tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post5189543580764459609..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-24941582014390632652007-02-12T12:58:00.000+01:002007-02-12T12:58:00.000+01:00A súa última aparición en Galicia (fóra das visita...A súa última aparición en Galicia (fóra das visitas ao hospital), foi no encontro internacional de escritores "De pedra e de palabra", organizado polo PEN Clube de Galicia. Estivo coa súa muller María, e acudiu a TODO, maliño e fráxil como estaba (veu e marchou nunha ambulancia medicalizada). Paseou por Santiago con nós, falou nas Adegas Martín Códax nunha homenaxe ao viño albariño e fixo unha magnífica e á vez divertida intervención de máis ou menos 15 min. na Casa-Museo de Valle Inclán (da que por sorte, temos documento gráfico e sonoro). Estivo con nós catro días, falando, rindo, tomando uns wishkis con auga... argallando proxectos para o futuro... Até sempre, Alajandro.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53048375059321771812007-02-12T12:53:00.000+01:002007-02-12T12:53:00.000+01:00Preguntas fundamentais:de que cores eran as equipa...Preguntas fundamentais:
de que cores eran as equipacións orixinais?
Tiñan dúas pernas ou era dunha soa?
Valía parado na dianteira?
En fin, o básico.
Por outro lado, se hai ese homenaxe, pido diante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86633020050116574372007-02-12T11:17:00.000+01:002007-02-12T11:17:00.000+01:00Alejandro Finisterre. Morreu Alejandro Finisterre,...Alejandro Finisterre. Morreu Alejandro Finisterre, que de nome era Alejandro Campos Ramírez e levou polo mundo adiante o topónimo de Finisterre e os símbolos de Galicia. Poeta e editor, comprometido dende a súa mocidade, con León Felipe editou a revista “Paso a la juventud” e despois outras, América adiante, como “Ecuador 0º 0’ 0’’, publicada en Quito e dedicada a diversos poetas españois e latinoamericanos. Editou (en Ediciones Finisterre) a autores como León Felipe (do que foi albacea e presidente de honra da súa Fundación en Zamora), Juan Larrea ou Ernesto Cardenal. Pero sobre todo é popular porque foi o inventor do futbolín: en plena guerra civil, convalecente dun bombardeo, ideou, inspirándose no tenis de mesa, un xogo que había percorrer todo o planeta en pouco tempo. Xa sabiamos que estaba maliño porque hai pouco o visitaron os amigos do Pen Clube Galego Luís González Tosar e Modesto Fraga. Tiña 88 anos e moitos galegos e galegas nunca escoitaron falar del: ese é o país que temos. Para lembrar a súa memoria propoño a organización dunha gran celebración na Praza do Obradoiro de Compostela, con milleiros de futbolíns conectados como se fosen ordenadores, nunha xigantesca homenaxe ó poeta e editor. (La Región 12 febreiro)Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21349490347815089092007-02-11T18:56:00.000+01:002007-02-11T18:56:00.000+01:00María, eu tampouco vin hoxe a nova na maioría dos ...María, eu tampouco vin hoxe a nova na maioría dos xornais galegos (saiu en La Región porque os avisei eu pola tarde). Quizais non chegase a tempo, antes de pechar as páxinas nas redaccións. Eu saqueina directamente da web de Modesto Fraga, que está ligada ó carón dos post, na dereita da pantalla.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11172884987537007882007-02-10T21:54:00.000+01:002007-02-10T21:54:00.000+01:00Os que fumos mozos debémoslle tanto!Que a terra ll...Os que fumos mozos debémoslle tanto!

Que a terra lle sexa leve.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50639785069346277662007-02-10T20:29:00.000+01:002007-02-10T20:29:00.000+01:00Non vén na prensa: é o que temos. Se se leva á prá...Non vén na prensa: é o que temos. Se se leva á práctica a idea do futbolín xigante, anótome para botar unha partida, de porteiro ou de defensa.

Que en paz estea. Tempo, realmente, de loito.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27632657596015616722007-02-10T20:20:00.000+01:002007-02-10T20:20:00.000+01:00Pero como non vén iso na prensa?? Non poderías en...Pero como non vén iso na prensa?? Non poderías enlazar o blog do "amigo Modesto"? Grazaschoios enríquezhttps://www.blogger.com/profile/14728155063338326996noreply@blogger.com