tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post8276991845358264933..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23901043909500180132008-05-04T10:13:00.000+02:002008-05-04T10:13:00.000+02:00Josto Maffeo.....¿Asombrado de que se hable de "Fa...Josto Maffeo.....¿Asombrado de que se hable de "Falange Romana" en el periódico de la calle Miguel yuste ?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54701963606867491632008-05-02T12:43:00.000+02:002008-05-02T12:43:00.000+02:00Saúdos desde Mieres del Camín. Tomarei uns culíns ...Saúdos desde Mieres del Camín. Tomarei uns culíns á súa saúde hoxe mesmo en Requexu.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-15939576096669903382008-05-01T20:49:00.000+02:002008-05-01T20:49:00.000+02:00Demos un margen de confianza al elegido Sr. Aleman...Demos un margen de confianza al elegido Sr. Alemanno......Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75827797646793399932008-05-01T19:49:00.000+02:002008-05-01T19:49:00.000+02:00Fala ti que a min dame a risa.Fala ti que a min dame a risa.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-33579191895264043652008-05-01T19:08:00.000+02:002008-05-01T19:08:00.000+02:00E do Franceco Rutelli non falas, non.....?E do Franceco Rutelli non falas, non.....?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17325566882691859702008-05-01T17:14:00.000+02:002008-05-01T17:14:00.000+02:00ARREDOR DO MESMO TEMA, coincidimos hoxe en GH F.Ve...ARREDOR DO MESMO TEMA, coincidimos hoxe en GH F.Vello e o cronista:

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO
Roma, ‘¿città aperta?’
En Roma, città aperta (1945) Rossellini narra a resistencia italiana contra as tropas alemás invasoras e a persecución dos bravos resistentes por parte das forzas nazis ocupantes. Mais Rossellini, fiel á verdade histórica, non idealiza o pobo italiano como pobo unido en resistencia, pois é ben certo que só os comunistas, os socialistas e algúns católicos se opuxeron á ocupación hitleriana. Unha boa parte do pobo italiano, particularmente o romano, colaborou cos alemáns na invasión do seu propio territorio. Esa é a verdade. E talvez por iso o filme histórico de Rossellini –obra mestra universal– tivo unha discreta acollida en Italia na hora da súa estrea, e máis fría acollida na propia cidade de Roma. Pois ben, a Roma que dende hai 15 anos gobernaba a esquerda política –eis tamén o efecto Berlusconi– pasará agora a ter un alcalde neofascista, elixido democraticamente, Gianni Alemanno, antigo secretario nacional do Movemento Social Italiano. Así son as cousas. E así é Roma. Este señor Alemanno, din todas as crónicas, segue a levar ao colo unha cruz celta, un símbolo utilizado hoxe pola extrema dereita e o fascismo en toda Europa, e, para que fique ben claro, nun programa televisivo durante a campaña electoral de 2006 ergueu o brazo no plató en saúdo fascista. Este é o novo alcalde de Roma. Un alcalde que prometeu expulsar da cidade a 20.000 inmigrantes fichados pola Xustiza e desmantelar todos os poboados xitanos situados no municipio romano. Roma, ¿città aperta? O lema principal da campaña de Alemanno foi este: "Temos que voltar a ser donos da nosa propia casa". E poucas horas despois de sabidos os resultados, o flamante novo alcalde xa dicía: "Temos tomada toda Roma". ¿Tomada? Un lapsus. Non. Foron os votantes, o pobo romano, os que decidiron que Alemanno sexa alcalde de Roma. ¿Saberá a esquerda italiana e romana, a esquerda real, analizar en profundidade o que aconteceu? Toni Negri era optimista no ano 2002. "O laboratorio italiano comezou o seu traballo", dicía. Fracasou.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5417478393209703142008-05-01T12:29:00.000+02:002008-05-01T12:29:00.000+02:00Los romanos......¿Consideraron demasiado "estirado...Los romanos......¿Consideraron demasiado "estirado" a Rutelli ?Anonymousnoreply@blogger.com