31 ene 2007



Escribir dende a liberdade
andoliña 31 xaneiro
A semana pasada empezou en Ourense a XVII edición dos Encontros Literarios do Liceo, que este ano xiraron arredor do tema Literatura e Memoria e que contaron coa participación de Suso de Toro e de Benjamín Prado, autores de dúas novelas recentes que tamén falan diso (Home sen nome e Malas gentes que caminan). Esta cita cultural, común a escritores galegos e casteláns, empezou no ano 1990, co apoio entusiasta de Carlos Casares, e decidimos mantelos cada ano respectando o espírito que o autor de Ilustrísima lles dera no seu día.
Onte remataron os Encontros cunha conferencia de José M. Caballero Bonald sobre A Novela da Memoria. Esta charla coincidiu co escándalo que xentes do PP andaluz ergueron contra unha Guía Didáctica sobre este gran poeta e memorialista. Polémica tan absurda como moitas que veñen desa banda: e logo o poeta había esconder as súas opinións políticas para chegar ás escolas? E logo pronunciarse contra os que promoven a guerra é facer sectarismo? Por que a algúns lles molesta tanto o aceno dos que escriben dende a liberdade? En honor á verdade debo dicir que non pensan así as persoas que, co mesmo carné, patrocinaron esta cita dende a Deputación ourensá.

6 comentarios:

  1. Excelente a conferencia de Caballero Bonald: sobria, concreta, sen efectismos nin mediterráneos por descubrir, sen amaneramentos nin dilatacións innecesarias, e magnificamente pronunciada.

    Todo un senior, todo un señor.

    (Desculpará que non poidese achegarme a saúdalo, señor Valcárcel, mais eu estaba moi atrás sentado e, ademais, tiña présa en irme)

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén penso o mesmo, querido APC. Foi unha charla maxistral, sen ningún tipo de efectismos pero con todo o saber acumulado dunha vida detrás chea de literatura. JMCB é deses autores que seducen tanto co que din como na forma que teñen de dicilo e esa é unha das armas segredas do bo conferenciante.

    ResponderEliminar
  3. E con que elegancia saudou ao público!

    ResponderEliminar
  4. Como poeta erótico non está nada mal: é falsa aquela lenda dos seus amores (secretos, pero míticos) coa muller dun amigo, escritor coma el?
    Transcribo a súa homenaxe a Góngora:

    A BATALLAS DE AMOR, CAMPO DE PLUMAS

    Ningún vestigio tan inconsolable
    como el que deja un cuerpo
    entre las sábanas
    y más
    cuando la lasitud de la memoria
    ocupa un espacio mayor
    del que razonablemente le corresponde.

    Linda el amanecer con la almohada
    y algo jadea cerca, acaso un último
    estertor adherido
    a la carne, la otra vez adversaria
    emanación del tedio estacionándose
    entre los utensilios de la noche.

    Despierta, ya es de día, mira
    los restos del naufragio
    bruscamente esparcidos
    en la vidriosa linde del insomnio.

    Sólo es un pacto a veces, una tregua
    ungida de sudor, la extenuante
    reconstrucción del sitio
    donde estuvo asediado el taciturno
    material del deseo.

    Rastros
    hostiles reptan entre un cúmulo
    de trofeos y escorias, amortiguan
    la inerme acometida de los cuerpos.
    A batallas de amor campo de plumas.

    ResponderEliminar
  5. Cara Arume: polo que eu sei, esa historia amorosa é completamente certa e mesmo está contada nalgún libro. O escritor que foi obxecto da infidelidade purgou o mal trago coa escrita dun libro obsesivo e catártico que se titulou e aínda se titula "Rol de cornudos".

    ResponderEliminar
  6. Amigo Leituga 1: descobriu vostede a miña celada.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.