tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post965088163233669215..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67946617714730130932010-03-16T15:18:01.270+01:002010-03-16T15:18:01.270+01:00Do libro de Xabier Castro, botei en falta que lle ...Do libro de Xabier Castro, botei en falta que lle fixese algo máis de caso ás patacas, de consumo ben máis xeralizado que o chocolate!lourixehttps://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91480152589786580582010-03-09T17:30:46.177+01:002010-03-09T17:30:46.177+01:00Lourixe:
Magnífico libro, o de Castro. Pero molest...Lourixe:
Magnífico libro, o de Castro. Pero molestoume un pouco certo aire "progre". Falaba, por exemplo, do caso dunha muller que fora axudada polos veciños. Cando o fillo volveu da emigración -de vacacións, coido- o propio fillo falaba orgulloso de ter devolto os favores traballando para os veciños que axudaran á nai. Xavier Castro dicía que esta "do ut des" era comenenciuda, que non tiña nada de solidaria.
Eu, pola contra, penso que era absolutamente solidaria. Mesmo que o dito de "non des a quen non che poida dar" ten a lectura de evitarlle a un veciño con problemas o ter que devolverche o favor. En moitas culturas, por exemplo, unha maneira de foder a alguén é regalándolle algo que lle vai custar moito devolver ao mesmo nivel.
Penso que Xavier Castro pousou unha ollada un tanto prexuizada, un tanto "progre" e pouco capaz de poñerse na pen dos nosos paisanos.
En todo caso, un libro imprescindíbel.Loureironoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-47066797408142846512010-03-09T17:27:21.492+01:002010-03-09T17:27:21.492+01:00Nin por asomo sonlles eu contrario ás novas tecnol...Nin por asomo sonlles eu contrario ás novas tecnoloxías nin defensor de facer a mahonesa batendo a man. Amo tanto as novas tecnoloxías que uso o microondas para preparar patacas cocidas. Pero todos os inmigrantes temos unha certa envexa dos nativos. Así, ao que me refería era a necesidade de os pais aprenderen a manexarse por ese mundo para non perderen de vista aos seus fillos que van alá adiante.
Nese novo mundo dixital, como no vello da cidade ou da aldea global ou non, é imprenscindible ter unha formación previa ou adquirida cun guía, titor, ou como se chame. Non é bo que os alumnos estean perdidos sós, aprendendo sós ou en horizontal, sen guías, na marabillosa selva cibernética.AVMFnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53620420180152649112010-03-09T15:30:22.841+01:002010-03-09T15:30:22.841+01:00Eu diría que ese relevo xeracional inverso debeu d...Eu diría que ese relevo xeracional inverso debeu de suceder con toda a tecnoloxía. A un labrego de toda a vida, de carro de vacas, debíao deixar ben desconcertado que lle viñese o fillo cun tractor: armando e desarmando a mecánica, conectando os novos trebellos. Ou un oleiro primitivo a primeira vez que viu outro máis novo empregar un torno. A defensa das vellas xeracións sempre é que as cousas manuais, tradicionais, son mellores. En "A lume manso", Xabier Castro reproduce o argumento dun industrial que montara en Vigo unha máquina de chocolate: fronte as vellas que dicían que o chocolate moído a man sabía mellor, atribuía a diferencia de sabor a que o feito a man ía misturado coa suor que pingaba dos operarios ao moeren.lourixehttps://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56634886652782426202010-03-09T10:51:08.519+01:002010-03-09T10:51:08.519+01:00Non ten nada que ver unha cousa coa outra; eu coñe...Non ten nada que ver unha cousa coa outra; eu coñezo licenciados en informática que son verdadeiras nulidades usando determinados programas. O mesmo que hai enxeñeiros mecánicos que non son bos codutores, e incluso hai Conselleiros de ¿Cultura? que van a Sobrado dos Monxes e rematan no Desván de los Monjes.
¿Unha vítima máis da revolución dixital?Loureironoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-89177777410167102922010-03-08T09:25:26.392+01:002010-03-08T09:25:26.392+01:00@Anonimous coward
Moito me parece que Carreira non...@Anonimous coward
Moito me parece que Carreira non entendeu nada

Simplemente quería puntualizar que ser nado dixital non é necesariamente unha vantaxe. Nun documental sobre Linus Torvalds (un dos criadores do Linux) o seu pai dicía que fora unha grande vantaxe que o seu fillo tivera experimentado toda a revolución informática dos oitenta, cando a informática era moito máis sinxela, e que os que só viviran a revolución nos noventa (os chamandos nacidos dixitais) teríano máis difícil para entender o fundamento último de cada ferramenta informática ou telemática. Manexar é unha cousa, comprender é outra.

