tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post7394176823878267410..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger42125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-19246459152567690752008-01-14T00:47:00.000+01:002008-01-14T00:47:00.000+01:00Los vehículos que provocaron los muertos en O Calv...Los vehículos que provocaron los muertos en O Calvario competían a 100 km/h hpora por hora

Una velocidad cercana a los 100 kilómetros por hora. Así circulaban los dos vehículos cuyos conductores provocaron el accidente de la última madrugada en la calle Jenaro de la Fuente, en el que resultó muerto un matrimonio que vivía en Candeán, como adelantó FARO DE VIGO. Aunque los datos concretos de la investigación no se conocerán por el momento, los testimonios de quienes presenciaron el sinietsro y de los primeros policías que llegaron al lugar corroboran que esa sería la velocidad aproximada a la que iban ambos turismos, que competían entre sí.
Las víctimas mortales de este fatal accidente, ocurrido a las 0.30 horas a la altura del número 11 de la calle Jenaro de la Fuente, fueron identificadas como Manuel García Lemos, de 54 años de edad, y su esposa Dolores Iglesias Hermida, de 53, vecinos de la calle Monte Pequeno, en Candeán. Ambos fallecieron en el acto y sus cuerpos fueron excarcelados por un equipo de bomberos del amasijo de hierros retorcidos de su coche, un turismo de la marca Citroën AX y con matrícula PO-9.200-AV,
El matrimonio iba en sentido a la avenida del Aeropuerto -hacia su vivienda- cuando su automóvil recibió un impacto frontolateral del BMW 4202 CTN que guiaba Samuel F.V., de 21 años, que resultó ileso. El AX fue catapultado hacia la acera, donde quedó destrozado, al lado de una parada de autobús, y con las dos víctimas dentro. Un Golf estacionado resultó afectado por la colisión.
Testigos consultados ayer de madrugada y otras fuentes, apuntaron a que el BMW circulaba de forma paralela con el Audi 4657 FNM que conducía José Luis O.M., de 22 años, conocido por el apodo de "Makelele". Ambos coches lo hacían a gran velocidad hacia Travesía de Vigo y como si se hubieran "picado". Un coche estacionado en doble fila fue al parecer el obstáculo que obligó al Audi a desviarse hacia el carril por donde iba el BMW, al que le rozó las ruedas, y que a la vez, para esquivarlo, invadió el carril ascendente por donde circulaba el AX de las víctimas. El conductor del Audi dejó el turismo en las inmediaciones y se fue del lugar, según los testigos. A las dos horas habría regresado al lugar, donde fue identificado.
En el BMW, iba también una chica de 19 años que resultó herida grave y fue evacuada a la Clínica de Fátima. A su ingreso presentaba contusión craneal severa, posible rotura de bazo y fractura grave en un brazo, lesiones de la que posiblemente será intervenida. La Policía trató ayer tarde de tomarle declaración.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-8007898102127868022008-01-10T02:30:00.000+01:002008-01-10T02:30:00.000+01:00Diante de todo, a miña solidariedade con Xaime, qu...Diante de todo, a miña solidariedade con Xaime, que viviu unha situación absolutamente brutal, enervante, e cuxa reacción é perfectamente comprensible. E o mesmo lles digo a González e a Da Cova, que pasaron por situacións nas que non houbo violencia física pero tamén moi desagradables.
Eu estou a medias entre Arume e Apicultor. Son partidario da educación permisiva e considero que o castigo ou a represalia son procedementos case sempre inútiles e mesmo contraproducentes. Creo na liberdade, na responsabilidade, na confianza mutua e na reflexión conxunta como principios educativos básicos. Prefiro ser indulxente antes que autoritario e empático antes que broncas. De momento, como pai xa algo veterano, vaime ben así.
Pero, como di Apicultor, hai xente que carece de todo principio compatible coas condutas que deberían imperar nunha sociedade ben educada. E isto é socialmente transversal, non depende do diñeiro dos pais.
O que eu non sei contestar é se isto vai a máis ou a menos. Témome que a máis, cousa que eu poño en relación coa relativización ou descrédito diso que cómpre chamar quizais "valores burgueses" e que, ao non seren substituídos por outros igualmente válidos, desembocan nun incremento da anomia social.
