tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post7805904204795746211..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger29125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65756538651326003122007-06-20T00:55:00.000+02:002007-06-20T00:55:00.000+02:00Cuesta picolísima serenataaaa con un fil di voche ...Cuesta picolísima serenataaaa
con un fil di voche si puó cantaar
oñi inamorato a la inamorataaaa
la susurreraaaa
la susurreraaa.
Ejem.
Vostedes perdoen,pero a referencia a Renato Carosone,engadido as cervexas que levo a questa hora ...Un colpo di fulmine...
Il trole ágrafo...

Jeven...ai sí jeveeen...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-88312720085875484052007-06-18T14:25:00.000+02:002007-06-18T14:25:00.000+02:00O que máis me gustou do artigo de Ferrín foi a alu...O que máis me gustou do artigo de Ferrín foi a alusión ao picú, ese anglicismo que a miña nai tamén empregaba. Claro que era para escoitar a Renato Carosone ou Domenico Modugno. E tamén para erguerse e bailar, se cadraba, cheek to cheek, "a cachetitos" como ela di.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-7775886934965145042007-06-18T14:09:00.000+02:002007-06-18T14:09:00.000+02:00E volve hoxe o Ferrín a falar do Hino Galego no fa...E volve hoxe o Ferrín a falar do Hino Galego no faro de vijo(mixturando coma sempre as súas batalhitas cebolhetas).
Eu sego pensando que a música dun Hino debe ter unha estructura melódica e armónica o suficiente mente simples como pra poder ser cantada por CALQUERA PERSOA DO PAÏS,e que non haia que ter especiais conhecementos de música
ou de canto.Vostedes,coma mín,teranse dado conta de que a maioría da xente perde o tono ó chegar á parte de "do teu verdor cinguido...".Eso é porque efectivamente cambia a tonalidade,en términos técnicos,ó paralelo menor,e faino "incantabile" pra moita xente,e antinatural incluso pra quen canta ben.(Incluso a modulación non ocorre coa duración habitual en compases..)
Dende logo,a culpa de eso non debe ser de Pascual Veiga,quen o compuxo seguramente coma música estrictamente pra ser interpretada,e posiblemente non pensóu na posibilidade de ser cantada por "a gran masa da xente".
Algo parecido pásalhe á "Internacional" onde dice "del pasado hay que hacer añicos...".Tamén se perde moita xente aínda que neste caso a modulación é "a la quinta".
A grandes composiciós musicales poden ser cantadas polos nenos...
O Troll ágrafoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-69394715511843260162007-06-17T22:12:00.000+02:002007-06-17T22:12:00.000+02:00Quería dicir, o carro diante dos bois.Quería dicir, o carro diante dos bois.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55128515303260670362007-06-17T22:11:00.000+02:002007-06-17T22:11:00.000+02:00Eu cría que o PEN-clube era a oenexé dos escritore...Eu cría que o PEN-clube era a oenexé dos escritores galegos. De todas maneiras, convén non poñer o boi diante do carro, ou ver a palla no ollo alleo e etc, etc.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-70575256766953372892007-06-17T19:13:00.000+02:002007-06-17T19:13:00.000+02:00Xa puxen noutro post o relato desa construcción pa...Xa puxen noutro post o relato desa construcción patriótica por Jon Juaristi no diario ABC. Alí vai o nome do poeta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30926668762986751202007-06-17T17:04:00.000+02:002007-06-17T17:04:00.000+02:00O dos himnos segue a proer. Leo hoxe nun xornal un...O dos himnos segue a proer. Leo hoxe nun xornal un artigo de Luís González Tosar.
En fin, cousas de poetas. O que me gustaría e ler o retruque do aludido, seguindo a estela do ton escacharrante e como quen non quere a cousa do artido orixinal

ENTRE HIMNO E RABADA/POR LUíS GONZáLEZ TOSAR
http://www.diariodeferrol.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&inifile=futuretense.ini&c=CSINoticias&cid=1181690387643&t=NoticiaCompleta&edicionnav=1028218396367&arglink=nolink

Consiga un rabo enteiro de boi cortado polas coxunturas -se non é posible pode ser de xato, canto máis vello, mellor-, unha cebola, tres dentes de allo, dúas cenouras, tres mancheas de berros, dúas batatas doces, dúas patacas, dúas mandiocas, dous tomates, cento cincuenta gramos de fariña de mandioca, aceite de oliva, prixel, sal e pementa.

