rescoldos dunha entrevista
Afonso Monxardín pásame este aviso:
Entre os videos colgados na páxina de http://www.democraciaourensana.es/
aparece o da túa entreista en Auria baixo o título de
COMUNISTA NO QUIERE INTERVENIR CON FALANGISTA
(Por certo, nunca eu me identifiquei alí como comunista, nin nada semellante...)
Xa sospeitaba eu que estes de "Democracia Orensana" tiñan que ser uns linces.
ResponderEliminarNon hai ningunha dúbida: voume empadroar en Ourense e botalos (ui, perdón, quixen dicir votalos).
Por certo, animo a todos a que vexan ese spot, porque amosa o gran talante do amigo Marcos: sereo pero firme. Parabéns.
ResponderEliminarEu tamén vin ese vídeo e dende logo que o señor Valcarcel reaxiu ben, todo o ben que se pode nesa circunstancia de encerrona.
ResponderEliminarCorroboro o que comentei respecto daquel asunto, que se non lembro mal, púñao no debe do tipo de transición á democracia que se deu após a morte de Franco.
Resulta que o señor Valcarcel que vai como historiador e defendendo unha posición de defensa da democracia se lle quere equiparar a un fascista (si, falangista = fascista) mentres o "peculiar" presentador, e agora candidato, ponse nunha suposta posición equidistante entre os dous "extremos". E para que lle resulte máis congruente a súa "antroidada", nada mellor que alcumar de comunista ao señor Valcarcel. Así o comunista aínda por riba é o que non quere falar co falangista; pobre falangista ¿non?
Ademais, a parte de reaxir, reaccionou moi ben.
ResponderEliminarÉ incríbel o insulto que representa esa situación...
ResponderEliminar