Co de "valores burgueses" refírome a un amplo e elástico repertorio de ideas sobre o que está ben e o que está mal, que acaban determinando unha serie de normas e, conseguintemente, de condutas de obrigado cumprimento. Todas elas tenden a que a vida sexa máis cómoda e máis amable e a que as relacións entre as persoas, inevitablemente conflitivas, se desenvolvan dun xeito que non amplíe innecesariamente o carácter tráxico da vida e o sensentido do mundo. Isto é enormemente valioso e, en efecto, dá a impresión ás veces de que o estamos destrozando.
A nosa sociedade, paradoxalmente, é cada día máis "burguesa", se reducimos esta palabra ao nivel adquisitivo, á capacidade e ansia de consumo, á aparencia exterior das persoas. E eu observo que, en xeral, isto redunda positivamente nas relacións interpersoais e na vida cotiá.
Pero tamén observo que, sobre todo nos barrios periféricos e nas vilas que rodean as cidades, existen ámbitos moi desestruturados, moitas familias que, ricas ou pobres, dispoñen dun moi baixo "capital socio-cultural", que non cren que a educación ou a lectura sirvan apenas para nada, que se alimentan de estúpidas competicións televisivas e da Fórmula 1, e que conciben a solidariedade ou a boa convivencia como un valor positivo exclusivamente no ámbito familiar.
Porque ¿é realmente tan difícil transmitirlle aos fillos que todas as persoas merecen respeto, independentemente do seu traballo, da súa idade ou da súa procedencia xeográfica? ¿É realmente tan difícil transmitirlles que os bens públicos están pagados co diñeiro de todos e que é unha barbaridade destrozar unha papeleira ou queimar un contedor? ¿É tan difícil transmitirlles que a violencia é case sempre innecesaria e perxudicial como forma de resolver os problemas?
En realidade, con media ducia de cousas deste estilo bastaría. Non, dende logo, para facer un mundo feliz nin para evitar esa inevitable e lóxica rebeldía e tendencia á transgresión da xente nova. Pero si para ir aprendendo da experiencia, para poñer en contraste as condutas cos valores, para ir adaptándose a un imprescindible e básico "super-eu" colectivo que debe ser comprendido e interiorizado a medida que os rapaces van medrando.
Menudo carrete! Parezo un profesor de Educación para a Cidadanía. Desculpen as obviedades, pero a lectura das vivencias descritas neste fío... En fin, quédense coa miña solidariedade.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56469457786737312262008-01-09T22:20:00.000+01:002008-01-09T22:20:00.000+01:00A interpretación do ofrecemento da outra meixel...A interpretación do ofrecemento da outra meixela de Cristo, está feita, por XDC, a partires da lectura do evanxeo "Cheli" que tanto lle prestou.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38709603306298773722008-01-09T21:22:00.000+01:002008-01-09T21:22:00.000+01:00Coa xente adulta, a filosófia é a que dí Swann: vi...Coa xente adulta, a filosófia é a que dí Swann: vive e deixa vivir. Tamén se pode decir: fai o que queiras, pero non me pises os meus zapatos azúis de gamuza. Pero se mos pisas...
Cando Cristo presentóu a outra meixela non foi pra solicitar mansamente outra "ostia". En realidade o que fixo foi DESAFIALO a que lle dera outra. Por si acaso, o outro non lla déu.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6709047536803385152008-01-09T17:45:00.000+01:002008-01-09T17:45:00.000+01:00Dito en termos militares: ademáis de estratexia, p...Dito en termos militares: ademáis de estratexia, precisamos de táctica.
O mundo xa está cheo de grandes estrategas, deses que arreglan o mundo na barra dun bar ou na sede dun partido.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74511673663594345002008-01-09T17:43:00.000+01:002008-01-09T17:43:00.000+01:00Señor Swann, neste tema tamén é pertinente o de "p...Señor Swann, neste tema tamén é pertinente o de "pensa global, actúa local".
As soluciós abstractas son pra problemas abstractos, pero non aportan nada en situaciós concretas. Do que falamos neste post e de tratar de atopar soluciós a certas situaciós concretas . O rollo abstracto xa o sabemos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39904448088429060772008-01-09T16:13:00.000+01:002008-01-09T16:13:00.000+01:00Reducionismo...Reducionismo...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45379624730700681862008-01-09T14:15:00.000+01:002008-01-09T14:15:00.000+01:00Vexo dous puntos de vista sobre o tema :- Os dos a...Vexo dous puntos de vista sobre o tema :

