5 may 2007














Ferrín e John Rutheford



Fala hoxe Ferrín, no seu artigo do sábado ("Sucedido en Oxford"), de John Rutheford, premio Trasalba deste ano e, de camiño, de autores como J.R. Tolkien e C.S. Lewis. Hai uns meses Ferrín xa manifestou o seu agrado coas películas derivadas da saga Tolkien (tamén nos seus artigos do Faro) e agora observo que tamén admira a versión cinematográfica de C.S. Lewis en Tierras de penumbra, de Richard Attenborough, nunha interpretación antolóxica de Anhony Hopkins. Polo que vexo, compartimos a devoción por esa película, melancólica e dura, e supoño que esa admiración se pode extender a Una pena en observación, de C.S. Lewis (Anagrama, en versión de Carmen Martín Gaite), un deses libros que penetra ata o fondo dos nervos máis sensibles do corazón. Dese libro é este anaquiño:

¿Qué es la pena comparada con el dolor físico? Digan lo que digan los necios, el cuerpo puede llegar a sufrir veinte veces más que el alma. La mente siempre tiene algunha capacidad de evasión. En el peor de los casos, un pensamiento insoportable lo más que hace es volver una y otra vez, pero el dolor físico puede ser completamente ininterrumpido. La pena es comparable a un bombardero que nos sobrevuela dando vueltas y dispuesto a soltar una bomba cada vez que una de estas vueltas desde arriba coincide justamente con nuestra cabeza. El dolor físico es como el fuego constante en una trinchera durante la Primera Guerra Mundial, horas y horas sin cejar ni un minuto. El pensamiento nunca es estático, el dolor físico lo es muchas veces.

25 comentarios:

  1. Coido que non é Jhon, senón John, amigo Valcárcel.

    O artigo de Ferrín ten moi boa pinta. Lerémolo de vagar pola tardiña.

    ResponderEliminar
  2. O artigo é espléndido: menos mal que lle dá por contar estas cousas e non por litigar sobre apelidos ou sobre política internacional. Eu tamén estiven nese pub de Oxford. Eu tamén estiven na Bodleian (está mal escrito no artigo). E podo asegurarvos que un despois de visitar ambos lugares convírtese de inmediato nunha persoa diferente. Eu creo que Ferrín explica moi ben o impacto: a cervexa amargue non basta; hai que pasar as espiritosas para termar del. Oxford merece unha visita profunda. Pasear polos colleges é unha desas experiencias inesquecibles.
    Por certo, tamén é fermosísima a casa de té onde se entrevista coa tamén extraordinaria Debra Winger o Anthony Hopkins, na rúa principal de Oxford, perto de Halifax.
    Falar de Oxford é demasiado para o meu corazón feble destes días: demasiada emoción. E o Ferrín hoxe tocoume.

    ResponderEliminar
  3. Por certo, C. S. Lewis ten un libro excepcional, traducido ao español como La imagen del mundo. Unha verdadera maravilla.

    ResponderEliminar
  4. Rutherford. Fáltalle un "erre" ao nome do profesor do "Paso do Boi"

    ResponderEliminar
  5. Pois tamén estiven eu neses pubs, nesas biblioteca, aínda que non vin a Biblia da Coruña nin farrapo de gaita. Tamén ceei un par de veces no comedor do Queens College e mesmo durmín naqueles cuartos perralleiros old style do fondo do segundo patio.
    E gárdolle moita lei a Rutherford, non só polo congreso de 1994 cando enchemos de galegos o lugar do Vao do Boi,(Ox-ford), -Vao, non paso, engánase Exte, que estude inglés- senón polo ben que me deixou quedar hai un par de anos... Velaí a anecdota.
    Como ía visitar Oxford cos meus alumnos do Instituto, púxenlle a noite anterior un e-mail para ver se nos podía ensinar o College... E marchamos sen recibir eu resposta. Alí, pregunteille ao noso guía se podiamos ver o Queens e díxome que imposible... que nunca se abría a excursións de estudantes... Pedinlle, ante a súa incredulidade, que mo deixara intentar a min... que mal sería. Recibiume Mr. Rutherford coa máxima amabilidade –o bedel advertido da miña chegada dirixiume á sala de Profesores onde tomei un café con el e os colegas- e logo coa máxima amabilidade fíxo unha fermosísima visita guiada en galego con acento de Oxford polas dependencias do College –patios, capela, comedor...- ata acabarmos no seu despacho vendo a bandeira de Nunca Máis que tiña alí encima... Os meus alumnos estaban coa boca aberta.
    Creo que aquela media hora fixo máis na mente deles pola valorización da lingua galega que as miñas prédicas de anos. Graciñas.

    ResponderEliminar
  6. Eu sónlles máis de Cambridge.

    ResponderEliminar
  7. Xa, da Ponte do río Cam.
    Pero que baldreus son 0estes ingleses.
    Que nomes tan rurais para as súas doutas universidades:
    Vao do boi (ou Paso, que máis ten, non me sexa repugnante, Monxardín).
    Ponte Cam (Tipo Ponte Ulla, ou así) Menos mal que en inglés soa mellor e non se lle encarrapichan as orellas aos alleos...

    ResponderEliminar
  8. Os campos do Queen's college son exemplares. Pero para mín o Merton (http://www.chem.ox.ac.uk/oxfordtour/merton/), o Christ Church (http://www.chem.ox.ac.uk/oxfordtour/christchurch/default.asp#) ou o Corpus Christi (http://www.ccc.ox.ac.uk/about/virtualtour.php) son do mellor. Sen desmerecer moitos outros de igual calibre. En Cambridge, a mole do King's College vale por todo e a ribeira do Cam non se pode esquecer. Gran país, sen dúbida.

