29 abr 2007


Brincadeira

(Pan por Pan 29 abril. A caricatura de Ramón Villares é de Fausto e está publicada na II Bienal de Caricatura de Ourense)

Tocoume onte compartir o xantar con varios amigos do mundo cultural, no Balneario de Mondariz. Na conversa, en ton lúdico, xurdiu o tema dos parecidos con famosos. Alonso Montero confesou que máis dunha vez o confundiran co humorista Quique Camoeiras. A Pepiño de Redondela case lle fan inaugurar unha exposición en Compostela pensando que era o alcalde Xerardo Estévez. Noutra ocasión xantaban xuntos o mesmo Pepiño e Ramón Villares, cando era reitor, nunha taberna de Redondela. E viron que uns paisanos miraban cara eles de seguido dende a barra. Un deles achegouse e intercambiaron unhas palabras. Volveu pouco despois e invitounos a unhas copas. Quedaron agradecidos e sorprendidos. Aínda se achegou de novo e díxolle a Villares: “Logo tennos que contar os chistes de onte na televisión”. Daquela caeron da burra: pensaban que o reitor era Moncho Borrajo.

4 comentarios:

  1. Non hai dúbida de que as semellanzas son notorias, sobre todo a de Alonso Montero con Quique Camoeiras. Gran comediante, por certo. Camoeiras, non Alonso, quero aclarar.

    ResponderEliminar
  2. Eu coñezo unha anécdota semellante á de Villares. Un camareiro en Vigo confundiu a Alonso con Camoiras ao pedirlle un autógrafo. Seica a Alonso non lle fixo precisamente gracia. Pero hai que dicir que gracias á confusión o servizo de mesas foi impecable e atento. A vis cómica de Camoiras trasládase a Alonso e fai que sempre agarde de Alonso unha gracieta, o que moi poucas veces se produce.

    ResponderEliminar
  3. Alonso e Camoiras teñen ademais outra cousa en común, os dous falan moito.

    ResponderEliminar
  4. pero Alonsos gánalle cando di eu fixen eu dixen eu estiven eu escribin, sempre eu

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.