- Os dos apocalípticos, que vén o mundo patas arriba, "isto antes non pasaba", "a onde imos chegar", "que valores está aprendendo a ghuventú?", etc.
Posibles solucións:
(1) Máis Ilustración? "Educación en valores" (os da Conferencia Episcopal?)
(2) Máis Chuck Norris? (ese si que repartía obleas)

- Os felizmente integrados, que pensan que todo tempo pasado foi anterior, e que a todo lle encontran o lado surridente.
Solución: Vive e deixa vivir.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9460139986779837232008-01-09T13:33:00.000+01:002008-01-09T13:33:00.000+01:00Manifesto a miña profunda admiración pola conducta...Manifesto a miña profunda admiración pola conducta dos pais de Lugo, e pola de Xoan da Coba.
O tema de calar diante destes mozos lembráme o de Pilatos. Sempre hai razóns para calar, realmente presentables, pero eu quixera ser quen de chegado o momento facer coma vos, e logo pagar as multas, porque este é un país de novos ricos, condes e marqueses, onde calquer merda pensa que ten mais dereitos que ninguén.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59504775546105186022008-01-09T02:00:00.000+01:002008-01-09T02:00:00.000+01:00Eu tamén fun novo... O "Onte" unha vez máisEu tamén fun novo... O "Onte" unha vez máisAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1674979797433837292008-01-08T20:48:00.000+01:002008-01-08T20:48:00.000+01:00Sempre tan considerado, Arume. Vde. seica vén tamé...Sempre tan considerado, Arume. Vde. seica vén tamén con ganas da rus reparadora. Sexa embora.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1959670296423182652008-01-08T19:40:00.000+01:002008-01-08T19:40:00.000+01:00Este último seu comentario merece trono en El prog...Este último seu comentario merece trono en El progreso. Anda vostede ben elocuente, tras a corrección de exames da primeira avaliación e a crónica dunha epifanía aparatosa. Noraboa.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-4493566769189789972008-01-08T18:12:00.000+01:002008-01-08T18:12:00.000+01:00Máis ou menos, por onde o da Coba ía e vou eu. Os ...Máis ou menos, por onde o da Coba ía e vou eu. Os mozos son aprendices de adulto. Calquera civilización que eu coñeza (o certo é que non coñezo moitas fóra da miña, a occidental) contempla que deben ser educados en forma e contidos; por adultos e adultas, que asumen responsabilidade persoal -con seus fillos-, profesional -ao que lle cadre- e colectiva con respecto ao colectivo dos mozos.

Sei que o principio de autoridade sufriu desprestixio e, en todo caso, debe coñecer a limitación que impida despotismo. Ora ben, segue a ser requisito de calquera forma de civilización que eu coñeza; tamén, baixando do xenérico ao concreto, de calquera forma de pedagoxía. Faltaría se cadra, para evitar ou solventarmos algún equívoco intuído, definir que cousa é autoridade e indicar que non necesariamente impide o diálogo fecundo, camaradería e mutua aprendizaxe; moi longo, porén, para esta mensaxe.

Digamos, con afán conciliatorio, que os meus relatos non son exemplares senón biográficos (unha única biografía e non digo de quen). Que eu comprendo, perfectamente, o predominio en certos contextos da iucundam iuventutem mesmo con algún exceso; aínda que unha cousa é facelo e outra, ademais, animar. E que non, calquera tempo pasado non foi mellor, pero queimar todo o pasado só por selo acaba por resultar mal negocio.

Con afán de diálogo. Se se me quere crer e a renitencia non resulta invencible.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87995832912316718532008-01-08T13:45:00.000+01:002008-01-08T13:45:00.000+01:00Non creo que se colixa do dito por XM Glz ou por m...Non creo que se colixa do dito por XM Glz ou por mín mesmo nada que teña que ver con "calquer tempo pasado foi mellor". Trátase de non dar a cuestión por zanxada, observar humildemente a realidade que hai "de facto" e tratar de mellorala nese aspecto. Unha dosis de rebeldía, de temeridad e de intolerancia na xuventude é o máis normal do mundo. Pero non creo que haxa que permitirlles impunemente o que non se lle permite a un adulto. Porque son adultos en potencia,e a educación consiste precisamente en que aprendan a comportarse como tales, dándolles o "feed-back" preciso cando non o fan.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-58790923995790562742008-01-08T13:13:00.000+01:002008-01-08T13:13:00.000+01:00Plantear o problema a base de relatos eficaces, a ...Plantear o problema a base de relatos eficaces, a modo de exemplarium medieval, solivianta máis que explica. Porque ao cabo parece insinuarse que calquera tempo pasado foi mellor, sobre todo, baixo a autoridade infalible do patriarca (de matriarcas nada, ollo) que poñía orde onde había disolución. O que plantexa o artigo de Sarille para outros propósitos quizáis teña aplicación para este. Por seguir sendo políticamente incorrecto.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-79366947911224429082008-01-08T11:58:00.000+01:002008-01-08T11:58:00.000+01:00Cando XM Glz dixo eso de que o adulto "leva sempre...Cando XM Glz dixo eso de que o adulto "leva sempre as de perder" véume á memoria a frase das nosas abóas de que "a muller sempre leva as de perder". Saquen vostedes conclusiós.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-28543073016626680222008-01-08T11:49:00.000+01:002008-01-08T11:49:00.000+01:00Descúlpeseme o longo excursus. Agora digo: non par...Descúlpeseme o longo excursus. Agora digo: non parece que unha maioría demográfica dos mozos actúe desde a mala educación, prepotencia, abuso e aproveitamento dun posiblee baleiro legal ou xudicial escasa peneira. Sexa iso posto por diante.

