tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post959038588561892968..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21187088978770370412009-11-25T19:56:54.769+01:002009-11-25T19:56:54.769+01:00Se permiten que o diga, eu estou preocupado.
Nun...Se permiten que o diga, eu estou preocupado.

Nunca tiven medo das tormentas. Ó contrario, gostaba delas. Lembro algunhas magníficas na aldea e unha en particular sobre o mar de Corcubión, tomando un cubata que me preparei ad hoc -con perdón- na terraza do cubículo que collera no Motel O Hórreo. A última de certo interese foi por terras de León, entre León e Astorga. Eu viña escoitando no cassette do coche Cadros para unha exposición de Musorgski mentres o ceo, en todos os horizontes era unha esmorga de serpes eléctricas, rosas, marelas, azuis.

Un día sorprendinme con medo. Estaba na aldea, había tormenta e eu tiña medo. Mesmo tomei precaucións, algunha pode que ridícula: tapei a boca da cheminea francesa porque o tiro pareceume perigoso. ¿Por que tiña medo? Porque as miñas fillas estaban comigo. Non tiña medo por min, se non por elas. E agora que teño unha neta de once meses, nin lles conto.

Francamente, síntome preocupado. E, ademais, paréceme tan mezquiño que nos rouben o tempo e a atención con estas cousas tan estúpidas cando temos tanto por facer.

O dos Peares, en efecto, pode influír na pouco crible confusión de Núñez Feijóo. Santiago Lamas, no seu esplendente ensaio GALICIA BORROSA, explica moi ben o que pasa aló, coa confluencia dos dous ríos.

En fin, seique xa temos presidente permanente da Comisión Europea e mais señora ministra de AA.EE. Algo é algo.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35651735581567472982009-11-25T19:28:30.684+01:002009-11-25T19:28:30.684+01:00A ilustración sobre os Peares non será unha chisca...A ilustración sobre os Peares non será unha chiscadela ao presi Feijoo?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.com