12 jul 2006


COMO SE CONSTRÚE UNHA NACIÓN
(para os posibeís interesados que vivan na contorna de Ourense-O Carballiño)

O xoves 13 de xullo terá lugar unha conferencia na Casa de Cultura de O Carballiño a cargo do historiador Marcos Valcárcel co título “Galiza, 1906-1936: como se constrúe unha nación”, organizada pola Agrupación Cultural Avantar dentro dos actos conmemorativos do Día da Patria Galega.

Ao longo da mesma o escritor ourensán percorrerá un amplo roteiro da historia cultural, social e política de Galiza dende o rexionalismo ata os días da guerra civil, abordando aspectos moi diferentes da súa realidade sociocultural: a normalización da lingua, a literatura, a música e os coros populares, o teatro e o cine, os deportes, o pensamento nacionalista, a prensa republicana e agraria, os monumentos e homenaxes, os lugares da memoria, etc.

Esta charla irá acompañada dunha montaxe audiovisual en power point con máis de cen fotografías históricas relativas a ese período, moitas delas pouco coñecidas ou inéditas (procedentes da prensa e dos fondos da Real Academia Galega).

(Ilustro cunha imaxe pouco coñecida, pese ao enorme significado que tivo na nosa historia cultural: o enterro dos restos de Curros na Coruña, 1908, foto dos fondos da RAG)

4 comentarios:

  1. Festival Heineken Paredes de Coura`06

    15 de Agosto
    18.00h

    Escenário Heineken

    Morrissey
    Fischerspooner
    Broken Social Scene
    White Rose Movement
    Madrugada
    Gomez

    Escenário After-Hours
    X-Wife
    Digitalism

    Jazz na Relva

    Zé Eduardo Unit



    16 de Agosto
    18.00h

    Escenário Heineken

    Bloc Party
    Yeah Yeah Yeahs
    Gang Of Four
    Eagles of Death Metal
    We Are Scientists
    Members of The Public

    Escenário After-Hours

    Panico
    Dj Kitten

    Jazz na Relva
    4walls


    17 de Agosto
    18.00h

    Escenário Heineken

    Bauhaus
    The Cramps
    !!!
    Maduros
    Elefant
    Shout Out Louds

    Escenário After-Hours

    Selfish Cunt
    Justice

    Jazz na Relva
    Insert Coin

    ResponderEliminar
  2. moitas veces lamento non vivir alá, hoxe é un deses dias. Ogallá logo nos contes algo do que dixeches aí...

    ResponderEliminar
  3. Esperamos poder ver no blog algunhas fotografías mais de esa montaxe powerpoint

    ResponderEliminar
  4. Algunhas desas fotografías irán aparecendo de cando en vez. E o conxunto do power-point espero poder movelo a partires de setembro, se hai asociacións ou entidades interesadas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.