Ora ben: que o fenómeno existe, que en certos días e momentos se volve premente; que o adulto, en tales casos, non se ve respaldado legalmente, é evidencia que os casos aquí reseñados por case todos os intervintes non toleran desmentir.

Poucas cousas haberá máis tristes, de humillación e ofensa á vista, ca un neno ou incluso adolescente vexado e maltratado; comeza así o texto que dá pé a este debate. Poucas, pero si algunha: a do vello agredido por un novo; a dun adulto ao que un rapazolo consentido e calculador lle pode zorregar unha labazada; a do que a recibe e aguanta sabendo que en denuncia leva sempre as de perder.

Definamos: debe o corpo adulto da sociedade colaborar na tutela e formación dos mozos? Pode facelo nestas condicións? Cara a onde conduce a disfución social presente? Pode dar náusea, Hormiga, quen non se compromete; pero un entende ben o precavido.

Último aspecto que resulta politicamente incorrecto cuestionar: como os mozos están na flor da vida, deben estar tamén no centro da escena e dispor libremente de canto recurso hai, incluídos os recursos humanos. Afasta ti, que paso eu.

Casualmente, na miña casa coinciden funcionarios de dous sectores clave, ben indicados para a observación social: ensino e sanidade. Canto ao primeiro, ben saben; no segundo, se lles contase...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44549613506447728742008-01-08T11:33:00.000+01:002008-01-08T11:33:00.000+01:00O do politicamente incorrecto non é fenómeno unívo...O do politicamente incorrecto non é fenómeno unívoco ou monoedro (desculpen o barbarismo, acáeme agora). Depende por exemplo, do contexto: na universidade, vg., pode ser incorrectísimo meterse cos mozos ou non consentir o exceso no nome da alegría; tamén depende do contexto: se o asunto sometido a xuízo vén de pura observación ou experiencia fáctica e pática (renovo a desculpa).

Por exemplo: quen leva un número indeterminado de semanas erguendo atender o timbre de madrugada -sempre en xoves, día de saída xuvenil-, se enfada por el e os fillos e acaba baixando enfrontar o gamberro que lle cadrou, pode ser politicamente incorrecto. A quen lle cadra diante da casa o último local en pechar da cidade, con licenza de cafetaría e sen insonorizar, pero que pon música alta e cuxos clientes falan alto na rúa, cospen no adro pechado da capela que está diante e fan simulacro de darse polo cu -desculpen, agora, os meus malos modos- ás nove ou dez da mañá os domingos, diante obviamente da señora maior que vai á misa... se lle parece mal e avisa noites sucesivas a garda municipal; secundando así o veciño de sobre o mencionado local, oitenta e pico anos, que obviamente é molestado no seu sono, seguramente para algúns é politicamente incorrecto. Desde logo, éo para a nai dun dos propietarios, casualmente compañeira laboral da muller do querelante, segundo a cal o seu fillo só quere ter "un negocio como os demais".