Refritir nunha pota a cebola picada e os allos machucados, engadir o rabo, salpimentar a gusto e cubrir con dous litros de auga fervendo. Cociñar a lume baixo até que a carne case se desprenda dos ósos. Retirar os anacos de rabo, botar os legumes no mesmo recipente e cocer dez minutos a cachón.

Sacar as verduras e reservar. Engordar o caldo coa fariña de mandioca e mailo prixel, mesturando todo cunha culler de pao. Obtemos así o pirão. Servir por separado, nunha fonte o rabo cos legumes, noutra o pirão. Acompañar con arroz branco. Até aquí a letra dun prato popular do sertão, nordeste do Brasil.

Sobremesa no "Maracaná" da Calle Nueva -non confundir coa Rúa Nova-, brasileirísimo restaurante de Santiago de Compostela, onde deramos conta dunha gostosísima rabada feita por Camilo. Alguén saca como tema a proposición do Partido Popular de pórlle letra ao himno español. De primeiras, pouco interese pola conversa.

Mais un dos presentes, matizando declaracións públicas de Jon Juaristi, informanos que, entre os convocados por José María Aznar e Luis Alberto de Cuenca -daquela secretario de Estado de Cultura-, para consensuar unha letra para o himno de España, estaba un recoñecido poeta galego, non sabemos se a título propio ou representando este noso sistema literario periférico, xa que é persoa que presume de ética e moral intachables, refuxiado sempre nun "inmaculado exilio interior".

Daquela, non puiden menos que lembrar a Guimarães Rosa: "No sertão, diante dum prato de rabada, está tuda a verdade do homem".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15925568825044154652007-06-17T14:02:00.000+02:002007-06-17T14:02:00.000+02:00Por outra banda, se de algo deberon fuxir os vanga...Por outra banda, se de algo deberon fuxir os vangardistas debeu ser do concepto "prototipo". Dacordo, xaora, co que basicamente din vdes.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-58693941922741086932007-06-17T12:21:00.000+02:002007-06-17T12:21:00.000+02:00De Castelao e as vangardas xa falamos nesta casa n...De Castelao e as vangardas xa falamos nesta casa noutras ocasións. Eu tampouco vexo contradición entre as diferentes intervencións anteriores: Castelao, que non entendeu o cubismo e aborrecía o movemento Dadá, estivo si moi influído polos expresionistas, quizais porque se achegaban máis ó seu modelo de arte popular case medievalizante.
Basta pasear pola obra de Durero, Brueghel, Cranach, O Bosco, Hans Bandung Grien, etc. para percibir ese alento común. En concreto, disto xa nos falaba a profesora Mª Luísa Sobrino Manzanares, a forte pegada dos gravados da expresionista alemana Kate Kölwitz.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-41994474784506153452007-06-17T04:08:00.000+02:002007-06-17T04:08:00.000+02:00Non vexo eu moita oposición entre o que din Rosa e...Non vexo eu moita oposición entre o que din Rosa e González. Rosa chama a atención sobre a simpleza abusiva da identificación entre vangarda e esquerda. E González corrobora a complexidade sinalada por Rosa aludindo ao caso de Castelao, un artista que non encaixa nin por ideoloxía explícita nin por forma de vida co propotipo "vangardista" e que, non entanto, sentiu afinidades con algúns "ismos" e mesmo tratou de importar a Galicia algunhas das súas técnicas e modos expresivos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-68981326493331325202007-06-16T00:04:00.000+02:002007-06-16T00:04:00.000+02:00Aínda que un pouco serodiamente, tamén dou a benvi...Aínda que un pouco serodiamente, tamén dou a benvida á amiga Valdeorosa, a quen xa limos por aquí nalgunha outra ocasión.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-62318581604282796362007-06-15T22:36:00.000+02:002007-06-15T22:36:00.000+02:00Pois permita, estimada Rosa do país de mencía e go...Pois permita, estimada Rosa do país de mencía e godello, que para facer boa a probable imaxe de turrón e cargante discrepe ou matice algo de vde. Castelao afirmaba a superioridade moral e cultural do pobo, pero a súa sensibilidade non parece indiferente ao feito vangardista. Como se entendería, se non, o seu explícito gusto polo ruso-parisiense Teatro do Morcego? Por outra banda, ¿non haberá na súa obra plástica nada de expresionismo?

