19 jun 2007

EN POLEIRO ALLEO

Chamarlle marimacho a una ministra (X.M. Sarille, ECG)

¿Cazo ou caldeiro? Velaí a cuestión (Afonso Monxardín, GH)

Psicoloxía do pacto (M.A. Fernán Vello, GH)

Centros galegos (Xulio Ríos, GH)

11 comentarios:

  1. En xeral, e nesta ocasión, os artigos escolmados son frouxiños.

    Adoita facerse costume que os artigos se asemellen cada vez máis a telegramas. E asi non hai maneira.

    ResponderEliminar
  2. Non sexa vostede demasiado esixente cos amigos convidados de "En poleiro alleo". Non sempre se pode ser maxistral. E creo que iso non é problema de extensión, precisamente.

    ResponderEliminar
  3. Hai que dar unha de cal e outra de area cando sexa mester.

    Cando se é maxistral dígoo (e díxeno máis dunha vez) e cando se é frouxo tamén (poucas veces o dixen).

    Ademais, hoxe estou hipercrítico: é un día deses!

    ResponderEliminar
  4. De acordo, está vostede no seu dereito. E é certo que tampouco é parco en gabanzas ós contertulios, noutras ocasións.

    ResponderEliminar
  5. Gabanzas aos contertulios e gabanzas tamén aos convidados de "En poleiro alleo". E así será cando, sempre na miña falible e subxectiva opinión, o merezan.

    ResponderEliminar
  6. Reláxese, monsieur politique-culturel. Errare humanum est, e máis entre personas humanas.

    ResponderEliminar
  7. Non sabe ben o relaxadiño que estou :-)

    ResponderEliminar
  8. Xa se sabe: Unha de cal i outra de area.Ou melhor:unha de pólvora e outra de magnolias...
    O troll ágrafo

    ResponderEliminar
  9. En poleiros aínda máis alleos:
    http://www.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1628191_1626317_1629777,00.html

    ResponderEliminar
  10. Pois eu atopei moi simpático o de "Cazo ou caldeiro". O de sarille é máis frouxo, é certo. Iso é o que lle pasa por andar de "enfant terrible". Agora calquera cousa sensata e normal que diga, xa nos parece pura palla.

    ResponderEliminar
  11. Tanto o de Ríos coma o de Sarille non dan para moito, a verdade. Escribir na prensa é complicado: non todos os días, nin todas as semanas, se está inspirado. Por iso eu admirarei sempre os bos creadores de opinión.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.