9 dic 2006

Mujeres de negro
PAN POR PAN sábado 9 decembro

Na literatura, tan importante como contar os feitos é describir o ambiente, o estado espiritual e sentimental dunha época. Logrouno moi ben Josefina Aldecoa en “Historia de una maestra”: ese percorrido polas duras escolas españolas dos anos 20, a chegada da República, os debates no maxisterio entre tendencias pedagóxicas neutras e outras máis politizadoras. As páxinas sobre a Revolución de Asturias no mundo dos mineiros de León son, aínda que breves, dunha delicadeza narrativa excepcional. Trala morte de Ezequiel, o mestre republicano, fusilado nos inicios da guerra, Aldecoa fixo continuar a historia na voz de Juana, a filla nacida o mesmo 14 de abril de 1931: a novela “Mujeres de negro” foi o resultado desa continuación. Nela figura esta frase contundente que tan ben retrata aquela época: “Tengo miedo de no poder vivir en una cárcel, porque ya todo es una cárcel”.
(Imaxe de Junakovic)

1 comentario:

  1. Ola Marcos! Como vai? A min fíxome moita grza este cuadro, porque o primeiro que vin foi a cinta azul e xa me imaxaba ver a beleza da rapaciña protagonista do cuadro de Veermer e de súpeto atopeime co burro! síntoo, escachei a rir a gargalladas! despois lin o texto, e paréceme un acerto, e non digamos o seu peche, mais no subconsciente venme esa cara de burro asustado e non podo parar de rir!
    Pero, que todo sexa por sacar o negro do rostro das mulleres, e que a loita siga por saír do cárcere!!
    Unha aperta, que había tempo non pasaba por aquí!
    Yoli ;-)

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.