tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post7746765151444965778..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-49993139312622306352007-11-10T18:22:00.000+01:002007-11-10T18:22:00.000+01:00Os medios de comunicación son culpables: hHoxe mes...Os medios de comunicación son culpables: hHoxe mesmo estaban a grabar un cumio iberoamericano e case rematan a hostias. Un, cun lixeiro parecido ao rei de españa, lle dixo a outro, cun parecido tamén moi notable ao presi de venezola: ¿Por qué no te callas?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20958660129313345682007-11-08T11:06:00.000+01:002007-11-08T11:06:00.000+01:00E o caso de Finlandia, co You Tube polo medio. Vai...E o caso de Finlandia, co You Tube polo medio. Vai haber que facer un control moito máis estricto do que se pode colgar na rede: algun xeito haberá, digo eu, para intentar eliminar este desastre da fascinación polas cámaras e a violencia, todo xunto.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59209091130482192822007-11-08T10:45:00.000+01:002007-11-08T10:45:00.000+01:00Unha visita á páxina web principal da Voz agora me...Unha visita á páxina web principal da Voz agora mesmo (10,40 da mañán) pode explicar todo: todas as noticias teñen que ver con videos: malleira en Nigrán, fotos dunha rapaza coruñesa de Gran Hermano, carreiras de ferraris na Mariña, e algunha cousa máis que esquezo. Pero son as noticias principais, as que saen nada máis abrir o xornal dixital. Claro está: despois os columnistas zoscan o seu moralismo. Semella todo tan calculado. Debe ser dun frustrante (por non dicir outra cousa) facer xornalismo e rematar nisto.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35852187866939054802007-11-07T10:46:00.000+01:002007-11-07T10:46:00.000+01:00¿E que me din da violencia entre adultos? Acabo de...¿E que me din da violencia entre adultos? Acabo de escoitar no programa de Franzino unha reportaxe moi preocupante sobre a violencia crecente nos centros de saúde, contra auxiliares, enfermeiras e médicos...
Talvez o que si se vai consolidando na sociedade é a sensación de que o recurso a actitudes violentas ten máis beneficios que custes. A violencia ten moi pouco castigo e, ademais, estendeuse (e aquí o cine americano si que ten que ver) a idea de que a violencia é o único xeito de conseguir rápido e ben cousas que son xustas. A lei, o diálogo e todas esas lerias son presentadas como trapalladas inconsistentes e mariconadas ineficaces por toda unha corrente cinematográfica que arrinca do Clint Eastwood dos "Harrys" e que chega ata hoxe, xa plenamente naturalizada.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56326638280766124462007-11-07T10:18:00.000+01:002007-11-07T10:18:00.000+01:00Leituga One ten razón, unha vez máis.Os nenos dist...Leituga One ten razón, unha vez máis.
Os nenos distinguen ferpectamente os espazos de violencia simbólica de xogo e os outros. Xogar aos tiros, arcos, frechas, carreiras, etc. é bo. ¿Ou é que alguén pensa que o politicamente correcto é qeu os nenos xoguen aos ONGs e xuntos como hermanos miembros de una iglesia vamos caminando juntos hacia dios... y a Nelson Mandela?
Os nenos empúxanse, pelexan e corren detrás dos balóns. As nenas falan e falan e falan... Todo moi san. E cando chega unha edá, miran uns para outros, babean, falan, belíscanse e máis se poden... pero mentres, nin sequera xogan xuntos nos patios dos colexios.
