22 dic 2006



Dúas tarxetas máis
Dúas tarxetas máis para a escolma destes días. A superior, de tono máis solidario, é a que mandan os amigos Francisco Xosé Fernández Naval ("Chisco") e Maribel Longueira. A de embaixo, "Estrela do mencer", é do artista arxentino Diego Manuel Rodríguez, de quen teño usado (co seu permiso) varios debuxos para ilustrar artigos meus en prensa: no debuxo figura tamén a páxina web onde amosa a súa obra.

7 comentarios:

  1. Non entendo ben que pode significar o que pon a primeira postal: "Qué nó 2007...". Quero dicir: esas acentuacións que se me antollan extrañas, queren dicir algo ou é un simple erro de teclado?

    ResponderEliminar
  2. Moi boas as dúas. Lamentablemente a nosa sociedade consumista aínda permite situacións como a que se ve na postal de Maribel e "Chisco". É unha vergonza que, nos tempos que corren, aínda vexamos cousas así. Revolución mundial XA!

    ResponderEliminar
  3. Revolución Mundial co Camarada Modesto como Líder Supremo!

    ResponderEliminar
  4. Facía tempo que non escribía por aquí, e estes desexos pra o ano que ven son moi nobles, pero ben sabemos todos que tal vez utópicos e laboriosos.

    Pero nestes días deixemos atrás o escepticismo e fagamos cousas... E non só nestes días.

    saúdos

    ResponderEliminar
  5. Qué nó: obviamente son erros de teclado ou de montaxe da postal...

    ResponderEliminar
  6. É curioso: ese comentario do "usuario anómino" denominándome a min Lider Supremo, recódame ao vocabulario de certo ex-maoísta pasado ao inimigo, pero, en fin...

    ResponderEliminar
  7. Eu penso que che tomaron o pelo, Modesto. A verdade é que te prestabas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.