tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4833946384983356141..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger21125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-49754949260793034312007-06-26T13:22:00.000+02:002007-06-26T13:22:00.000+02:00ANDOLIÑA 26 xuñoComo unha xovenca esgotada MARCOS ...ANDOLIÑA 26 xuño
Como unha xovenca esgotada
MARCOS VALCÁRCEL
Se non se fixo xa, que hai que supoñer que si aínda que eu o ignore, poderíase escribir un libro ben gordo só cos centos de imaxes que a descrición do amor e dos amantes provocou na historia da literatura universal. En forma de plantas ou de animais, de astros ou de elementos diversos da natureza, retratando o amor como batalla, como aparición espectral e cun longo etcétera de posibilidades, ó longo dos séculos os poetas foron quen de crear todo tipo de imaxes sobre o amor.

A capacidade da imaxinación é infinita. Nun traballo do profesor cordobés Gabriel Laguna (no seu blog Tradición Clásica) encontro unha orixinal imaxe das Églogas de Virxilio que compara o cobizado amor cunha becerra esgotada á beira dun río. Este poema foi levado ó galego, segundo contan no meu blog, por Gómez Ledo e por Fernando González Muñoz. Velaí a versión máis antiga: "Que adoeza de amor Dafnis do modo/ que adoece a xuvenca, cando cansa/ de andar buscando o touro polos lubres/ e as fragas, déitase nas verdecentes/ xunqueiras, pé do río, sen lembrarse/ de se arredar pra corte, entrada a noite:/ tal se vexa e non coide en romedialo./ ¡Ouh versos meus, traideme pra casa/ dendes da vila; traideme ó meu Dafnis!Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28717363530288873482007-06-26T12:48:00.000+02:002007-06-26T12:48:00.000+02:00Erudición máxima: no super acabo de ver unhas bols...Erudición máxima: no super acabo de ver unhas bolsas de anacardos (en portugués, cajús, así escrito), con formato de snacks como manises (expresión moi do sul)/cacahuetes. Claro está que os trouxen para casa. Xa lles direi.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-40352662276822965912007-06-25T18:35:00.000+02:002007-06-25T18:35:00.000+02:00Con permiso de todos vostedes, aproveitarei tanta ...Con permiso de todos vostedes, aproveitarei tanta sabiduría para a miña Andoliña de mañá. (Aquí, como na matanza do porco, aprovéitase todo: isto xa é case un taller literario e un estoupido de ideas (como se diga en inglés).Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66859819082174003972007-06-25T18:10:00.000+02:002007-06-25T18:10:00.000+02:00Non respostei á demanda sobre anacardina porque fo...Non respostei á demanda sobre anacardina porque foi xa explicada, pero non resisto a tentación de traer a definición desa marabilla de diccionario que é o de Autoridades:

