tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post799856189501677910..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger10125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-77022721125811244772008-01-20T17:27:00.000+01:002008-01-20T17:27:00.000+01:00Comentario lingüistico, pra ser sometido á conside...Comentario lingüistico, pra ser sometido á consideración do XMGlz:

Na aldea oía moito a expresión "ó pé de..." pra indicar "ao carón " (de algo que está fixo). "Foino insultar ó pé da porta". "O saco está ó pé do canastro".
Fai un rato estaba oíndo un audio en rumano e chamóume a atención porque tamén se dí "pe"(coa mesma fonética o "e") pra indicar "ao lado". Ao lado da mesa: "pe masa".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-873509072851200162008-01-20T17:16:00.000+01:002008-01-20T17:16:00.000+01:00Eu oín moito na aldea a expresión "compango". Decí...Eu oín moito na aldea a expresión "compango". Decíase "comer de compango" (con pan?) en oposición a "comer de quente". Normalmente comíase de compango cando había presa, polo moito traballo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1960960070844159932008-01-20T13:49:00.000+01:002008-01-20T13:49:00.000+01:00Revoltura vén no Gran Xerais como voz galega non e...Revoltura vén no Gran Xerais como voz galega non estándar, correspondente a revolta. Aínda que non me é familiar, non dou fe de tela escoitado nin de non; soar, sóame a un deses modismos que moito falante espontáneo elabora analoxicamente, combinando ad libitum un lexema cun sufixo e dando lugar a voz non catalogada: sería, supoño, o que o propio Gran Xerais denomina creación expresiva ou forma de uso moi específico.

Canto a compango, certo é ser voz luguesa; pero, cando menos, tamén está en Rosalía, Follas Novas, "A probiña, que está xorda!", verso 13:

...e mais compango de porco.

Serían interesantes máis achegas dialectais. Teñan bo domingo; teño que ir a Becerreá para non sei que dunhas filloas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-27880642624170804262008-01-20T13:33:00.000+01:002008-01-20T13:33:00.000+01:00Pero non sei, amigo Saavedra, se non será moi de L...Pero non sei, amigo Saavedra, se non será moi de Lugo esa expresión de compango, porque por estes lares turonios non a teño eu escoitado.
Aproveito para outra consulta. Hoxe lín nun artigo (en español) dun autor galego en EL PAÍS a propósito do Prestige que en Galicia houbo unha "revoltura social". Existe esa expresión en galego co sentido de revolta? Porque ata onde eu sei (a miña nai en asturiano tamén a emprega) eso significa náusea, noxo. Tamén pode ser que o autor quixo aportar esa idea e eu estea equivocado. Pero quixera saber se a palabra en galego significa tamén rebelión, ou algo semellante.
Gracias por anticipado. E desculpas pola deformación profesional (será un síndrome novo?) tamén en domingo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10455542057882735642008-01-20T12:18:00.000+01:002008-01-20T12:18:00.000+01:00Xaime, está visto que non podo ir xantar contigo, ...Xaime, está visto que non podo ir xantar contigo, polo menos de aquí a dous meses: os cortes de dixestión son malísimos.

O rótulo, Arume, ata non hai moito estaba tamén onda a estación de servizo do Miño, na entrada desde Nadela; teño que ir á de Santiago, comprobar se segue o que vde. di.

Compango. A tal palabra, galega e asturiana pode ter orixe nunha expresión reforzada, coma os pronomes ligados comigo, contigo, etc. Será de formación romance, xa que non parece haber compango en portugués.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-22170045880218322832008-01-19T23:10:00.000+01:002008-01-19T23:10:00.000+01:00Acabo de chegar da Estrada, e púxecheme colorado p...Acabo de chegar da Estrada, e púxecheme colorado pola dedicatoria, grazas.
Xa sabes que aínda nos queda a cita no polbo na feira de Castro Ribeiras do Lea e no xantar teño que convencerte para que sopeses a posibilidade de votarlle o PP.
Teu, namentras queiras, XaimeXaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-80582786475401980952008-01-19T20:48:00.000+01:002008-01-19T20:48:00.000+01:00Tamén cantaban "Raskayú, cuando mueras, qué harás ...Tamén cantaban "Raskayú, cuando mueras, qué harás tú", que presentaba uns versos terribles cun cementerio cheo de esqueletes que bailaban (estos muertos se me han revolucionado". Despois da guerra, ese estribillo: "tú serás un cadáver nada más", pois que queren que lles diga.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67464472234551387862008-01-19T19:55:00.000+01:002008-01-19T19:55:00.000+01:00Certo o que di XDC das cancións da posguerra. E aí...Certo o que di XDC das cancións da posguerra. E aínda é máis evidente no comic ou nos tebeos da época: que era CARPANTA máis que unha crítica radical a aqueles tempos de fame e miseria? Os censores non o percibiron?Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9578873411942734542008-01-19T13:33:00.000+01:002008-01-19T13:33:00.000+01:00As canciós de éxito nos anos da fame falaban todas...As canciós de éxito nos anos da fame falaban todas de comida: "Tengo una vaca lechera", "Cocidito madrileño". Busquen máis, que as hai.

Tamén me chama a atención que os cantantes e músicos de flamenco chámanse habitualmente coma cousas de comer: "Camarón", "Cigala", "Tomatito". Esta última observación débolla ó amigo Zapata, pintor.

Eu lembro coma as señoritingas de capital, finxían non saber qué era o caldo. "Caldo? Qué es eso?". Estábamos na praia.Logo decían: "Pásame la toaja".

Ó facer as filloas, as mulleres da casa, facían moitas brincadeiras. A algunha metíanlle un papel, ou unha carpaza. Había que mordelas con cuidado. Na casa dun veciño invitaran a comer ó cura. A unha filloa botáranlle moito pimento picante, e foille tocar ó relixioso. Como era educado, coméuna igual, e logo berróu "Viva Murcia!". (Na aldea decían "fillogas").Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-4445086425269315192008-01-19T12:35:00.000+01:002008-01-19T12:35:00.000+01:00Saavedra máis Saavedra ca nunca. Ese caldo habería...Saavedra máis Saavedra ca nunca. Ese caldo habería con pouco máis ca unto é da súa familia.
A estas horas esto non se pode ler. Poña por diante do post: para ler en tempo de fartura.
O do compango é palabra que comparte o galego cos curmáns do leste.
E, por favor, xa o dixen noutro post: precisamos foto do cartel antigo á entrada a Lugo pola vella de Santiago, agora non utilizable, perto do cemiterio co lema do título deste extraordinario artigo.Anonymousnoreply@blogger.com