Para os clientes devanditos, e xulgando polos extremos observados no seu día, posiblemente sería politicamente incorrecto que o polo visto único local de Lugo onde se podía facer tal cousa acabase pechando; e sendo substituído por un Café-Bar-Tapería rexido por rapaces perfectamente amables e legalmente instalados.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-84207982965430321142008-01-08T08:55:00.000+01:002008-01-08T08:55:00.000+01:00Pois como xa todos comentaron a actitude dos menor...Pois como xa todos comentaron a actitude dos menores e as causas e outros casos do mesmo estilo, so quero dicir que a min o que máis noxo me da é a xente que cala e consente e que non quer intervir nunca. Verdadeiras nauseas me dan.hormigahttps://www.blogger.com/profile/11778716927408077197noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23874059295168133582008-01-08T00:50:00.000+01:002008-01-08T00:50:00.000+01:00E con xente adulta coma a que dí Arume, que tamén ...E con xente adulta coma a que dí Arume, que tamén a hai, tamén teño tido os meus máis e menos. Pero a ese xa os hai que dar por casos perdidos desde o punto de vista educativo. O único que hai que tratar é buscar o xeito de fodelos na mesma mesura en que te foden, sen pretender "rehabilitaciós".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-73416501095968796582008-01-08T00:47:00.000+01:002008-01-08T00:47:00.000+01:00Vostedes coñecen a "pedra da serpe", ese famoso pe...Vostedes coñecen a "pedra da serpe", ese famoso petroglifo en Campo Lameiro. Moi pertiño hai un área recreativa, e un pequeno lago.
Fai unhos poucos anos, estaba eu visitando o lugar. Había xente merendando, nenos xogando, etc. Chegóu unha pandilla de adolescentes nunhas motos. Puxéronse a derrapar, facer "caballitos" , acelerar ruidosamente o motor o límite de revoluciós, etc. Todo eso entre as familias que estaban merendando cós mantéis extendidos no chan. Ningún dos adultos presentes se atrevía a decirlles nada. Naquelo, un deles arrimóu a moto ó lago. Desmontóu e, tendo conta dela, apoióu lixeiramente a roda de atrás na superficie da auga.Aceleróu e a roda escomenzóu a votar auga fora coma se fora un "géiser",provocando que certas persoas tuveran que apartarse.Todo entre risas bravuconas e o ruido infernal das motos.
Eu levaba xa un rato observando desde a "pedra da serpe". O que salpicaba auga parecía o "líder" do grupo, i estábame estragando unha tarde apacible. A miña dona notóu nos meus ollos un brillo especial que xa coñece, e díxome: non te metas. Pero eu acerquéime, pouco a pouco e cós beizos apretados . Mirándoo ós ollos, díxenlle, tan baixiño que só me oíu él: "Por qué non te metes o tubo de escape polo cú?. Está quente e móvese. A ver se che da gusto" Él, miróume molesto. Eu, agoantéille a mirada hasta que a apartóu. Déulle un derradeiro acelerón á moto, chamóu polos outros que o miraban sen saber o que pasaba e marcharon.
O que dí o XM Glz. Pra próxima vez sabe que pode haber algún adulto que lle pare os pés. I eu quedéime coa conciencia tranquila de facer o que debía. Si non nas formas, polo menos sí no fondo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-866361653159903582008-01-08T00:32:00.000+01:002008-01-08T00:32:00.000+01:00Pois eu creo que ese propietario do Touareg, con c...Pois eu creo que ese propietario do Touareg, con carreira e formación académica, é un mal tipo, un mal pai e un matón. E que foi, precisamente, un dos seus fillos quen estivo na lea de Saavedra. Foi o que lle dixo: "Eu son fillo de...".

Estes casos non acontecen só entre xente de precarias condicións, senón tamén -e ás veces máis- entre xentes pudientes que apodrecen os seus fillos con consentimentos e mamarrachadas de toda caste, dándolles a entender que eles teñen licenza para todo e que todo lles está permitido. Igual que os seus pais.

Ser un chulo cabrón é algo transversal ás condicións socio-económicas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-535827151713522572008-01-08T00:17:00.000+01:002008-01-08T00:17:00.000+01:00Non crea. Esa forma de violencia soterrada do que ...Non crea. Esa forma de violencia soterrada do que o ten todo, pero non precisa facerse valer porque el é o poder ou pensa que a finca sempre foi súa tamén funciona. A mín esa violencia matonil de adolescentes inmaduros me preocupa, pero tanto coma o do propietario dun Touareg, con carreira e formación académica, que monta na acera diante de Casa Lupita para tomarse uns viños. Este sairá cun sorriso nos labios cando chegue a policía, pero se o guardia en cuestión amosa a autoridade enseguida saca ese talante amalibia que a xente parece levar dentro desde Atapuerca.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53490593358187091862008-01-08T00:08:00.000+01:002008-01-08T00:08:00.000+01:00Non é doado medir a magnitude dun problema, e meno...Non é doado medir a magnitude dun problema, e menos de tipo cívico-educativo.

Ora, habelo haino. E que haxa outros problemas semellantes non se dilúe o problema inicial.

Seguramente, eses xubilados ou esa xente da súa idade, na que con razón recoñece modos violentos, sexan, a súa vez, os avós, os pais ou os parentes dos adolescentes que comentamos.

Á final, todo cadra...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-72408140018758444862008-01-08T00:01:00.000+01:002008-01-08T00:01:00.000+01:00Problema hai, pero da magnitude que amosan vostede...Problema hai, pero da magnitude que amosan vostedes non estou tan seguro. E o que vostedes afirman, non sen parte obviamente de razón, e con tal énfasis e vehemencia é a opinión máis que maioritaria e, en certo sentido, a correcta.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.com