tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post6803545625814508575..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger22125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-13215668836037950572007-04-27T12:32:00.000+02:002007-04-27T12:32:00.000+02:00Hoxe, que casualidade, La Voz trae unha noticia re...Hoxe, que casualidade, La Voz trae unha noticia relacionada con esto: a creación na UDC dun Diccionario chamado Coruña do español actual e dun Diccionario de Colocacións do español. Teño referencias lonxanas de Porto Dapena, pero ao mellor merece a pena un vistazo.
http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5753389Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10309164228666188972007-04-26T09:03:00.000+02:002007-04-26T09:03:00.000+02:00Son dous corpus de palabras do español: o CORDE é ...Son dous corpus de palabras do español: o CORDE é un corpus diacrónico do español (http://corpus.rae.es/cordenet.html), mentres o CREA é un corpus de referencia do español actual (http://corpus.rae.es/creanet.html)Poden consultarse doadamente desde a páxina inicial da Real Academia no enlace de Banco de datos, así como todos os diccionarios académicos desde o de Autoridades no enlace Nuevo tesoro lexicográfico de la lengua española. Son instrumentos moi útiles e eficaces.
De tódolos xeitos hei de dicir que o neoloxismo é para o galego, non para o español. E probablemente aí vostede poda ter placa e rexistro. Falarei co meu amigo Xosé María Gómez Clemente, observador de neoloxismos galegos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83969431128375130332007-04-26T01:33:00.000+02:002007-04-26T01:33:00.000+02:00Xa ve. Menos mal que fun honesto e rexeitei as hon...Xa ve. Menos mal que fun honesto e rexeitei as honras de inventor de palabras que de forma tan xenerosa e un chisco precipitada vostede me outorgaba. Gano credibilidade día a día...
Por certo, que son o CORDE e o CREA?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1195070709938408002007-04-25T23:31:00.000+02:002007-04-25T23:31:00.000+02:00Pues si. Ten vostede razón, amigo Leituga 1: no CO...Pues si. Ten vostede razón, amigo Leituga 1: no CORDE aparecen cinco exemplos e no CREA, hai outros tres. Tres deles de Galdós e mesmo unha expresión a priori redundante: "señoras amadamadas". Pero o certo é que no DRAE non aparece nin o verbo "amadamar" nen o participio "amadamado". Non máis fío, pero ao césar o que é do césar.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55397593429575340612007-04-25T23:14:00.000+02:002007-04-25T23:14:00.000+02:00Non lle dea tanto fío á cometa, amigo Arume. Estou...Non lle dea tanto fío á cometa, amigo Arume. Estou seguro de non ser eu o inventor dese vocábulo. Ata non sei se non llo lin a García Lorca, ou a algún clásico contemporáneo de fuste similar.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28440428800427030512007-04-25T17:17:00.000+02:002007-04-25T17:17:00.000+02:00Atención, pois, lexicógrafos que len estas bagatel...Atención, pois, lexicógrafos que len estas bagatelas: apunten "amadamar", data e autor de grandioso neoloxismo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27705624419757558122007-04-25T12:36:00.000+02:002007-04-25T12:36:00.000+02:00Todos somos un pouco amadamados, hai que recoñecel...Todos somos un pouco amadamados, hai que recoñecelo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59123393887265312932007-04-25T12:31:00.000+02:002007-04-25T12:31:00.000+02:00"Amadamados" confírelle a "adamados" un plus fran..."Amadamados" confírelle a "adamados" un plus francés e chic, exquisito e turbio, un toque Gustave Moreau do que o termo hispano carece. A min gústame máis.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-26113172849242568932007-04-25T11:32:00.000+02:002007-04-25T11:32:00.000+02:00Iso xa obraría, penso, no ánimo de todos. Póñao, c...Iso xa obraría, penso, no ánimo de todos. Póñao, con todo e a beneficio de inventario, na conta desa viveza de estilo característica do Leituga; e pense que podía ser peor: outro termo, por caso, comezado tamén por "ama..." e que non completarei aquí.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42016980813752988392007-04-25T10:54:00.000+02:002007-04-25T10:54:00.000+02:00Hai que recoñecer en todo caso e na actualidade a ...Hai que recoñecer en todo caso e na actualidade a pouca corrección política do termo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36135967955307379132007-04-25T10:47:00.000+02:002007-04-25T10:47:00.000+02:00Ou sexa, adamados. Era de supor excluída a referen...Ou sexa, adamados. Era de supor excluída a referencia prostibularia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70665893854643537252007-04-25T00:21:00.000+02:002007-04-25T00:21:00.000+02:00Amadamados é algo así como melindrosos, requintado...Amadamados é algo así como melindrosos, requintados de máis, esixentes ata o capricho, acocotados, anoxados, un pouco "repunantes"...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83808588212519665472007-04-24T22:19:00.000+02:002007-04-24T22:19:00.000+02:00Na RAE.(Del lat. adamāre).1. tr. p. us. Cortejar, ...Na RAE.
(Del lat. adamāre).
1. tr. p. us. Cortejar, requebrar.
2. tr. ant. Amar con vehemencia.
3. prnl. Enamorarse de alguien o de algo.
adamarse.
(De dama1).
1. prnl. Dicho de un hombre: Adelgazar o hacerse delicado como la mujer.
O como di Autoridades, "adamado": "cuando en el gesto o acciones muestra melindres mugeriles".
Pero Leituga dixo "amadamados" que debe ser categoría superior ou ben arrimados a unha "madame". Pero desto, sen dúbida, hai que preguntarlle ao amigo Iglesias, Bieito.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67708802131587601412007-04-24T21:25:00.000+02:002007-04-24T21:25:00.000+02:00Sospeito de hai tempo que o Leituga debe ser bo ad...Sospeito de hai tempo que o Leituga debe ser bo administrador. Miren como, espaciando as aparicións, concentra o vigor en poucas veces e gaña en calidade lírica; non coma os que, malos secuaces da épica, turramos contra o touro sen calcular o gasto.

