tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post5112858142867943002..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87598576466324353912008-10-19T10:00:00.000+02:002008-10-19T10:00:00.000+02:00Non lin aínda o libro de Bermamendi, pero coñezo, ...Non lin aínda o libro de Bermamendi, pero coñezo, doutras lecturas, as súas teses fundamentais, que quedan reflectidas no seu propio título. Hai en Beramendi unha vontade de construir un relato homoxéneo que comeza na Provincie e remata na Nación, que fai ao final transparente a lóxica histórica que preside ese desenrrolo. De maneira que todo aquilo que se escape desa lóxica é tratado tácita ou expresamente como unha "anomalí". Velaí a razón do insuficiente tratamento do "galeguismo" da xeración Galaxia, ou do autonomismo-federalismo doutras opcións: todas elas son opcións que poñen en cuestión a coherencia do relato. E voume á praia, que vai un dia estupendo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-34137131736381581102008-10-18T23:03:00.000+02:002008-10-18T23:03:00.000+02:00O doutor Beramendi afirma textualmente: "Por que l...O doutor Beramendi afirma textualmente: "Por que lles temos que obrigar ós que son nacionalistas pero demócratas vascos, galegos ou cataláns a non selo?"

Ben, esperemos tamén que María Escario non obrigue aos que non son nacionalistas españois nin seareiros do Real Madrid a selo. Digo isto porque penso que non hai nacionalista español que sexa demócrata.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36746061388265987152008-10-18T22:02:00.000+02:002008-10-18T22:02:00.000+02:00Qué magnífico debate houbera daquela aquí. Agora q...Qué magnífico debate houbera daquela aquí. Agora que o releo grazas á ligazón de Arume, parécenme extraordinariamente fecundas todas e cada unha das intervencións, que xa non lembraba por ser eu un desmemoriado.

Coido que habería que recuperar un pouco daquela tensión intelectual no debate, un tanto alicaída ultimamente. Pero tampouco hai que agobiarse: hai ciclos. Corsi e ricorsi ou algo así, que viña a dicir Vico.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44979963796180503542008-10-18T14:04:00.000+02:002008-10-18T14:04:00.000+02:00Desde unha perspectiva completamente imparcial (ad...Desde unha perspectiva completamente imparcial (advirto esto por se alguén supon en min relación máis ou menos directa co autor) o libro de Justo Beramendi é, á marxe de discrepancias concretas sobre estructura, estilo e conclusións, extraordinario e merecente, con todas as honras, dun lugar preminente na cultura galega. Que lle dean un premio desta categoría constitúe un recoñecemento máis (que seguro que lle presta e se acaso pode prestar aos lectores que desfrutaron con el) ao que xa era un indiscutible fito no ensaio galego.
Noraboa.

Nota: sería interesante aproveitar o premio para dar cabida ás discrepancias con ideas do libro, do mesmo teor daquela interesantísima querelle suscitada por Anxo Angueira no seu día.Anonymousnoreply@blogger.com