tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4967291704351956980..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-8984986796285022942008-07-06T20:16:00.000+02:002008-07-06T20:16:00.000+02:00Vaia. Temos gratis a cultura de verdade, e á SGAE ...Vaia. Temos gratis a cultura de verdade, e á SGAE hai que pagarlle a "caca".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87869374209831699012008-07-06T18:45:00.000+02:002008-07-06T18:45:00.000+02:00Ambiente, cultura, cooperación, sindicalismo: outr...Ambiente, cultura, cooperación, sindicalismo: outras formas de estar no mundo

“Tempo exterior”, a revista de análise e estudos internacionais que edita <<...>> o IGADI (www.igadi.org) e dirixe Xulio Ríos, aborda na súa décimosexta edición, correspondente ao período xaneiro-xuño de 2008, unha serie de reflexións sobre a evolución e o alcance de diversos ámbitos particulares da acción exterior galega.

Así, esta temática permítenos realizar unha aproximación ao pensamento e a presenza internacional do sindicalismo nacionalista galego (Xosé Ramón González Boán) e das relacións exteriores do sindicalismo labrego de Galicia (Lidia Senra). Esta sección compleméntase coa perspectiva dos temas ambientais e o cumprimento dos acordos internacionais (Adela Figueroa Panisse), o alcance do proceso de internacionalización da empresa galega (Fernando Bruna), a situación da cooperación ao desenvolvemento en Galicia (José Luís Quintela Julián) e unha reflexión sobre a riqueza e diversidade do patrimonio inmaterial galego-portugués (Santiago Veloso Troncoso), alentando o seu recoñemento pola UNESCO.

Os recentes acontecementos no Tíbet obrigan a considerar a situación das nacionalidades minoritarias e a súa influencia na política chinesa (María Luísa Arizaga), así como das liberdades relixiosas e a promoción das culturais locais dentro do contexto chinés (Roger Casas), facendo énfase no caso particular de Sipsong Panna. Dada a configuración de Asia-Pacífico como novo epicentro económico mundial (Luciano Damián Bolinaga) importa prestar atención a asuntos xeopolíticos, tales como a remilitarización de Xapón (Masashi Oki) e as vicisitudes e dificultades na consolidación da democracia en Paquistán (Roberto Mansilla Blanco), tralo asasinato, en decembro, pasado da líder opositora Benazir Bhutto.

A recente declaración de independencia de Cosova centra a atención do papel das minorías na actual Constitución nacional serbia (Jairo Dorado Cadilla), tema con que se abre o terceiro bloque deste número. As claves do proceso indixenista e o cambio político en Bolivia (Jesús González Pazos) e unha aproximación aos antecedentes históricos e as reivindicacións do movemento indíxena mapuche en Chile (Víctor Naguil), completan os temas abordados en “Tempo exterior” Nº 16.Anonymousnoreply@blogger.com