Antes de que el conteste mellor direille, Arume, que a certos viños do porto, hai anos, chamábanlles en rótulo "adamados" facendo referencia á súa amabilidade que os faría, seica, adecuados para o consumo feminino; contra postos irían aos potentes "retintos".

Por outra banda: non criticaba eu a Orozco, particularmente, máis arriba, máis ben transmitía estados de opinión social; o mesmo xornal o reflectiu, e supoño que coñece dabondo "El Progreso" como para aquilatar dalgún modo o que iso significa. No tocante aos próximos resultados, aquí case ninguén cuestiona que Orozco vaia ser, en principio, o máis votado. Máis non lle sei dicir ou, en realidade, non lle sei dicir nada: hai tempo que non dou nin a primeira.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20436539446232237902007-04-24T19:27:00.000+02:002007-04-24T19:27:00.000+02:00Os votantes de esquerda cremos que en cada votació...Os votantes de esquerda cremos que en cada votación subvertiremos o mundo. E como non sucede, caemos no desánimo. Pero non sei que quere dicir, amigo Leituga 1 (por certo, hai leitugas 2 ou 3?), con que somos "amadamados".Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52713436553004396942007-04-24T00:47:00.000+02:002007-04-24T00:47:00.000+02:00A política é como o fútbol. Ou sexa, a política é ...A política é como o fútbol. Ou sexa, a política é así. E menos mal! Déanse de conta: a xente está nestas eleccións disputándose o poder, o que equival non só á capacidade para xestionar bastantes millóns de euros e modelar o noso pequeno mundo máis ou menos ao noso gusto, que xa é cousa a ter en conta. Ademais diso, está disputándose a súa autoestima, a súa propia imaxe, xogada toda ela a unha soa carta, a carta que di "ganaches" ou "perdiches". Se sae a carta ganadora, estálache a primavera no corazón e o mundo é "menos raro, más amable, más humano". E se perdes, atrona o inverno non só no rostro do candidato, senón tamén no da xente, que lle pon cara de velorio ou de rechifla. Ou nin mira para el.
Que todo isto -e máis cousas, seguramente, nas que non quero nin pensar- se dirima a través de carteis, megafonías, mítines, mecheritos, camisetas, plabras, discursos, propostas e, finalmente, a través do voto tranquila e secretamente despositado nunha urna, todo isto éche cousa de admirar. Sobre todo, tendo en conta como os humanos temos resolto habitualmente as nosas diferenzas ao longo da historia.
O que di o señor Valcárcel da esquerda e a súa necesidade de estímulos dramáticos para facer unha cousa tan fácil, cómoda e sinxela como ir votar un domingo, é probablemente certo. Será que nos fomos facendo caprichosos, individualistas e talvez un pouco frívolos e mesmo algo amadamados?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-7490371999759863372007-04-23T23:50:00.000+02:002007-04-23T23:50:00.000+02:00Eu non sigo a política local luguesa, pero segundo...Eu non sigo a política local luguesa, pero segundo as enquisas pode obter maioría absoluta. Pero sobre todo entendín entre liñas que a súa crítica cara Orozco concedíalle implícita a victoria. Eses contos, lonxe de desacreditalo, poden mesmo confirmar a súa boa imaxe. Non vaia a crer. Velaí a paradoxa deste escenario teatral no que se move a política.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25074159204128905112007-04-23T22:18:00.000+02:002007-04-23T22:18:00.000+02:00Pois non sei por que o di ("ben se ve..."), pero o...Pois non sei por que o di ("ben se ve..."), pero o certo é que non hai enquisa que o negue. Pendente de matizarse qué significa "gañar".

