21 dic 2006



Tarxeta do Presidente

Creo que, se non me equivoco, é a primeira vez que me felicita no Nadal o presidente da Xunta de Galicia, neste caso Emilio Pérez Touriño: por iso subo aquí a súa tarxeta e agradézolle o xesto. A imaxe é moi convencional pero ten a vantaxe, ó seu favor, de incluír tamén estes versos de Manuel Lugrís Freire:

Cando o tempo é pasado
Os mozos vellos son.
¡Eternamente é mozo
Quen vive na ilusión!

9 comentarios:

  1. Home, non lla mandou únicamente a vostede senón a miles de funcionarios da Xunta por correo electrónico

    ResponderEliminar
  2. Eu non dixen que me felicitara a min en exclusiva. Se é certo que lla mandou a todos os funcionarios, mellor que mellor: un xesto aínda máis intelixente.

    ResponderEliminar
  3. E non se lle nota cun certo aire flamenco?
    Jimy de Rairo

    ResponderEliminar
  4. Tamen eu penso que o do flamenco no parlamento(a pesares da sua defensa...),foi..folklore alleo.
    Non estamos a anos Luz (En sentir País-Nación)dos Catalans o dos Vascos?

    ResponderEliminar
  5. Pois en Catalunya estarían encantados e en Barakaldo tamén. Curiosamente.

    ResponderEliminar
  6. O debate do flamenco e do Himno creo que é un exemplo magnífico dos debates ridículos que tanto gustan neste país...

    ResponderEliminar
  7. Concordo completamente con Marcos Valcárcel neste asunto: imos polo camiño folclórico da reivindicación do máis superficial, a xeito da sección femenina.
    De tódolos xeitos, pregunto: cómo se debe cantar o himno galego? Persoalmente atopo insoportable o xeito de adobalo que teñen as por outro lado magníficas corais galegas. Non é eso tamén unha falsificación, como tantas outras, mesmo tocalo con gaita?

    ResponderEliminar
  8. Concordo con Valcárcel. Será que somos un país de ociosos?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.