6 may 2007

rescoldos dunha entrevista

Afonso Monxardín pásame este aviso:
Entre os videos colgados na páxina de http://www.democraciaourensana.es/
aparece o da túa entreista en Auria baixo o título de
COMUNISTA NO QUIERE INTERVENIR CON FALANGISTA

(Por certo, nunca eu me identifiquei alí como comunista, nin nada semellante...)

5 comentarios:

  1. Xa sospeitaba eu que estes de "Democracia Orensana" tiñan que ser uns linces.

    Non hai ningunha dúbida: voume empadroar en Ourense e botalos (ui, perdón, quixen dicir votalos).

    ResponderEliminar
  2. Por certo, animo a todos a que vexan ese spot, porque amosa o gran talante do amigo Marcos: sereo pero firme. Parabéns.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén vin ese vídeo e dende logo que o señor Valcarcel reaxiu ben, todo o ben que se pode nesa circunstancia de encerrona.
    Corroboro o que comentei respecto daquel asunto, que se non lembro mal, púñao no debe do tipo de transición á democracia que se deu após a morte de Franco.
    Resulta que o señor Valcarcel que vai como historiador e defendendo unha posición de defensa da democracia se lle quere equiparar a un fascista (si, falangista = fascista) mentres o "peculiar" presentador, e agora candidato, ponse nunha suposta posición equidistante entre os dous "extremos". E para que lle resulte máis congruente a súa "antroidada", nada mellor que alcumar de comunista ao señor Valcarcel. Así o comunista aínda por riba é o que non quere falar co falangista; pobre falangista ¿non?

    ResponderEliminar
  4. Ademais, a parte de reaxir, reaccionou moi ben.

    ResponderEliminar
  5. É incríbel o insulto que representa esa situación...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.