Con humildade o digo. Doutra banda, non pare moitas mentes no fragor aparente. E tanto gusto de tela quí.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-34402328787371158282007-06-15T21:05:00.000+02:002007-06-15T21:05:00.000+02:00Menuda marcha ten vostede aquí neste blog... Estou...Menuda marcha ten vostede aquí neste blog... Estou, permítanme dicilo, sorprendida ante tal celo na defensa das opinións. Humildemente cabaleiros, teño que dicir que estou dacordo con leituga 1. Creo que o nacionalismo italiano reunificador é máis semellante ao nacionalismo liberal español. No referente ás vangardas, coido que o máis sinxelo é dicir que van vencelladas á esquerda pero pero pero... acontece que a "alma humana" é contradictoria e, claro, non sempre funciona este binomio(permítanme este vocablo matemático de iniciada debatiente os Cabaleiros Arume e Xosé M. González) ou eu o creo así. Se existen curas de esquerdas ("Los curas comunistas" Martín Vigil)como o de Madrid, e a un home da altura intelectual como Castelao lle costaba aceptar as vangardas... Porqué unha persoa conservadora non pode practicar o parnasianismo literario? Eso é moi cómodo para evadirse¡ Unha aperta Marcos e un saúdo a todos vostedes cabaleiros(valdeorosa-rosa)rosa enriquezhttps://www.blogger.com/profile/15594637926513572690noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6738884046793742752007-06-15T20:30:00.000+02:002007-06-15T20:30:00.000+02:00Eppure, os que realmente se rebelaron foron os ita...Eppure, os que realmente se rebelaron foron os italianos. Pondal procura tamén renovar o pasado; no seu caso, máis que en gloria, en afouteza. E iso que non era exactamente un romántico.

Por certo: sabía vostede que Pondal escribiu algún poema en italiano? Non desdeñe nunca a hipótese dunha interrelación; nin aínda que se poña "a huevo".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54080364485778523012007-06-15T20:25:00.000+02:002007-06-15T20:25:00.000+02:00E tamén barcelonistas que non odien aos coruñeses....E tamén barcelonistas que non odien aos coruñeses. Nin intente a impostura.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45126075588716445352007-06-15T18:28:00.000+02:002007-06-15T18:28:00.000+02:00Tamén está, para que imos esquecelo, a liña de con...Tamén está, para que imos esquecelo, a liña de conexión Luis Suárez-Mazzola. Pero eso é para interistas de cuore.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67089020697198842232007-06-15T18:24:00.000+02:002007-06-15T18:24:00.000+02:00O problema da comparación é que os románticos ital...O problema da comparación é que os románticos italiáns buscan recuperar o pasado román glorioso (coma fixera por outra parte xa Petrarca na súa canción "Italia mia, benché 'l parlar sia indarno") e de aí a evocación melancónica das ruinas que fai Leopardi ao comezo do seu poema, e outra a chamada á rebelión contra séculos de opresión e postración. Son dous, ao meu ver, posicións ben distintas. Sen saírmos do plantexamento literario, por tantas vías contaminado de política e desexos de rebelión social.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-8297116295251587982007-06-15T17:44:00.000+02:002007-06-15T17:44:00.000+02:00Non sei como amañar para desfacer equívocos que me...Non sei como amañar para desfacer equívocos que me atinxan. Xaora, eu nunca dixen que as vangardas se homologuen coa esquerda. Non faltaba máis, dicir que Marinetti era de esquerda; nin T.S. Eliot; ou o mozo Cunqueiro, aínda co cartel comunista chinés no faiado onde compuxo o "Papel de Color". Deixémolo, pero o papel que eu emborronchono debe ter conta só dos meus borróns.