Finalmente saiba que eu tamén o aprecio, pobre falador, malia que non saiba empregar os innecesarios galicismos para semellar un ciberhome de letras tan ben coma vostede.

@Inmigrante dixital

nesa etapa da vida están a usala como un entorno exclusivo de socialización e que que o propio sexa compartir emocións. Por iso está nas nosas mans, nas de todos amosarlles as posibilidades de formación intelectual que este grandísimo medio pode ofertarlles.

Oxalá sexa así mas, a risco de parecer ciberpesimista, como dicían nos 90, "Internet is for porn". Facebook naceu precisamente como rede social interuniversitaria para partillar coñecemento e experiencias persoais e rematou no que é hoxe. A rede oferece un grande potencial -como o puido ter oferecido a TV- mas o uso non sempre é o que moitos quixéramos.Xosé Manuel Carreirahttps://www.blogger.com/profile/11874312282479409720noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1369596491935528972010-03-07T00:42:09.419+01:002010-03-07T00:42:09.419+01:00Moitas gracias. Lerei.Moitas gracias. Lerei.AVMFnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-80988561840157865292010-03-06T22:45:54.055+01:002010-03-06T22:45:54.055+01:00Non debería, pero é. Elas e eles son xa "nati...Non debería, pero é. Elas e eles son xa "nativos dixitiais" (termo empregado polos expertos en teorías cognitivas).
Non se pode mesturar toda a tecnoloxía e facer dela un totum revolutum. Se falamos de rede e adolescencia, cabe pensar que efectivamente, nesa etapa da vida están a usala como un entorno exclusivo de socialización e que que o propio sexa compartir emocións. Por iso está nas nosas mans, nas de todos (a educación está nas mans da tribu) amosarlles as posibilidades de formación intelectual que este grandísimo medio pode ofertarlles.
A rede 2.0 é interactiva, con acceso a unha chea de actividades, é colaborativa e ofrécelles a posibilidade de aprender autonomamente ó longo de toda a súa vida.
Recoméndolle sr. Monxardín que se lea este libro:
Nativos digitales, dieta cognitiva,inteligencia intuitiva y arquitectura de la participación.
Alejandro Piscitelli. Ed. Santillana, col. Aula XXIInmigrante dixitalnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-79759266023709033232010-03-06T21:53:22.995+01:002010-03-06T21:53:22.995+01:00Moito me parece que Carreira non entendeu nada (ou...Moito me parece que Carreira non entendeu nada (ou si)do que di moi atinadamente Monxardín pero o que el quería é amosar a súa competencia cibernética e deixarnos épatésAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44621012192877572182010-03-06T19:54:23.264+01:002010-03-06T19:54:23.264+01:00Home claro.Home claro.AVMFnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59247464081487329102010-03-06T18:55:13.067+01:002010-03-06T18:55:13.067+01:00hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que s... hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que sabe da tecnoloxía de vangarda moito máis que os seus pais

Aínda que en liñas xerais concordo co post, habería que matizar que unha cousa é manexar unha aplicación (Facebook, Tuenti, Twitter, MSN chat, etc...), que é o que fai grande parte dese sector etario, e outra moi diferente é comprender quer a tecnoloxía informática que hai detrás (cliente-servidor, TCP-IP, P2P, HTML, XML, J2EE, PHP, encriptación da información, etc...) quer saber tirar o máximo potencial comunicador das ferramentas (xornalismo en tempo real, microblogging, publicidade, análise crítico da información, networking de negocios, comercio electrónico, etc...).Xosé Manuel Carreirahttps://www.blogger.com/profile/11874312282479409720noreply@blogger.com