tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post6446376801350890308..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger30125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83360498377408547602008-06-12T17:52:00.000+02:002008-06-12T17:52:00.000+02:00Abrigado dacova pola foto do baraceiro no seu nío....Abrigado dacova pola foto do baraceiro no seu nío.

Sorprendeume velo "amarrado" as gaias. No meu maxín imaxináboa literalmente dependurado de catro xuncos e balanceando pouco menos que no vento. Tamén na miña aldea se relataba a inclusión de obxetos brillantes.

Gústame ter recuperado este término: "baraceiro", para referirse ó ouriol,( Oriolus oriolus ), Oropéndola en P.castellano.

En canto a música sinto non poder seghuirvos, amighos, sodes unhes eruditos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-78314736953122329902008-06-12T17:32:00.000+02:002008-06-12T17:32:00.000+02:00Manteñer o tempo,a métrica ,o propio ritmo, ou me...Manteñer o tempo,a métrica ,o propio ritmo, ou mesmo a afinación dentro do sistema temperado ,e algo que incluso os seres humanos sólo consiguen con adestramento é horas de aprendizaxe. Sería moito pedir que o fixera un paxaro de xeito espontáneo. JAJAJA. E, sin embargo, os ser humano é musical por natureza.
Anque é moi posible que sexa certo o que dice. O sistema temperado da nosa música ten como orixe física os "modos" de vibración dunha corda tensa, evocando as nosas propias cordas vocáis. O sistema fonal dos paxaros basease noutros sistemas físicos e ,anque hai moitos aspectos comúns ás ondas con independencia da natureza da sua emisión ou transmisión, haberá tamén diferencias notables. Non haberá problema en analizalas, chegado o caso. De algo me terá que valer o Análisis de Fourier que aprendin nos meus anos mozos...JAJAJAJ

Fai anos, había un estornino que viña cantar ,nos vraos,sempre á mesma hora e durante un bó rato, a unha árbore que había perto da casa. EU quedábame embelesado escoitándoo. As variación de tono son tan rápidas que eu pensaba que o que me embelesaba era o "timbre", que como vostede sabe é o xeito que ten o cerebro de "meter no mesmo saco" unha cantidade infinita de armónicos.Pero igual hai máis que eso, baseándose no que vostede di.

Outra idea que me van á mente é a seguinte. A nosa percepción do paso do tempo varía có noso estado de estrés. Si vostede mira pra eses reloxios que aparecen na tv nas carreiras de coches, comprobará que non pode contar as décimas de segundo. Pero tense comprobado que si se atopa nun gran estado de estrés, sí que pode contalas: o cerebro traballa máis rápido, o que se percibe como unha ilusión de que o tempo vai máis lento, como moi ben saben as persoas que viviron instantes inmediatamente posteriores a accidentes. Cómo se percebería o canto do estornino neses intres de estrés?.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-64179553569781203272008-06-12T16:48:00.000+02:002008-06-12T16:48:00.000+02:00Só para alimentar a idea de XDC, á que me apunto. ...Só para alimentar a idea de XDC, á que me apunto. Extraído da obra do citado Edgard Willems: "En maio de 1784 Mozart adqueríu unha veriedade de estorniño que asubiaba o tema do allegretto do seu concerto en sol maior, ecrito por el dúas semanas antes (...) ¿O estorniño imitóu o tema de Mozart ou, á inversa, Mozart inspirouse no canto do estorniño?"

O máis dificil vai ser, amigo XDC a trascipción do que escoitemos. Para empezar, supoño que nos encontaríamos con ritmos libres de complicada conversión ó noso sitema de escrita occidental convencional. (Xa sabe, compás, figuras rítmicas e, sobre todo, a ditadura da pulsación).

Outra dificultade non menor sría a melódica: distancias tonais inferiores ó 1/2 ton occidental do sistema temperado.

En fin, un labor que nos vai desbordar, creo eu.