En fin, hai múltiples elementos que distancian os galeguistas dos homes do Risorgimento. Empecemos polo feito inequívoco de que non tivemos Cavour ou Garibaldi nin se buscaron; tampouco príncipe reinante para substituír a diversas veces derrotada aspiración republicana. As teorizacións e iniciativas que desenvolveu Mazzini probablemente admitan non moito parangón co que puido facer Murguía.

Pero unha vez máis advirto erro en comparar un discurso épico-lírico cun corpus de doutrina política. E é malo ignorar o papel dos poetas e as súas fabulacións (senso etimolóxico) nos procesos políticos nacionais.

A confrontación de textos prometida:

I - ALL'ITALIA

O patria mia, vedo le mura e gli archi
E le colonne e i simulacri e l'erme
Torri degli avi nostri,
Ma la gloria non vedo,
Non vedo il lauro e il ferro ond'eran carchi
I nostri padri antichi. Or fatta inerme,
Nuda la fronte e nudo il petto mostri.
(Giacomo LEOPARDI).

A GALICIA
Ai, esperta, adourada Galicia
dese sono en que estás debruzada!
Do teu rico porvir a alborada
polo ceo enxergándose vai.
Xa cantando os teus fillos te chaman
e cos brazos en cruz se esperguizan.
Malpocados! O que eles cobizan
é un bico dos labios da nai.
(Francisco AÑÓN).

Se non houbo etnicismo nos italianos, ao mellor é porque non había fundamento: só xeografía e lingua (co toscano como coiné ideal) podía ser posiblemente base certa. Dous elementos que pode compartir o nacionalismo español: península e lingua (máis ca coiné, exclusiva); como tamén o feito de dispor xa dun estado, aínda que fose só piemontés.

Ora ben, paréceme moi probable que o encontro dun italianista do Stato Pontificio cun galeguista, dese pé a irmandade sentida. Á fin e ao cabo, uns proxectaban a súa insatisfacción e aspiracións nalgunha presunta fantasmagoría (ben potente, por certo, en influencia cultural no XIX) e outros na recreación metonímica da antiga Roma.