A violencia dos xogos infantís non é perniciosa, éo a outra violencia, a televisada. Desde humor amarillo a Videos de primera. Os megahostiazos están na U tube en calquera sitio... entres as risas dos que miran... como se fose todo un grande escenario...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74493665790078351862007-11-07T00:11:00.000+01:002007-11-07T00:11:00.000+01:00Eu estou máis ben de acordo con Xoán da Coba e en ...Eu estou máis ben de acordo con Xoán da Coba e en desacordo con Sarille. O 99,9 por cento dos rapaces distinguen perfectamente entre realidade e ficción, entre o que é posible nun ámbito e no outro. Nin os videoxogos asasinos nin as películas sanguiñentas nin Shin Chan teñen ningún papel decisivo nas condutas violentas dos rapaces. En cambio, si que o ten a posibilidade de que os froitos da violencia proporcionen cartos. O perverso do caso de Boiro é a conciencia que teñen disto os seus protagonistas, que mesmo incrementan a brutalidade da súa acción en función dun correlativo aumento do valor da gravación. En todo caso non é ao vieoxogo malvado a quen lle hai que botar a culpa, creo eu, senón a esa moda televisiva da compravenda de imaxes espectaculares e "impactantes" extraídas da vida real. Ten máis culpa "Os vídeos de primera" ou "Noche de impacto" que o San Andreas ese do que fala Sarille. A clave está nos cartos, no negocio, no afán de lucro e non nun suposto e improbable mimetismo da violencia fantasiosa e irreal de películas e xogos. Iso penso eu, despois de darlle algunhas voltas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-79299643706333621232007-11-06T23:40:00.000+01:002007-11-06T23:40:00.000+01:00A min asústame que se filme a violencia para acudi...A min asústame que se filme a violencia para acudir o mercado, e mercadear ca propia imagen, ca persoa, ca identidade e nestos casos ca xuventude, todos dereitos recoñecidos constitucionalmente e que algúns medios -os que os compran- se pasan polo forro.
Quen lle dixo o grabador que o que estaba a grabar co seu móvil "valia o seu peso en ouro".
Por iso, Monxardín, alerta e denuncia sobor da mercadoría que prefiren os medios audiovisuales de España.Xaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-48563245273976352002007-11-06T23:26:00.000+01:002007-11-06T23:26:00.000+01:00Dicíame un psiquiatra unha vez que o primeiro qeu ...Dicíame un psiquiatra unha vez que o primeiro qeu facía era regalarlle aos fillos pistolas, metralletas, etc.en canto podía... Así, de maiores, pensaba qeu eso eran trangalladas de nenos...E o tema militar pareceríalles ridículo... Co gusto polo negado, se cadra moito pouca violencia simbólica, fai que logo lle guste máis o zosque de verdade.
Por iso, Sr. Don Xohan, eses indios mortos, eses vaqueiros de estralantes son xémolo de saúde...
Claro que non traían avogados os chicles, otherwise iriamos de cu hoxe.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-73028866959713058332007-11-06T22:36:00.000+01:002007-11-06T22:36:00.000+01:00Cando eu era pequeno,os meus vaqueiros de plástico...Cando eu era pequeno,os meus vaqueiros de plástico mataron un montón de indios.E os indios queimaron a unhos cantos vaqueiros.E o sheriff,colgóu na forca a un montón de delincuentes sen xuizo previo(as bolsas dos chicles non traían xuices nin abogados).Éu non me considero unha persoa agresiva.Mesmo lle parezo a Apicultor un "home de paz".É por eso que non estóu tan seguro de que os xogos violentos fomenten a agresividade real.Os xogos son "simuladores" do que pasa no cerebro dos rapaces.A nosa mente é un enorme simulador.Na nosa mente,matamos ó pai (Edipo) e facemos un monton de "animaladas",que non son máis que ensaios.Pra eso temos a mente.Pra analizar consecuencias dos nosos actos sen cometelos en realidade.Os xogos infantís son unha prolongación desa actividade "simuladora".Neurolóxicamente,non hai conexión entre a agresividade no xogo e na realidade.Mesmo o xedrez é un xogo moi agresivo.Xa saben que llo prohíben ós afecionados con patoloxías cardiacas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-26947854389764320932007-11-06T20:12:00.000+01:002007-11-06T20:12:00.000+01:00Mentres ese espectáculo sexa negocio para uns, non...Mentres ese espectáculo sexa negocio para uns, non hai ética, nen educación nen nada de nada. É triste pero é así.Un saúdo que a visita foi completiña.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-81114377478700082832007-11-06T14:57:00.000+01:002007-11-06T14:57:00.000+01:00oS DOUS teñen moita razón nas súas teses. Nin a es...oS DOUS teñen moita razón nas súas teses. Nin a escola pode ser a panacea de todo. Nin todo se pode permitir nos medios de comunicación, cando a propia visibilidade do escándalo actúa como motor de novos actos de violencia. Sobre isto último, levan anos discutindo os teóricos da comunicación e inventando normas deontolóxicas, sen acordos demasiado claros. Eliminar a violencia gratuíta parece oportuno, pero que iso non enmascare ningún xeito de censura: p.ex., o caso de Barcelona, de non estar gravado, nin sequera chegaría á opinión pública, seguro. Iso non quere dicir, tampouco e de ningún xeito, que haxa que botar o video 50 veces diarias en TV explotando o seu morbo.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.com