Pero, non obstante, podiamos intentalo e probar con algunha mostra.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86406560773832383482008-06-12T13:02:00.000+02:002008-06-12T13:02:00.000+02:00Vostedes, amigos Xabimusic e XDC, si que saben apr...Vostedes, amigos Xabimusic e XDC, si que saben aproveitar o labor deste blog... Non só se comunican e intercambian experiencias e coñecementos de temas dos que vostedes saben moito, senón que ademais nos achegan a todos/as as súas sempre interesantes reflexións. Pola miña banda, obrigado sempre.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-69672978160615511032008-06-12T11:42:00.000+02:002008-06-12T11:42:00.000+02:00Qué interesante, amigo Xabimusic. Os propietarios ...Qué interesante, amigo Xabimusic.

Os propietarios de moitos loros e periquitos no Reino Unido repítenlle á sua mascota a dirección e o teléfono da súa casa, hasta que a aprenden. Si algún día marchan voando e se perden, quen os atopa pode devolvelos ó seu dono: o propio paxaro lle da as instrucciós . No caso dalgús periquitos, repítenno a gran velocidade, de xeito que non se entende o que dín. Pero a policía grávaos e reproduce esas gravaciós a menos velocidade.

Xa estou bastante liado con mil caralladas das miñas. Pero vostede venme de inspirar unha líña de traballo: grabar cantos de paxaros e reproducilos a menor velocidade pra poder analizar a musicalidade dos ritmos, qué "escalas" utilizan,etc. Pódese utilizar a informática pra cambiar a tonalidade ou a octavación do canto hasta adaptala ós nosos rexistros. Pódese analixar a relación armónica entre o canto dun paxaro e a resposta asociada de outro. Venme á mente que no canto das oropéndolas, do video asociado máis arriba.podería haber haber unha relación Tónica-Dominante entre o que canta un e o que responde o outro, etc.
Téñense feito moitos estudios de análisis do canto de paxaros, mesmo con análisis físicos, espectrográficos, do seu canto. Pero sempre desde a óptica da teoría da comunicación. Non análisis musicáis, que eu saiba.

É un perigo entrar neste blog. Cada post amplia exponencialmente o abanico de posibilidades de xeitos de estar ocupado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-32587632181849872932008-06-12T09:48:00.000+02:002008-06-12T09:48:00.000+02:00Eu non minusvaloraría, amigo Da Cova, o peso e a i...Eu non minusvaloraría, amigo Da Cova, o peso e a influencia desa infancia tan rica en sons da natureza. ¿Non se di que "a infancia é a patria do home"? Pois todos eses sons seguro que quedaron tamén aniñados na súa memoria musical.
Están moi investigadas as pegadas que deixan incluso no feto as escoitas musicais da nai.
Sabemos tamén que a "musicalidade" se vai conformando coas experiencias musicais da infancia, de aí a importancia de ofrecerlles ós cativos moitas e moi variadas posibilidades de escoita musical.

Agora ben, ¿os cantos dos paxaros pódense incluír nese arsenal de vivencias musicais? Eu creo que si.

O gran pedagogo musical suizo Edgard Willems situa decididamente estes entre as fontas naturais do ritmo e da musicalidade. Dinos o autor: "Os cantos dos paxaros posúen tódolos ritmos primarios e incluso unha riqueza que excede á que ofrece o listado dos pes gregos"

Un interesante compositor francés como é Olivier Messiaen dicía sobre os merlos que os seus contornos melódicos superan en fantasía á imaxinación humana. El mesmo escribíu unha completa obra para piano inspirándose no canto dos paxaros que ía recollendo e gravando polos bosques: "Catalogue d'oiseaux. La Fauvette des jardins"

Amigo XDC, seguro que entre as súas neuronas andan ainda reloucando aquelas melodías e ritmos paxareiros da súa infancia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5484098867704464662008-06-12T01:32:00.000+02:002008-06-12T01:32:00.000+02:00Aiquí teñen o nío:PREMER. A lobo neghro non fai fa...Aiquí teñen o nío:PREMER.
A lobo neghro non fai falta decirllo, pero os demáis igual non se dan conta o adulto da foto é o macho. As femias son moito menos vistosas como adoita a suceder nos paxaros.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65095491789056589422008-06-12T01:28:00.000+02:002008-06-12T01:28:00.000+02:00Non sabía eu que lle chamasen baraceiros ás "oropé...Non sabía eu que lle chamasen baraceiros ás "oropéndolas", pero o nome é perfectamente axeitado, porque o nío está tecido e pendurado nas gallas como se estuvera atado con barazos. E mire, xa lle gano en algo a vostede, porque eu SÍ que vin eses estupendos nios cós meus propios ollos. Tamén lle chamaban "o paxaro dos cartos", porque contaban que nalgún caso aparecera algún billete formando parte do tecido do nío.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53636576383425244932008-06-11T21:59:00.000+02:002008-06-11T21:59:00.000+02:00Saúdos Xan pirillán!. Lembreime da miña aldea a se...Saúdos Xan pirillán!. Lembreime da miña aldea a seis km. da túa en línea recta. A chaira da Veiga por medio.

