9 jun 2006


Moncho Borrajo
PAN POR PAN venres 9 xuño
Unha cousa é o humor, outra a comicidade, outra diferente a retranca e outra a sátira aberta. E no xénero do humor métense moitos máis xoguetes cómicos que ás veces son pura chocalleira, “gracejo fácil” ou riso directo provocado pola burla dos que non teñen quen os defenda: por iso hai tantos chistes racistas, misóxinos e xenófobos. Cadaquén ten os seus gustos: líbreme Deus de reclamar censuras contra ninguén. Pero dicir nun escenario a unha muller do público cousas como esta: “Se estiveses violada, non terías esa cara de amargada”, a min, qué lle queren, non me fai graza ningunha. Iso foi o que fixo hai uns meses o ínclito Moncho Borrajo nun programa da TVG, no Luar. Por iso mesmo protestaba estes días Susana López Abella, deputada do Partido Popular. A propia compañía de RTVG fíxolle chegar unha queixa ao humorista. O mesmo que vén convidado a Auria nas festas do Corpus.
(Imaxe: Q. Metsys)

1 comentario:

  1. Nunha cidade daqui habia un humorista da rua e fixo rir ao publico coas chorradas que dicia. Pero pasou unha nena co pai dixolle a rapaza que ese non era o seu pai que el era o seu pai real. A xente protestou e el dixo: Bueno, o teu pai pode ser ese, aquel ou aqueloutro e a xente si que protestou.
    Non sei. O humor ten uns limites e hai que respeitalos.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.