
Jerry Falwell, telepredicador
andoliña 19 maio
Morreu nestes días, sen que a prensa destacase moito a nova, Jerry Falwell, o pastor evanxélico ultraconservador que creou no seu día o movemento Maioría Moral, en 1979, e todo un lobby para apoiar a campaña cara a presidencia de Ronald Reagan. Toda a súa carreira está chea de xoias como esta: para el, o 11-S foi un castigo contra os pagáns e laicistas, enténdase abortistas, feministas, homosexuais e activistas dos dereitos civís. Tamén defendeu o apartheid surafricano e afirmou que a sida era un castigo contra os pecados dos homosexuais.
A cousa viña de vello. Fillo dun alcohólico, formou unha banda xuvenil na súa mocidade antes de converterse en cristián renacido e fundar a súa propia Igrexa en 1956. Opúxose nos 60 ós dereitos dos negros e ó movemento de Martín Luther King. E soubo ver o poder dos novos medios de masas: dende os programas de radio e TV chegou a millóns de norteamericanos ós que lles contaba cousas como que Tinky Winky, un dos personaxes da serie Teletubbies, era en realidade un homosexual escondido.
O seu mérito, por riba desta xeira de disparates, foi crear un discurso ultraconservador que logo acolleu Reagan. Deixou discípulos privilexiados: non só nos Estados Unidos.
Un bo paxaro tiña que ser este tipo, que supoño un gran afeccionado á comida lixo.
ResponderEliminarParece ser que Tinky WInky acaba de admitir que foi el o que matou ao Falwell (caír ben), dun golpe certeiro co seu bolso máxico.
ResponderEliminarNon reprobarei tanto ós Tonechos. Son mellor xente sen dúbida.
ResponderEliminarO rollo está calculado.Foméntase unha ideoloxía ultraconservadora,e así véndese mellor a meramente conservadora.
ResponderEliminarNos centros comerciáis,cando hai productos similares con diferentes precios,o máis caro está somentes de "pique",pra que a xente compre o "segundo",que é o que en realidade queren vender...