Na miña aldea chamábanlle os ourioles , baraceiros. Un vello , deses sabios que había en toda-las aldeas,(contaba todolos contos de mouros ), díxome que eran gregarios , facían os níos en comunidades dependurados dos carballos, con xuncos.É eso certo?. Nunca vín tal cousa.E que había verdadeiras bandadas. A mín xa me tocou coñecelos con poucos efectivos. Os nenos chamabámoslle "os amarillos", así castelanizado. En troques aínda coñecín os ghaios por dúcias, era moi abundantes, e todo-los paxaros que citaches.

Ós lectores neorurales habería que decirlles que todo-los nenos eran coñecedores de todo-los paxaros, a xeneración dos nosos pais nados na anteguerra ou na ghuerra eran unhes línces buscando níos. Constituíanse verdadeiras sociedades para buscar neles, con grandes trifulcas a veces, e traicións. Unha boa socialización alén dun coñecemento pormenorizado do medio.

O que non tiñan era acceso ós libros e ó coñecemento científico, pátina que adquirir posteriormente XDC. Era un coñecemento basado na práctica con grandes doses de intuición.

Xan , eu creo que os da cidade podense deslumbrar, en temas de paxaros (non me refiro a música, nin a física , nin a nada deso que falades), pero ós nosos país, o meu é analfabeto funcional, non os superamos en coñecemento do medio.

O canto dos paxaros medios e recoñecible por todos os aldeanos que somos, pero o dos pequeniños dubídoo. Ferreiriños, azuleira, escribano,...eu xa o perdín..

Tamén eu pensaba que o cuco era redondo, tipo moucho. Nunca lle imaxinara ese morfotipo.

Na miña aldea desapareceu case que todo, inclusive as vacas. Había 400 e quedan 10 "artificiais", desas blancas e negras orixinarias de holanda. Non queda nin un burro.

Uns animais movilizaban a outros. Os excrementos atraían insectos, os insectos insectívoros, remexíase toda a biomasa. É unha das causas. Outra , a abominable cantidade de pesticidas...cando éramos pequenos comíamos biolóxico.Como moito só había sulfato de cobre, hoxe admitido en cultivo biolóxico.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75175491112128191062008-06-11T20:16:00.000+02:002008-06-11T20:16:00.000+02:00VERSIÓN MELLORADA:Contan dun sabio que un díatanta...VERSIÓN MELLORADA:

Contan dun sabio que un día
tantas ínfulas se daba
que o peito lle reventaba
pola arrogancia que o enchía.

Haberá outro, pra sí decía,
máis listo e guapo ca mín?
E cando o rostro voltóu
atopóu resposta vendo
a Xoan da Cova entre os fentos
resplandecendo có sol.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-68290497148392443122008-06-11T18:32:00.000+02:002008-06-11T18:32:00.000+02:00Contan dun sabio que un día tantas ínfulas se daba...Contan dun sabio que un día
tantas ínfulas se daba
que o peito lle revetanba
da arrogancia que sentía.

Haberá outro, pra sí decía,
máis listo e guapo ca mín
E cando o rostro voltóu
achóu a resposta vendo
a Xoan da Cova resplandendo
brilando coa luz do sol.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87882205336613579192008-06-11T15:49:00.000+02:002008-06-11T15:49:00.000+02:00¿Non hai sabios moi sabios que son arrogantes e qu...¿Non hai sabios moi sabios que son arrogantes e que non teñen nada de modestia?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83837140560256535372008-06-11T13:01:00.000+02:002008-06-11T13:01:00.000+02:00Sabio? Esa palabra non é un arcaísmo?. Pois non se...Sabio? Esa palabra non é un arcaísmo?.