    ResponderEliminar
  9. Non se mate en poñer links (eu tamén presumo de inglish), amigo Arume. Que, ao non poder acceder directamente desde aquí aos enderezos, á maioría nos dá moita preguiza ir ao Google a procuralos.

    Por certo, el non habería a posibilidade técnica de habilitar o acceso directo desde aquí?

    O amigo Valcárcel debería consultar co seu asesor técnico sobre este particular.

    Estaría ben que fose factible. O blog enriqueceríase dese xeito.

    ResponderEliminar
  10. Acho que nao é posible, pero si copiar e apeghar.

    ResponderEliminar
  11. Pois penso que hai algúns blogs que si o permiten: copiase e pégase o enderezo, e pinchando nel accedese á correspondente páxina. Pero non sei...

    ResponderEliminar
  12. Nunha páxina anexa dou razón de como facer vencellamentos dende un comentario en blogger, focei polo blog e non atopei ningunha maneira automática.
    Propoño por agora a única que sei manual, un pouco latosa, para o que postea. Se certo de algo máis cómodo comunicareillelo de inmediato.
    E se non se dan co sistema quéixense, ando por aquí...

    Os pasos, clicar aquí

    ResponderEliminar
  13. Simplificando o do Xulio de Rabal.

    1) Preescribe dentro dun documento de Word chamado "CITAS POST", por exemplo, o seguinte (cópiao e pégao)

    Preme aquí e vas onde digo

    2) Copia o enlace que queiras da barra de estado,-marca todo e control c- abre o doc de word dito, pon o cursor entre os dous pares de comiñas, dálle a control v -co que pegas o texto seleccionado antes.

    3) copias todo e pégalo no post.
    4) CAndo se publique, aparecerá en azul, "preme aquí e vas onde digo" ou calquera outra cousa de lle cambiares o texto correpondente na plantilla.

    Dá un pouquiño de lata, pero vai ben.

    ResponderEliminar
  14. Ai carallo, quen me mandaría a min meterme en camisas de once varas...

    Simplificando... inxenuo de min.

    Desculpai e facédelle caso a el, que se eu o entendín, pódeo facer calquera.

    ResponderEliminar
  15. É bo saber que o asesor informático de Valcárcel anda por aquí. Agradécese a súa dilixencia e bos oficios.

    Pero ten que comprender que algúns aprendimos algo de informática no "Manual para supertorpes" e non dimos pasado da segunda páxina!

    ResponderEliminar
  16. Para a liorta Oxford-Cambridge, véxase para este ano 2007 o ranking universitario ao que están tan afeito o mundo anglosaxón:ranking. E para departamentos de linguas ibéricas: Iberian Linguages

    ResponderEliminar
  17. E moitas gracias ao gran Julius de Celanova. E recordos para o André.

    ResponderEliminar
  18. Vou facer o ridículo espantosamente. Primeiro intentando infrutuosamente copiar e pegar un enlace. Segundo porque, no remoto caso de que saise ben, a algúns parceralle unha cursilada.
    Pero aí vai (total, para o pouco creto que lle queda a un!):

    Felicidades a todas as nais

    ResponderEliminar
  19. De ridículo, nada. De cursilada, nada. Im presionante.

    ResponderEliminar
  20. Non fixen tecnicamente o ridículo, a deus grazas.

    Pero seguindo coa celebración do día de hoxe, esta canción tamén está dedicada a todas as nais e a todos os pais (poñendo un punto de ironía):

    Bolero clásico con Bebo & Cigala

    ResponderEliminar
  21. Canto aprenderon vostedes na miña ausencia. Xa saben moito máis ca min...

    ResponderEliminar
  22. Etxo:
    Mimadriña, non se lle apegan as sabas a vostede nin en domingo, dígollo polo seus comentarios madrugadores.
    Non se levantará tan de mañán a pescar unhas troitas, para rellenalas de touciño ou xamón para merenda...
    Vese raposo vello nos recursos informáticos.

    APC:
    Non se queixe, non se queixe, vostede cós seus comentarios sesudos ten dabondo, servírnolo branco e migado é moito pedir.
    Insisto, non se preocupe porque non lle poida sair un hipervínculo, á primeira.
    Empecei a facer un video a media mañán paso a paso e tecla a tecla, sobre vencellos, pero vin que xa saían, e parei.
    (Iaos castigar cun enlace a columna do S. de Toro do El pais de hoxe).
    Sonlle un blogadicto deste sitio, se algo son de axúda, coeste ou con outro alcume,con,sin, ou de ouinte, nesta casa peto varias veces ó día.

    Arume:Saúdos seus, serán dados ó rapaz.
    E xá que ela non mo contestou, que lle portén vostede a esa mociña talentosa, dona dun blog de recente creación?.
    Teña ou non algo que ver, calquer ánimo sempre é pouco a esa xente chea de vitalidade.
    Algún visitante desta casa de seguro que non perdería o tempo chegar ata alí para darse un baño de auga fresca de xuventude.

    Marcos: Tranqui, a tí en vivo e en directo, vémonos mañán.

    Desa xente miúda aprendín, e collo prestada unha palabra que andan a utilizar como comodín, lancetas, son vostedes auténticos lancetas!.

    ResponderEliminar
  23. Grazas a vostede, amigo Xuliodrabal. Permítalle que lle diga que é un tipo realmente excepcional.

    ResponderEliminar
  24. Quería dicir "permítame".

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.