Direille, con todo, que se tal cousa se confirma (Lugo é cidade que dá sorpresas, nomeadamente en eleccións municipais), para min serán as súas causas misterio difícil de sondar. Porque, obviamente, el sabe traballar a imaxe; pero a xestión é tan pobre en resultados que non hai forma de disimulala.

A valoración do seu equipo é mala. Entre os contos favoritos da localidade están os dous retrousos máis coñecidos de Orozco: "non se preocupe" e "estamos niso".

Así é que igual vde., que estivo algún tempo entre nós, igual mo dá explicado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65099833011601112912007-04-23T20:40:00.000+02:002007-04-23T20:40:00.000+02:00Ben se ve que vai gañar outra vez Orozco intra e e...Ben se ve que vai gañar outra vez Orozco intra e extramurallas, ou non, amigo González?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23755221318531857102007-04-23T20:20:00.000+02:002007-04-23T20:20:00.000+02:00O Museo ten mérito, non llo negarei. Pero debe rec...O Museo ten mérito, non llo negarei. Pero debe recaer moito nos sucesivos encargados conservadores, en particular -no seu día- Felipe Arias, dito sexa co respecto debido ao vedraño e xa desaparecido Vázquez Seijas; tamén o persoal de guía e réxime interno, entre eles algunha vella relación miña, é de recoñecer.

Do Auditorio nin me fale: é outra das grandes carencias e actual fronte de batalla política; seica en Ourense non souberon da queixa do sr. alcalde de aquí contra o BNG, seica factor de boicoteo á cidade a través das consellarías que dirixe. O chamado Auditorio de Lugo é unha discretísima instalación, parecida exteriormente a nave industrial, que vale para ir tirando.

Ponte, Auditorio, Parque Industrial das Gándaras, PXOM, urbanización das Costa do Parque, xestión non moi lucida, pantalla mediática de Orozco... eis unha boa parte dos elementos da campaña local en marcha.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35189146718203417972007-04-23T19:52:00.000+02:002007-04-23T19:52:00.000+02:00Pois dito así, tamén vai ter algo de razón, amigo ...Pois dito así, tamén vai ter algo de razón, amigo XMG: a competencia fai elevar a oferta no mercado. E en Ourense temos pontes abondo: a ponte medieval (ponte vella), a ponte nova, a do viaducto, a ponte do Ribeiriño, a nova do Milenio, a de Velle, a pasarela do Centro Comercial e algunhas pasarelas máis río abaixo, na zona termal. Non hai queixa, non: e na ponte vella deixaron de pasar coches case co inicio da democracia. Pero Lugo tivo Auditorio moito antes que Ourense, creo, e ás veces tamén envexamos o ben que funciona o seu Museo.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-14094021234059747222007-04-23T18:21:00.000+02:002007-04-23T18:21:00.000+02:00Pois non llo sei, estimado anfitrión; á fin e ao c...Pois non llo sei, estimado anfitrión; á fin e ao cabo, vivo nunha cidade onde certas estimacións electorais seica son pouco propicas á inflación de promesas.

Nesa terra da Burga parecen preverse outras cousas e así é como están. Pero non se me queixe demasiado, que da competencia han apañar algo; e iso que non sei cantas pontes cruzan xa o Miño a esa altura, mentres ca aquí non acaba de concretarse a terceira, e a máis vella (romana) segue forzosamente soportando un dificultoso tránsito de vehículos en dobre sentido.

E como se ve, realmente, a cousa? Cae o Poli ou non cae?Anonymousnoreply@blogger.com