Pois non sei qué responderlle a esa pregunta da influencia, amigo Xabimusic. Aparentemente, parece non haber relación. Pero haberá que "profundar" no subconscente...

As influencias que poden encarrilar unha vida poden ser moi curiosas. Unha película, un encontro casual, un pequeno viaxe, unha discusión intrascendente, ou calquera outro acto cotidiano ou nimio poden alterar profundamente o curso da vida, sobre todo cando eres xoven. O "efecto mariposa".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33161528375865221892008-06-11T10:10:00.000+02:002008-06-11T10:10:00.000+02:00A modestia propia dos sabios, sr. Arume.Por certo,...A modestia propia dos sabios, sr. Arume.

Por certo, amigo XDC ¿que influencia cre vostede que puido ter esa infancia tan sonora na súa vocación musical?

Temos aí un interesante tema de reflexión, penso eu.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6245788744532161022008-06-10T10:29:00.000+02:002008-06-10T10:29:00.000+02:00Este último comentario é dun home modesto. Porque,...Este último comentario é dun home modesto. Porque, así como vostede estivo atento a isto, hai centos, miles de persoas que aínda vivindo nise medio non teñen a súa curiosidade de aprender.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1070316568821203522008-06-10T01:42:00.000+02:002008-06-10T01:42:00.000+02:00Aparte de polos cantos e reclamos, as diferentes e...Aparte de polos cantos e reclamos, as diferentes especies de paxaros distínguense ben, mesmo de lonxe, polas súas siluetas,tamaño, movementos e traiectoria e altura de voo. Un paxaro voando en línea recta atravesando un gran craro, á altura aproximada das árbores que o rodean, é unha pega. Se rodea o craro mediante voos cortos, á media altura das árbores, é un verdegaio ("arrendajo"). Se a traiectoria é unha línea ondulada perfecta, é un paxaro carpinteiro. Se é angulosa nos puntos altos e de traiectoria imprevisible, como a de unha volvoreta, é unha bobela. En zonas de monte baixo, se un pequeno paxaro sae disparado do chan verticalmente e queda cernido no aire , cantando durante un anaco pra volver baixar, é unha laverca ("alondra"). Se é máis grande, e permanece cernido largos periodos de tempo no aire "tecendo" coas ás é unha rapaz, o tecelán ("cernícalo"). En moitos deses casos, hai un son característico asociado ao voo.

Tamén hai moita información no tipo de vexetación que frecuentan, se voan sós ou con outros, etc.

A primeira vez que vin un cuco, quedei sorprendido de que fora tan pequeno.EU tíñao oído cucar, forte, e penséi que sería grande coma un home.

Agora que o penso, nunca comprobéi se cucan sempre no mesmo tono, se a especie ten "oído absoluto".

As crías de bobelas imitan o son de serpes,pra espantar ao intruso que se aproxima ó burato onde anían. Hai máis casos de "mimetismo sonoro" que poden confundir mesmo aos expertos, anque sempre se lles nota un pouco de "acento" aos imitadores,jajaja.

Qué lle quere, Xabimusic. Cada un é fillo do tempo e o lugar que lle tocóu vivir. QUeñes vivimos en aldeas de pequenos,sabemos desas cousas. Pero non estou moi certo de poder expricarllas a outros.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55509867185888925712008-06-09T23:37:00.000+02:002008-06-09T23:37:00.000+02:00Eu sonlle neorural. Non teño a sorte de contar con...Eu sonlle neorural. Non teño a sorte de contar con esas vivencias infantís na natureza.

Xa que logo, o da merenda queda en pe.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20890033128276823852008-06-09T18:51:00.000+02:002008-06-09T18:51:00.000+02:00De todos os cantos de oropéndola que atopéi en iut...De todos os cantos de oropéndola que atopéi en iutube, só este é o da especie que nos visita a nós (oriolus oriolus):PREMER.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83856301834796450442008-06-09T18:45:00.000+02:002008-06-09T18:45:00.000+02:00Ese libro que menciona, Jim Morrison,foi un dos li...Ese libro que menciona, Jim Morrison,foi un dos libros amados da miña adolescencia. E por suposto que lembro ese párrafo do "deshollinador"!.

