30 mar 2007


Curioso, curioso ...


Non lin en ningún xornal (non sei na COPE, que non a sei coller no dial) que a emisión desta película en Televisión formase parte da coñecida campaña de Zapatero e os seus muchachos para romper España en anaquiños, descristianizar os españois e rebaixar os cafés a 80 cts. Se o lese, non me sorprendería nada: babecadas moito máis grandes lemos todos os días nos xornais.

4 comentarios:

  1. Non a coñecía, e vin un bo cacho dela esoutro día. Gustoume ben, polo tema e o seu desenvolvemento: fóra, parece, do maniqueísmo que adoitan outros, parece achegarse á política vaticana coa especial sutileza que o obxecto suxire.

    E ben os actores, que nin me soaba a primeira cara.

    ResponderEliminar
  2. Debemos ter un problema nos transistores porque tampouco eu dou collido a COPE. Sobre os actores, Mathieu Kassovitz saía en "Amelie" ( a música desa película sempre me acompaña).

    ResponderEliminar
  3. O Boicot ao grupo PRISA ratífca que a situación do PP, é claramente estratéxica, concretándose nun estado de agresividade organizada.
    Haberá que repasar a historia para comprender un pouco mellor esta dereita, para decatarse se poden ser verdadeiramente moi perigosos. Para dilucidar se o seu xogo pasa incluso por riba dos principios da democracia. Se o seu, mais que democracia é España, a súa España.
    Jimy de Rairo

    ResponderEliminar
  4. A ver se vai resultar que Zapatero é afrancesado.
    Jimy d Rairo

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.