27 nov 2006


Solidariedade 2

Xa nos referimos, máis embaixo, ó conflicto "dalgúns veciños" do barrio de San Francisco en Ourense, que se negan a acoller nese barrio o novo local do Comité Antisida de Ourense.
Mañán axúntanse todos no Concello e o Comité demanda adhesións e apoios da sociedade. Non deixedes de mandarllos ó seu correo (creo que activo):
antisidaou@hotmail.com

(Imaxe de G.de Chirico)

2 comentarios:

  1. Vergoña lles debería dar a eses veciños cuestionar a instalación no seu barrio do comite antisida. ¿Farían o mesmo cunha asociación contra o cancro? seguro que non.
    Tristemente todavía hai xentes que seguen a considerar certas enfermidades como malditas e a estigmatizar ás persoas que as padecen.

    ResponderEliminar
  2. Todos/as a colaborar!!
    Que razón ten o que falou arriba ¡¡
    Seguimos a ter moitos prexuízos!

    Eu traballei en Gales hai 6 anos nunha pequena ONG de apoio a enfermos de SIDA: Non hai nada máis fermoso e reconfortante que axudar á alguén que se sinte só e desamparado, nada.
    A verdade é que no Reino Unido hai moitísimas máis ONGs en relación con Galiza.
    Recoñezo que esa non é a solución aos problemas da nosa sociedade globalizada, hai que ir á raíz dos problemas. Mais AXUDAR a alguén que cho pide coa ollada triste é lindo, máxico, mellor que quedar cos brazos cruzados.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.