Comparar comparables levaría a confrontar Murguía (ou mesmo Brañas) con Mazzini. Tratando, por certo, de recrealos. Fóra do meu alcance, desde logo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9529656028145253992007-06-15T16:38:00.000+02:002007-06-15T16:38:00.000+02:00Así como é falaz establecer unha identificación un...Así como é falaz establecer unha identificación unívoca entre vangardas (ou pre-vangardas) e esquerda, tamén o é asimilar o nacionalismo liberal italiano, de carácter político, unificador e uniformizador, co nacionalismo pondaliano, máis debedor ideoloxicamente das fantasmagorías ossiánicas e do etnicismo de raíz xermánica. Non teñen nada que ver, por moito que un Ferrín volto Ferrini se empeñe en trazar entre eles unha liña inexistente. O nacionalismo risorgente italiano é máis parecido ao nacionalismo liberal español que ao nacionalismo galego.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-31359818346927404352007-06-15T16:27:00.000+02:002007-06-15T16:27:00.000+02:00Oda alle Fonti del Clitunno, del Carducci. Buscand...Oda alle Fonti del Clitunno, del Carducci. Buscando por internet para ilustrar o que sostiña atopo esta páxina ben interesante.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-64887144658055305122007-06-15T15:17:00.000+02:002007-06-15T15:17:00.000+02:00que si, arume, que non te enteras...que si, arume, que non te enteras...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-69685575348032965412007-06-15T14:35:00.000+02:002007-06-15T14:35:00.000+02:00Por citar referencias tamén poderiamos remontármon...Por citar referencias tamén poderiamos remontármonos ao dulce et decorum est pro patria mori e a tantos outros topos da literatura latina épica, que ben e moi ben coñecían os autores italiáns, quen, por certo, crían emparentar a nova república italiana cos antigos honores da república e do imperio román.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-31326855745160343502007-06-15T14:32:00.000+02:002007-06-15T14:32:00.000+02:00O que fai Ferrín no seu novo artigo, verbo de Cane...O que fai Ferrín no seu novo artigo, verbo de Caneiro e Bieito, é o que un amigo meu futbolista chamaba "rectificar no aire".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59202400138683679512007-06-15T12:26:00.000+02:002007-06-15T12:26:00.000+02:00Arume, primeiro: non trazo ecuación ningunha, só u...Arume, primeiro: non trazo ecuación ningunha, só unha liña, e non indico en ningún momento que esta sexa recta. Que Parnasianismo conduce a Simbolismo e (por certo) ao antes non citado Modernismo supoño que resulta obvio xa na propia consciencia dos segundos e terceiros; o fío entre estes e as vangardas (tan distintas, xaora, con aqueles e entre elas mesmas) non resulta, para min, difícil de rastrexar.

Segundo, tampouco non tracei a identificación que vde. indica; quen pense que hai identidades non me conduce, espero, a totum revolutum ou trae para acó iso que me gusta. Recollía as conexións que sinala Ferrín e realizaba comentario subsecuente. Para min, o Romanticismo é cousa moi grande, xa o teño dito. Aos retallos expostos daquela engado agora caso práctico; na materia Literatura Universal Contemporánea, que imparto desde hai anos e da que preparo todo, desde a programación ata as actividades e pasando polos materiais, inclúo entre estes tres cadros de carácter e temática ben diversos: "Le poète et la muse", de Gustave Moreau; "Ruínas nun claustro" (sinto non dispor do título orixinal exacto), de Wilhelm Steuerwaldt; "La liberté guidant le peuple", de Eugène Delacroix.

A presenza do terceiro probablemente lle suxerirá algunhas inferencias. Por outra banda: é igual o nacionalismo italián reunificador có galeguista? Como vai ser? Pero ambos nacionalismos teñen elementos en común. Citaría algún detalle de Manzoni; outro dos paralelismos que establezo, entre un fragmento de Leopardi e un de Añón (se non tivese perentoria obriga laboral igual llos reproducía); non sei se lle encontrará relevancia: parte substancial dos galeguistas son ou parte de base liberal, empezando polo mesmo Murguía.

E téñome que ir, non lle hai que facer.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-82563051113480141872007-06-15T11:32:00.000+02:002007-06-15T11:32:00.000+02:00Señor Arume: O seu último escrito é unha ecuación ...Señor Arume:
O seu último escrito é unha ecuación diferencial en derivadas parciales non lineal,por tanto non resoluble mediante aplicación de transformadas de Laplace...
Quero decir que non entendín nada do que dixo,pero eso,xa se sabe é debido á miña nula preparación intelectual...
Cómo me gusta aquela frase de Jardiel Poncela que dí: "O que se lee fácimente,escribíuse con moito esforzo" (A recíproca debe de ser certa)

O Troll ágrafoAnonymousnoreply@blogger.com