Claro que coñezo e distingo os sons deses paxaros, e de moitos outros, Xabimusic. Pero eso non ten nada de especial. Paséu todos os vrans da miña infancia e adolescencia correndo polos montes e touzas da miña aldea, tras deles. Pra mín, distinguir os cantos da bubela, da rola, da laverca, da chasca, do paporrubio, da ferreiriña, da lavandeira ou do pito rei non teñen maior dificultade da que poder haber en distinguir o miañar dun gato do ladrido dun can. Só é cuestión de telos oído. Cerro os ollos, i escóitoos na miña mente!.
Aiquí hai unha bubela (Jupupú!):PREMER.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44046735245913479632008-06-09T17:07:00.000+02:002008-06-09T17:07:00.000+02:00Aclaración: onde dixen CDC para o Sr. Pepe Pregunt...Aclaración: onde dixen CDC para o Sr. Pepe Preguntas quixen dicir, evidentemente, XDC.

Por certo, ¿de verdade distingue voste todos eses paxaros polo seu son, polo seu canto? Levo anos buscando unha persoa que me axude nesa aprendizaxe. ¡Identificar o paxaro polo seu canto!
¡Hai merenda para quen me oriente e instrúa!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-89982517115236159812008-06-09T14:54:00.000+02:002008-06-09T14:54:00.000+02:00Os graxos poden chegar a falar, e ademais, quedan ...Os graxos poden chegar a falar, e ademais, quedan improntados por todo obxecto que se situe espaciamente por riba deles. Tal vez recordes, XcC, que Lorenz en "Falaba cos bestas, cos paxaros e cos peixes", conta a vez en que lle espertaron os graxos aniñados no tellado da súa casa, ao berro de: !O deshollinador! !O deshollinador" Quedou sorprendidísimo, claro, e viu ao deshollinador chegar á casa polo camiño. Chegou á conclusión de que, nalgún momento, quedaran marcados pola presenza do deshollinador na chimenea (nunha posición xerarquicamente superior) e aprenderan o seu nome. É o que se chama aprendizaxe por "impronta".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-29346829791142231412008-06-09T13:49:00.000+02:002008-06-09T13:49:00.000+02:00Veño de ler, divertido, na Rexión, a escandaleira ...Veño de ler, divertido, na Rexión, a escandaleira que montaron unhos graxos nas rúas de Sevilla. Ao parecer, caeran á beirarrúa unhas crías ,desde o nío, e os adultos graznaban e mesmo atacaban a quen tentaba collelos. A foto mostra ós policías locáis defendéndose a gorrazos dos paxaros , mentras recollían ós pequenos pra levalas a un centro zoolóxico.
Os graxos son unha das especies ornitolóxicas máis intelixentes, cunha organización social sofisticada. Foi a especie utilizada por K. Lorenz pra facer estudos sobre o recoñecemento, instintivo ou aprendido, dos pais , dos conxéneres, do compañeiros sexuáis, dos depredadores, etc.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-64779805096590822102008-06-09T12:58:00.000+02:002008-06-09T12:58:00.000+02:00Onde puxen "deixan de comportarse como tales", non...Onde puxen "deixan de comportarse como tales", non estiven moi atinado, tendo en conta que precisamente é unha faceta do seu comportamento. QUixen decir que "se rompe o frente de onda".XD.

Eu coñezo moitos sons da natureza galega, en concreto moitos cantos e reclamos de paxaros.Consideraría unha perda irreparable o canto do cuco, do verdegaio (orioulus), da bubela, da rola e do pombo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9777383791349992782008-06-09T11:05:00.000+02:002008-06-09T11:05:00.000+02:00Si señor Pepe, CDC elle un "sabio renacentista" po...Si señor Pepe, CDC elle un "sabio renacentista" pola amplitude e variedade dos seus saberes e ó mesmo tempo, polo seu humanismo.

Amigo XDC, ¿preservaría vostede algún son en perigo de extinción?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53227728314961975612008-06-09T01:19:00.000+02:002008-06-09T01:19:00.000+02:00Sabio, non sei. Pero "sabido", un rato largo...Sabio, non sei. Pero "sabido", un rato largo...Anonymousnoreply@blogger.com