xa me parece moito.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20118808249312170922007-09-24T23:15:00.000+02:002007-09-24T23:15:00.000+02:00Se lle podo contestar eu, Arume, ao que preguntaba...Se lle podo contestar eu, Arume, ao que preguntaba máis arriba, dareille dous posibles argumentos.

Primeiro, sempre resulta máis doado mallar no que se supón que menos pode; así, se o costume se modifica un pouco, poderemos pensar que o Bloque empeza a deixar de ser "perro flaco".

Segundo, os votantes e apoiantes do BNG adoitan ser ata o momento tan esixentes que, para o meu entender, acaban volvéndose cargantes; por outra banda, diríase que todo o país esixe do Bloque un plus de dedicación, ética, eficacia, resolución... vaia, que saque todas as castañas do lume. E xaora, non son niso menos esixentes os que nunca os votaron.

Ben pensado, aínda queda outra posibilidade: falar mal do BNG é costume inveterado. Para que cambiar, se así estamos contentos?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87242350848756799492007-09-24T21:28:00.000+02:002007-09-24T21:28:00.000+02:00Paréceme perfecta esa decisión dos italianos de da...Paréceme perfecta esa decisión dos italianos de darlle 1.000 euros aos estudantes que acadaron a máxima puntuación na selectividade.

Gratificación (económica e/ou en especies) aos bos estudantes. Penalización (económica) aos pais dos alumnos que non aproveiten os seus estudos, penalización que cesaría cando estes si o aproveitasen nunha nova oportunidade.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46234762614036491822007-09-24T20:35:00.000+02:002007-09-24T20:35:00.000+02:00En Italia van dar 1000 euros a cada un dos máis de...En Italia van dar 1000 euros a cada un dos máis de 3000 estudantes que acadaron a máxima puntuación en selectividade (7%). E non é por dar ideas. Mellor gastados non poden estar. Ou si?Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27009583447200830362007-09-24T20:29:00.000+02:002007-09-24T20:29:00.000+02:00Xaime,se non estou errado,vostede milita nun parti...Xaime,se non estou errado,vostede milita nun partido político non maioritario.¿Fixo a seu partido,como tal, algún tipo de declaración ou proposta ó respecto,ante a opinión pública?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82411414456960087352007-09-24T20:25:00.000+02:002007-09-24T20:25:00.000+02:00Eu critico a norma en cuestión e vótollo en cara a...Eu critico a norma en cuestión e vótollo en cara a quén cos seus votos a aprobou.
Tamén é certo que os famosos pluses e unha norma de carácter estatal, en vigor en alguhas autonomías.
Para Xoan da Coba, dicirlle que igual que se pon en vigor se deixa en suspenso, por medio dunha disposición transitoria -esas que rematan as leises- ou na de embestimentos anuais que dende que hai anos o fixo o PSOE do final do felipismo, hoxe en práctica habitual introducir normas fiscais e salariais.Xaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-90986927932373631752007-09-24T20:16:00.000+02:002007-09-24T20:16:00.000+02:00Castelao sería Castelao e as súas circonstanzas,ma...Castelao sería Castelao e as súas circonstanzas,mais ou menos coma todos...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53098638963947971812007-09-24T20:13:00.000+02:002007-09-24T20:13:00.000+02:00Que esté libre de pecado que tire a primeira pedra...Que esté libre de pecado que tire a primeira pedra...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67282846213666543872007-09-24T17:47:00.000+02:002007-09-24T17:47:00.000+02:00CASTELAO PIDE RECOMENDACIÓN.Por se alguén dubida o...CASTELAO PIDE RECOMENDACIÓN.
Por se alguén dubida o dato da miña mensaxe anterior, a carta citada de Castelao está no tomo 6 das súas Obras Completas (Galaxia), datada en 1907 e dirixida a Ramón Tojo Pérez, avogado e entón presidente da Deputación da Coruña, prohome do partido conservador en Padrón. Estaba emparentado coa familia Baltar a través da súa muller. Castelao pídelle unha praza que vai quedar libre de practicante "que, al obtenerla yo, colmaría del modo más completo mis deseos, porque trabajaría bajo lainspección de su pariente Baltar cuya habilidad profesional no debo encomiar ahora. No quiero ser a V. molesto extendiéndome más, a pesar de aconsejarmelo, egoísticamente, el enorme deseo que tengo de conseguir mi objeto...".
E a carta debeu funcionar porque hai outra, de datas semellantes, dándolle as grazas por sr nomeado practicante do Hospital. As dúas proceden do arquivo de Ernesto Baltar.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.com