23 mar 2007




Poesía e primavera
No seu artigo de hoxe en El Correo Gallego (ver artigo completo) Helena Villar relembra os poetas que cantaron a primavera. Velaí un anaco:

Que ten poder para convocar as belidas: "Bailemos nós xa todas tres, ai amigas,/ só aquestas abelaneiras frolidas;/ e quen for belida, como nós belidas,/ se amigo amar,/ só aquestas abelaneiras frolidas verrá bailar" (Xoán Airas).
Que propicia a aparición do amor erótico: "Empeza a primavera no teu seo/ xentil e miudiña coma o pulo/ dun outeiro que nace de repente" (Avilés de Taramancos).
Que é capaz de tornar lírico o aire: "No niño novo do vento/ hai unha pomba dourada/ (Meu amigo, / quen puidera namorala!/ Canta ó luar e ó mencer/ en frauta de verde olivo./ ¡Quen puidera namorala,/ meu amigo!" (Cunqueiro).
Que conduce ata o silencio aos desacougados: "E por eso ó mirar cal nos campos/ de novo abrochan as rosas/ dixen: "¿En onde, Dios mío/ irei esconderme agora?"/ E ó bosque de San Lourenzo/ me encamiñei silenciosa" (Rosalía).
Que se fai solidaria cos oprimidos: "Aquí ven o maio/ de flores cuberto.../ Puxéronse á porta/ cantándome os nenos;/ e os puchos furados/ pra min extendendo,/ pedíronme crocas/ dos meus castiñeiros..." (Curros).
E sobre todo, que "A poesía é o gran milagre do mundo" (Pimentel).

7 comentarios:

  1. Resultaría moi interesante a leitura deste artigo:

    http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070323075052

    Sobre o caso valadés...

    ResponderEliminar
  2. Estimado Anónimo: o artigo que ti citas xa foi reseñado noutro fío desta bitácora, un pouquiño máis abaixo ("Linguaxes dos 70...", 20 marzo). Alí é onde podería ser comentado: non mesturemos a poesía e a primavera tamén co caso Valadés.

    ResponderEliminar
  3. The Waste Land (T.S. Eliot)
    I. The Burial of the Dead

    April is the cruelest month, breeding
    Lilacs out of the dead land, mixing
    Memory and desire, stirring
    Dull roots with spring rain.

    O enterro dos mortos
    Abril é o mes máis cruel, criando
    lilas da terra morta, mesturando
    memoria e desexo, remexendo
    raiceiras apagadas coa chuvia da primavera.

    ResponderEliminar
  4. Benvida primavera...
    estabamos á túa espera...

    Ás veces, na noite dos versos culpables
    albisco pola xanela pensamentos inconsistentes, inúteis pensamentos
    albisco
    tan só ás veces...

    Anxo

    ResponderEliminar
  5. Swann: eses versos son os máis fermosos do século XX.

    ResponderEliminar
  6. A poesía dos pobres son as letras das cancións. En todo caso, aí van estas dúas de F. G. Lorca:

    VUELTA DE PASEO

    Asesinado por el cielo.
    Entre las formas que van hacia la sierpe
    y las formas que buscan el cristal,
    dejaré crecer mis cabellos.

    Con el árbol de muñones que no canta
    y el niño con el blanco rostro de huevo.

    Con los animalitos de cabeza rota
    y el agua harapienta de los pies secos.

    Con todo lo que tiene cansancio sordomudo
    y mariposa ahogada en el tintero.

    Tropezando con mi rostro distinto de cada día.
    ¡Asesinado por el cielo!


    CIELO VIVO

    Yo no podré quejarme
    si no encontré lo que buscaba.
    Cerca de las piedras sin jugo y los insectos vacíos
    no veré el duelo del sol con las criaturas en carne viva.

    Pero me iré al primer paisaje
    de choques, líquidos y rumores
    que trasmina a niño recién nacido
    y donde toda superficie es evitada,
    para entender que lo que busco tendrá su blanco de alegría
    cuando yo vuele mezclado con el amor y las arenas.

    Allí no llega la escarcha de los ojos apagados
    ni el mugido del árbol asesinado por la oruga.
    Allí todas las formas guardan entrelazadas
    una sola expresión frenética de avance.

    No puedes avanzar por los enjambres de corolas
    porque el aire disuelve tus dientes de azúcar,
    ni puedes acariciar la fugaz hoja del helecho
    sin sentir el asombro definitivo del marfil.

    Allí bajo las raíces y en la médula del aire,
    se comprende la verdad de las cosas equivocadas.
    El nadador de níquel que acecha la onda más fina
    y el rebaño de vacas nocturnas con rojas patitas de mujer.

    Yo no podré quejarme
    si no encontré lo que buscaba;
    pero me iré al primer paisaje de humedades y latidos
    para entender que lo que busco tendrá su blanco de alegría
    cuando yo vuele mezclado con el amor y las arenas.

    Vuelo fresco de siempre sobre lechos vacíos,
    sobre grupos de brisas y barcos encallados.
    Tropiezo vacilante por la dura eternidad fija
    y amor al fin sin alba. Amor, ¡Amor visible!

    Edem Mills, Vermont. 24 de agosto de 1929.

    ResponderEliminar
  7. Ich ginge unter in diesem Meer
    flog sie nicht aus,
    brachete sie nicht
    in letzer Stunder das Blatt.

    Fúndiríame neste mar
    se ela non voase
    se ela non trouxese
    a última hora a folla
    Ingeborg Bachamnn
    Jimy de Rairo

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.