4 may 2007


Luis García Mañá


Home comprometido coa causa do galego, novelista (presenteille en Ourense Meniño dorme), estudoso da realidade do Couto Mixto,
e ademais, amigo. Vaian, pois, os meus parabéns para esa decisión e que o noso idioma enchoupe de cheo todas as actividades sociais que nos definen, mesmo aquelas que corresponden á policía, que exerza tamén de galega dende a lingua.

5 comentarios:

  1. Felicidades ao Señor Comisario.

    ResponderEliminar
  2. Lin estes días de atrás un artigo de Alfredo Conde sobre o acto dos policías en galego; é mágoa, non lembro ben que campaña ou propósito se anunciaba. Parecía ben xusto o que dicía Conde, e algo que me quedou especialmente foi o do bo galego que se falaba alí.

    Non queda máis ca concordar. Os policías de aquí adoitan ser galegos e de orixe popular. De sempre estou afeito á súa fonética impecablemente xenuína, construción sintáctica excelente, léxico non peor có de calquera outro falante popular e espontáneo.

    Albricias e parabéns. Dío o fillo dun garda municipal retirado.

    ResponderEliminar
  3. O que se anunciaba, amigo González, era o propósito da Garda Civil e das policías nacional, autonómica e local de normalizar o galego non só nas relacións directas e verbais coa cidadanía, senón tamén no funcionamento interno dos corpos de seguridade. E presentouse un libro titulado "En galego, con toda seguridade", editado pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e financiado pola secretaría xeral da mesma cousa, con limiares de Touriño e do director xeral da Garda Civil, que é un señor que se chama Joan, animando e apoiando tan loable propósito. O xeneral-xefe da Garda Civil en Galicia tamén se apuntou á tarefa e un comisario interviu no acto para dicir que o galego non é de ningún partido político, senón de todos os cidadáns e, xa que logo, tamén da "madera", por mal nome. E seica Marisol xa lles mandou tradutores, programas informáticos e ata non sei se algún bolseiro para que se poñan ao chollo.

    ResponderEliminar
  4. Parece adecuado que se poñan ao choio escrito. De paso, a ver se no oral seguen -ou recuperan- o vello bo estilo de falar galego coa xente; xa contara eu aquí anécdota, persoal e recente, ao respecto, e non era no senso positivo deste fío.

    ResponderEliminar
  5. Os meus parabéns pola súa incorporación á RAG como membro corresponsal. O seu afán de unificación do galego e os seus estudos do Couto Mixto, así como o labor literario fan unha xusta medida a incorporación á RAG.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.