ANACARDINA: La confección (mantense esta palabra estraña no DRAE actual) que se hace del Anacardo para facilitar y habilitar la memoria". Como exemplo poñen esta frase preciosa do xesuita Nieremberg: "Sepa V.S. que para la memoria de la muerte es la mejor anacardina alguna adversidad".
ANACARDO: "Es el fruto de cierto árbol que se cría en la India Oriental, así en su figura como en el color semejante al corazoncillo de un pájaro, dentro del cual cuando está fresco se halla un licor grueso a manera de sangre y en el medio un meollo blanco, como una pequeña almendra, el cual preparado fortifica la memoria debilitada y sin prepararle es perjudicial y dañoso."
Como eran aqueles académicos!Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75888857206727712272007-06-25T14:10:00.000+02:002007-06-25T14:10:00.000+02:00Ninguén cho negou nunca. Comparto o que dis. Ás ve...Ninguén cho negou nunca. Comparto o que dis. Ás veces falo en broma, ou non me explico, penso. Para comunicarse 100%, debemos estar en tertulia cara a cara, mais as circunstancias non o permiten e o blog é unha boa opción, mais que ás veces crea malos entendidos. Noraboa pola túa plataforma na que se aprende moito.
Bicos :-)Morallahttps://www.blogger.com/profile/14277529521992459297noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11684638837400354032007-06-25T13:27:00.000+02:002007-06-25T13:27:00.000+02:00Eu persoalmente agradezo todos os comentarios e to...Eu persoalmente agradezo todos os comentarios e todas as entradas (sempre que cumpran as normas de cortesía da casa): tanto as entradas eruditas, como as análises sesudas e rigorosas doutros contertulios, como a comunicación dun sentimento ou dunha emoción, á vista dunha imaxe, dun verso ou do que sexa. O blog é ante todo comunicación e unha magnífica plataforma para a empatía entre todos nós, cadaquén dende a súa perspectiva. Ó cabo, todos/todas somos razón e emoción: eu non renuncio a ningunha desas dúas facianas básicas da vida.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33197960609724974112007-06-25T13:23:00.000+02:002007-06-25T13:23:00.000+02:00Anónimo: O comentario do cuadro xa o fixen con emo...Anónimo: O comentario do cuadro xa o fixen con emoción, sen tentativa algunha de erudición, pois Chagall é un dos meus pintores favoritos, é poesía cromática que me fai ferver o sangue co seu universo fantasioso, colorista e máxico.
Marquiños, ninguén se molesta, home, non somos eruditos nin endogamia nin elitistas, somos "pesaditos" co que nos emociona e nos gusta. E iso é liberdade.
BiquiñosMorallahttps://www.blogger.com/profile/14277529521992459297noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-41583850509321222862007-06-25T12:24:00.000+02:002007-06-25T12:24:00.000+02:00Despois desta xeira si que nos van chamar a todos ...Despois desta xeira si que nos van chamar a todos eruditos. E que ninguén se moleste...Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-89333201456034061682007-06-25T11:33:00.000+02:002007-06-25T11:33:00.000+02:00Pois comente, señorita, comente. Non se prive.Pois comente, señorita, comente. Non se prive.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-4538494679132893432007-06-25T11:23:00.000+02:002007-06-25T11:23:00.000+02:00Eu non vou engadir verso ningún. Chégame con louva...Eu non vou engadir verso ningún. Chégame con louvar o post de Marcos onde hai esa defensa do amor en todas as artes, un autor clásico como Virxilio, a figura de Dafnis-eses versos tan fermosamente seleccionados- e a imaxe de Chagall: a vaca branca, pura, lánguida, descansando, co acompañamento da música elegante do violino. Non sei, case ninguén alude ás pinturas que M.Valcárcel engade, e tamén son dignas de comentarios.
saúdosMorallahttps://www.blogger.com/profile/14277529521992459297noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67957134722656534152007-06-25T00:46:00.000+02:002007-06-25T00:46:00.000+02:00Mentres non arranxe todos os versos de Alfebiseo d...Mentres non arranxe todos os versos de Alfebiseo da VII Bucólica (vv. 65-110) que grazas a este foro vou re-visar/vivir, aí van o 109 e o 110:

Acredito? ou é que, os que aman, eles propios deséñanse os soños?
Parade, da vila ven, parade versos, Dafnis.

Xiao RoelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27640523889512579052007-06-25T00:24:00.000+02:002007-06-25T00:24:00.000+02:00Amigo Arume dos piñeiros:Teño que percurar entre a...Amigo Arume dos piñeiros:

Teño que percurar entre as vellas carpetas pero acharei a tradución (que hoxe penso requerirá algún arranxo). En canto a atope dareilla en primicia nestes mesmos comentarios.

Desde a nazón incesante:

Xiao RoelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86203878635128340872007-06-24T22:42:00.000+02:002007-06-24T22:42:00.000+02:00É petición humilde: esquecín o signo de interrogac...É petición humilde: esquecín o signo de interrogación e parece case requisitoria. Síntoo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82907439026840585492007-06-24T22:41:00.000+02:002007-06-24T22:41:00.000+02:00Amigo Xiao, podería poñernos para o noso deleite o...Amigo Xiao, podería poñernos para o noso deleite os versos todos de Alfesibeo de conxuros á lúa. E ese final con aquela pregunta tan fermosa:: "An, qui amant, ipsi sibi somnia fingunt?" Acaso os que aman non finxen os seus propios soños?"
Eternamente agradecidos/as.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-32610682491262362022007-06-24T22:33:00.000+02:002007-06-24T22:33:00.000+02:00Agradecido por todo este extraordinario despregue ...Agradecido por todo este extraordinario despregue de erudición literaria. Admíroos e envéxoos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50002602695173736202007-06-24T22:02:00.000+02:002007-06-24T22:02:00.000+02:00No 1973, en edición do Instituto Padre Sarmiento, ...No 1973, en edición do Instituto Padre Sarmiento, publicaba Avelino Gómez Ledo unha "Escolma de poetas líricos gregos e latinos voltos en linguaxe galego". Entre as súas páxinas 193 e 195 aparece o monólogo de Alfesibeo do que procede o extracto aquí recollido en dúas versións. Eis a terceira, sen lle mudar nada:

