23 jul 2006


Diccionario de insultos.
Hai un par de meses a editorial Losada publicou en Buenos Aires un “Diccionario de la injuria”, obra do xornalista Sergio Bufano e do poeta Jorge Perednik, cuns tres mil insultos usados en Sudamérica. Por suposto, como noutros lugares, a maioría deles están cargados de connotacións racistas, misóxinas ou sexuais. Pero non se pode negar a riqueza da lingua ao respecto. Velaí algúns exemplos: “chimpapo” é como lle din en Nicaragua ás persoas de queixo grande na súa cara e “cachacán” emprégase no Ecuador para cualificar a que non serve para nada. “Boludo” vén sendo tonto en Arxentina, aínda que ten múltiples matices, e “ñoqui” úsase para os vagos no mesmo lugar. De carácter sexual son formas como “chingada” (México) e “chucha”, “cachucha” e “cajetilla (cajeta)” (Arxentina, Perú). Tampouco convén por aló chamarse Concha: por iso mesmo que están a imaxinar.
(Imaxe: detalle de Susana e os vellos, de Gentilleschi)

6 comentarios:

  1. Na Arxentina, o tonto úsase sen o peso e a forza ferinte do boludo. Porén, fai xa tempo que o boludo perdeu algo desa forza e é usado caseque dez veces por minuto na fala dos adolescentes so para chamar a atención. P. ex: "Che, boludo, vamos a lo que Juan que el boludo tiene unos DVDs barbaros que le copió un boludo del colegio?". Non é esaxeración. Así se fala... No caso do ñoqui chámase así aos empregados públicos que cobran salario pero non traballan e levan ese alcume porque os noquis son unhas pastas que se comen o día 29 de cada mes e os funcionarios-noquis so van ao despacho o día 29 a cobrar. Apertas!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polas túas aclaracións, Torre de Babel. Ten éxito este libro aló por Arxentina?

    ResponderEliminar
  3. pois non cho sei decir con rigorosidade. Eu, que leo bastante a prensa, ainda non vin comentarios ou artigos destacados sobre el, pero iso non sempre é un bo indicador. Na miña opinión e nun mercado tan pequeno como o arxentino (so moi poucos libros teñen o que poderíamos chamar éxito) estes textos son para xentes moi vinculadas ó traballo da palabra (profesores, xornalistas, escritores...). Fai un tempo, o meu home falaba da posibilidade de facer un libro sobre as bibliotecas dos grandes escritores arxentinos e en Planeta dixéronlle mais ou menos o que eu anotaba arriba: que é un libro para moi pouca xente e xa se sabe... onde mandan os cartos a cultura non ten moito lugar.

    ResponderEliminar
  4. Here are some links that I believe will be interested

    ResponderEliminar
  5. Interesting site. Useful information. Bookmarked.
    »

    ResponderEliminar
  6. I really enjoyed looking at your site, I found it very helpful indeed, keep up the good work.
    »

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.