
O tren de Dieste.
Pan por pan mércores 20 decembro (Imaxe de Cranach, que serviría para unha portada de "Os vellos..." de Castelao)
Nas letras galegas non hai ningún relato sobre o mundo do tren tan emocionado como “O vello que quería ve-lo tren” de Rafael Dieste. Seguro que coñecen a historia: nun pobo da montaña un velliño comunica un día á familia a súa ilusión por ver o tren antes de morrer. Ós familiares parécelles unha tolería, pero o apoio do neto e do crego do lugar logran que o avó consiga o seu desexo. Aló van avó e neto, nun rexo carro de bois, ata o apeadeiro ferroviario. O tren chega como un lóstrego e só teñen tempo para ver nas fiestras do tren unha señoriña ben vestida e un neno de cidade.
O neno volve ledo, seguro do seu futuro: “Eu cando medre tamén hei de andar en tren”. En cambio, o avó volve en silencio, envolto nunha tenra tristura: sabe que xa nunca poderá coñecer os mundos que se adiviñan tralo fumegar da locomotora. Quen non sentiu algunha vez esa aceda melancolía?
Que breve pero que lindo este texto, dúas idades a un tempo, dúas emocións, a ilusión e a melancolía, a infancia e a vellez,
ResponderEliminare o tren da vida por diante.
Grazas pola benvida na Rexión.
Feliz Nadal a ti e á túa familia
Unha apertiña de moralla
A min o conto que me gustou é ese no que un vello crece ao revés e cada vez se volta máis novo. Cousas de Dieste.
ResponderEliminarParece que para os galegos o tren sempre foi símbolo de algo. De que? Non sei ben pero penso que para moitas xeracións a chegada do tren quería significar a chegada do progreso. Aí está o famoso poema de Curros, a axitación social polo tren Zamora-A Coruña, este conto de Dieste.
ResponderEliminarAínda hoxe, tantos anos despois, seguimos a ollar o novo tren como a metáfora do progreso e a modernidade, e os nosos políticos ben o saben e ben o usan como arma de propaganda.
Bo Nadal a todos.
Rafael Dieste é un universo de grandes relatos e sensacións. E, sen dúbida, "O neno suicida", ó que se refire Mendinho, é unha das súas obras mestras. Por certo, ten un aire a "Viaje a la semilla", de Alejo Carpentier.
ResponderEliminar