Que adoeza de amor Dafnis do modo
que adoece a xuvenca, cando cansa
de andar buscando o touro polos lubres
e as fragas, déitase nas verdecentes
xunqueiras, pé do río, sen lembrarse
de se arredar pra corte, entrada a noite:
tal se vexa e non coide en romedialo.
¡Ouh versos meus, traideme pra casa
dendes da vila; traideme ó meu Dafnis!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30043255413498428322007-06-24T21:05:00.000+02:002007-06-24T21:05:00.000+02:00Estiven hoxe revisando vellas traducións miñas e a...Estiven hoxe revisando vellas traducións miñas e atopei ista (bastante literal) do mesmo fragmento:

Tal amor como cando cansa a xuvenca de procurar
o becerro polas fragas e altos bosques,
por causa dun regato de verde auga perda na gándara se deita,
e non lembrar cando a serodia noite,
Tal amor posuí a Dafnis e non lide eu por o sandar.
Traédeo da vila para a casa, versos meus, traede a Dafnis.

Xiao RoelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10599292127517800652007-06-24T20:57:00.000+02:002007-06-24T20:57:00.000+02:00anacardino, na.1. adj. Med. Compuesto con anacardo...anacardino, na.
1. adj. Med. Compuesto con anacardos.
2. f. Med. Confección que se hacía con anacardos, y a la cual se atribuía la virtud de restituir la memoria.

anacardo.
(Del gr. ἀνάκαρδος).
1. m. Nombre de varias especies de árboles tropicales de flores pequeñas cuyo fruto es comestible y se usa en medicina.
2. m. Fruto de este árbol.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87613405742166060152007-06-24T18:36:00.000+02:002007-06-24T18:36:00.000+02:00GRACIÑAS A ARUME E A XIAO ROEL. Ó primeiro polo po...GRACIÑAS A ARUME E A XIAO ROEL. Ó primeiro polo poema de Lope: se fose posible, agradecería unha precisión sobre "anacardina", quizais unha planta, que non ven no meu dicionario castelán.
E a Xiao por facilitarnos esa fermosa versión de González Muñoz, que eu non coñecía (tampouco me propuxen buscala, á verdade), pero que mellora en moito a miña pedestre traducción dende o castelán.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11129688991442072002007-06-24T15:12:00.000+02:002007-06-24T15:12:00.000+02:00Os versos 86-91 da VIII Bucólica de Virxilio ten u...Os versos 86-91 da VIII Bucólica de Virxilio ten unha boa tradución ao galego de Fernando González Muñoz:

"Que un amor prenda en Dafnis parello ó da becerra
que busca o boi perdida por fragas e soutelos
e, cansa, xunto a un rieiro nas carrizas se deita,
esquencendo marchar ó chegar a noitiña.
Que amor parello prenda, e non coide eu en curalo.
Da vila traédeo á casa, meus conxuros, traede a Dafnis."

Unha aperta de Xiao RoelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15474473160838528062007-06-24T13:54:00.000+02:002007-06-24T13:54:00.000+02:00O da xuvenca virxilián (Bucólica VIII, unha das má...O da xuvenca virxilián (Bucólica VIII, unha das máis fascinantes polo seu ambiente nocturno e máxico) traeme inevitablemente o recordo daqueles sonetos do grandísimo Lope de Vega aos mansos, como aquel que remata cun concepto sorprendente:

Querido manso mío, que venistes
por sal mil veces junto aquella roca,
y en mi grosera mano vuestra boca
y vuestra lengua de clavel pusistes,

¿por qué montañas ásperas subistes
que tal selvatiquez al alma os toca?
¿Qué furia os hizo condición tan loca
que la memoria y la razón perdistes?

Paced la anacardina, porque os vuelva
de ese cruel y interesable sueño,
y no bebáis del agua del olvido.

Aquí está vuestra vega, monte y selva;
yo soy vuestro pastor, y vos mi dueño;
vos mi ganado, y yo vuestro perdido.Anonymousnoreply@blogger.com